Guadalaxara, España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°37′59″N 3°10′0″W / 40.63306°N 3.16667°W / 40.63306; -3.16667

Guadalaxara, España
Bandera ciudad Guadalajara, Guadalajara, Castilla-La Mancha, España (original).png Escudo de Guadalajara.svg
Patio del Palacio de Antonio de Mendoza.
Detalle de la fachada del palacio del Infantado. Cripta de San Francisco.
Fundación San Diego de Alcalá.

Cidade de Guadalaxara.

Situación xeográfica
Guadalajara, Spain location.png
País España España
Comunidade autónoma Castela-A Mancha Castela-A Mancha
Provincia Guadalaxara
Comarca La Alcarría e La Campiña do Henares
Xeografía
Altitude 685 msnm
Superficie 235,51 km²
Poboación
Poboación 75.493 hab.
Densidade 319,89 hab/km²
Xentilicio Guadalaxareño, arriacense e caracense
Información
Código postal 19001-2-3-4-5
Alcalde Antonio Román (PP)
Páxina web www.guadalajara.es

Guadalaxara[1] (en castelán: Guadalajara) é unha cidade do centro de España, capital da provincia de Guadalaxara, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha, á beira do río Henares.

O seu censo municipal é de 75.493 habitantes (2006) e a área do seu concello abranxe 267,5 km². Está situada a 55 km de Madrid. Rodéaa a autovía A-2; e dispón de parada do tren AVE na súa estación ferroviaria (sita a 7 km da cidade) e máis un servizo de trens de cercanías con Madrid.

Étimo do topónimo e historia[editar | editar a fonte]

Guadalaxara identifícase con a localidade ibera de Arriaca (cfr. vasco actual harri "pedra, rocha", e o sufixo abundancial -aga). O seu actual nome provén do árabe, mais semella ter certa relación co anterior, se é interpretábel polo vasco. Os musulmáns logo de arrasala, reconstruírona, denominándoa Wādī al-Ḥaǧārah (en árabe وادي الحجارة), que significa "rio de pedras".

A partir do século XIV converteuse nunha cidade importante, en boa medida mercé á familia Mendoza. Despois dunha longa decadencia a súa proximidade a Madrid, convértea nun lugar atractivo como foco de expansión industrial e cidade-dormitorio da capital española, o que ten facilitado o seu crecemento nos últimos anos.

Monumentos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 101. ISBN 84-8158-266-2. http://anl.uvigo.es/UserFiles/File/manuais/Lingua_galega._Dubidas_linguisticas.pdf.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]