UNESCO

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

UNESCO
Logo
AcrónimoUNESCO e ONUÉSC
Tipoaxencia da ONU, organización internacional, organización intergobernamental e organización
Data de fundación16 de novembro de 1945
Presidente/aAudrey Azoulay (2017-) Editar o valor em Wikidata
Nº de membros193 (2019) Editar o valor em Wikidata
Organización matrizONU
Organización subsidiariaUNESCO Chair on Cyberspace and Culture, Comitê Científico para Problemas do Ambiente, UNESCO Institute for Statistics, Iranian National Commission for UNESCO e Hylean Amazon Institute
PremiosPremios Peabody
SedeParís
Enderezo7, place de Fontenoy 75007 Paris
48°51′00″N 2°18′22″L / 48.85, 2.30611111
Na rede
https://en.unesco.org, https://fr.unesco.org, https://es.unesco.org, https://ru.unesco.org, https://ar.unesco.org e https://zh.unesco.org
Facebook: unesco Twitter: UNESCO Instagram: unesco VK: unesco LinkedIn: unesco Youtube: UCkD7gm3Am3M3k156lk46t3A Pinterest: unesco GitHub: UNESCO Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura.[1][2] Ten 194 estados membros e 12 membros asociados,[3] así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado.[4] A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo[5] e 199 comisións nacionais[6] que facilitan o seu mandato global.

A UNESCO fundouse en 1945 como sucesora do Comité Internacional de Cooperación Intelectual da Sociedade de Nacións.[7] A súa constitución estabelece os obxectivos da axencia, a estrutura de goberno e o marco operativo.[8] A misión fundacional da UNESCO, que foi moldeada pola segunda guerra mundial, é promover a paz, o desenvolvemento sustentábel e os dereitos humanos facilitando a colaboración e o diálogo entre as nacións.[8] Persegue estes obxectivos a través de cinco grandes áreas do programa: educación, ciencias naturais, ciencias sociais, cultura e comunicación. A UNESCO patrocina proxectos que melloran a alfabetización, proporcionan formación técnica e educación, fomentan a ciencia, protexen os medios independentes e a liberdade de prensa, preservan a historia rexional e cultural e promoven a diversidade cultural.[9][10][11]

Como centro de coordinación da cultura e da ciencia mundiais, as actividades da UNESCO foron ampliándose ao longo dos anos; axuda na tradución e difusión da literatura mundial, axuda a establecer e asegurar o Patrimonio da Humanidade cultural e natural, traballa para tender unha ponte entre a fenda dixital mundial, e crea sociedades do coñecemento inclusivas mediante a información e a comunicación.[12] A UNESCO lanzou varias iniciativas e movementos globais, como "Educación para Todos", para seguir avanzando nos seus obxectivos fundamentais.

A UNESCO está rexida pola Conferencia Xeral, integrada por estados membros e membros asociados, que se reúne semestralmente para fixar os programas e o orzamento da axencia. Tamén elixe os membros do consello executivo, que xestiona o traballo da UNESCO, e nomea cada catro anos un director xeral, que exerce como administrador xefe da UNESCO. A UNESCO é membro do Grupo das Nacións Unidas para o Desenvolvemento,[13] unha coalición de axencias e organizacións da ONU destinadas a cumprir os Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel.

Características[editar | editar a fonte]

Dedícase a orientar ós pobos nunha xestión máis eficaz do seu propio desenvolvemento, a través dos recursos naturais e os valores culturais, e coa finalidade de modernizar e facer progresar ás nacions do mundo, sen que por iso se perdan a identidade e a diversidade cultural. A UNESCO ten vocación pacifista, e entre varias cousas oriéntase moi particularmente a apoiar a alfabetización. Na educación, este organismo asigna prioridade ao logro da educación elemental adaptada ás necesidades actuais. Colabora coa formación de docentes, planificadores familiares e vivenda, administradores educativos e alenta a construción de escolas e a dotación de equipo necesario para o seu funcionamento.

As actividades culturais buscan a salvagarda do patrimonio cultural mediante o estímulo da creación e a creatividade e a preservación das entidades culturais e tradicións orais, así coma a promoción dos libros e da lectura[14]. En materia de información, a UNESCO promociona a libre circulación de ideas por medios audiovisuais, fomenta a liberdade de prensa e a independencia, o pluralismo e a diversidade dos medios de información, mediante o "Programa Internacional para a Promoción da Comunicación".

Historia[editar | editar a fonte]

Traslado do Gran Templo de Abu Simbel a un lugar seguro, en 1967.

A UNESCO ten as súas raíces en 1942, durante a segunda guerra mundial, cando os países aliados comezan a prepararse para restablecer os seus sistemas educativos en canto remate a guerra. Na Conferencia de Ministros Aliados de Educación (Conference of Allied Ministers of Education, CAME), no Reino Unido, inícianse as conversacións entre países europeos[15].

Como resultado, prepárase unha conferencia das Nacións Unidas para temas de educación e cultura, do 1 ao 16 de novembro de 1945. Reúnense corenta e catro países, dos cales trinta e sete deciden fundar a UNESCO. A constitución da UNESCO asínase o 16 de novembro, e vinte estados ratifícana un ano despois, o 4 de novembro de 1946 (Arabia Saudita, Australia, o Brasil, o Canadá, Checoslovaquia, China, Dinamarca, Exipto, Estados Unidos de América, Francia, Grecia, India, Líbano, México, Noruega, Nova Zelandia, República Dominicana, Reino Unido, Suráfrica e Turquía). Poucos días despois iníciase a primeira Conferencia Xeral da UNESCO, en París.

Segundo se van normalizando as relacións internacionais rotas pola segunda guerra mundial, vanse incorporando máis países. Así, o Xapón e a República Federal Alemá entran en 1951, España en 1953, a URSS en 1956 e os países africanos xurdidos na descolonización de África durante a década dos sesenta do século XX.

En 1957, por primeira vez un país membro abandona a UNESCO: o goberno de Suráfrica alega "interferencias" da UNESCO nos seus "problemas raciais". En 1996, con Nelson Mandela como presidente, Suráfrica volverá a incorporarse á UNESCO[16].

Durante a X Conferencia Xeral da UNESCO celebrada en París en 1958, acórdase crear un "Centro Latinoamericano de Estudos Superiores de Xornalismo"[17]. A iniciativa contou co apoio do Goberno e a Universidade Central de Ecuador, os cales o 9 de outubro de 1959 asinaron, xunto coa UNESCO, un acordo tripartito para a fundación e radicación en Ecuador de dito Centro, que hoxe leva o nome de Centro Internacional de Estudios Superiores de Comunicación para América Latina ou CIESPAL[18].

O 3 de novembro de 1958 inaugúrase a sede principal no número 7 da praza de Fontenoy, en París. A súa planta ten forma de Y. Os planos foron deseñados polos arquitectos Marcel Breuer, Pier Luigi Nervi e Bernard Zehrfuss e aprobados por un comité internacional de cinco membros: Lucio Costa, Walter Gropius, Le Corbusier, Sven Markelius e Ernesto Rogers. Tamén foi consultado Eero Saarinen.

En 1960 lánzase o primeiro proxecto de grandes dimensións: a protección do templo de Abu Simbel e outros 21 monumentos e complexos arquitectónicos en Exipto, ameazados pola construción do encoro de Asuán.

En 1985, Estados Unidos abandona a UNESCO alegando diferenzas en temas de xestión; o Reino Unido e Singapur tamén a abandonaron en 1986. Isto fixo que o orzamento diminuíra considerabelmente durante os anos seguintes. Os tres países reincorporáronse posteriormente (en 2003, 1997 e 2007 respectivamente).

Órganos reitores[editar | editar a fonte]

Os órganos reitores da UNESCO son a Conferencia Xeral e o Consello Executivo[19].

A Conferencia Xeral[editar | editar a fonte]

A Conferencia Xeral está formada por representantes de todos os Estados membros da organización. Reúnese cada dous anos, coa participación dos estados membros e dos membros asociados.Cada estado membro ten un voto, independentemente de cal sexa a súa achega ao orzamento da organización.

Tamén se invita a participar, en calidade de observadores, a Estados non membros, organizacións intergobernamentais, organizacións non gobernamentais e fundacións.

A Conferencia Xeral determina a orientación e a liña de actuación xeral da UNESCO. Decide o Programa e o orzamento da UNESCO para os dous anos seguintes. Elixe aos membros do Consello Executivo e designa, cada catro anos, ao Director Xeral.

Os idiomas de traballo da Conferencia Xeral son inglés, árabe, chinés, español, francés e ruso.

O Consello Executivo[editar | editar a fonte]

O Consello Executivo, á unha sorte de consello de administración da UNESCO. Prepara o traballo da Conferencia Xeral e vela porque as decisións se executen axeitadamente.

As funcións e responsabilidades do Consello Executivo emanan da Constitución e dos regulamentos ou directivas establecidos pola Conferencia Xeral. Este regulamento complementase coas resolucións da Conferencia Xeral. Cada dous anos, a Conferencia Xeral encarga tarefas específicas ao Consello. Outras atribucións emanan de acordos asinados entre a UNESCO e a ONU, as institucións especializadas e outras organizacións intergobernamentais.

Os seus 58 membros son escollidos pola Conferencia Xeral. A selección respecta a diversidade de culturas e a orixe xeográfica que representa cada país; trátase de acordos complexos para lograr que haxa equilibrio entre as diversas rexións do mundo, e reflectir a universalidade da organización. O Consello Executivo reúnese dúas veces no ano.

Directores Xerais da UNESCO[editar | editar a fonte]

En xuño de 2013, eran 11 os directores xerais da UNESCO dende a súa creación: nove homes e dúas mulleres. Os 11 directores xerais da UNESCO proceden de seis rexións da organización: Europa Occidental (5), América Central (1), América do Norte (2), África Occidental (1), Asia Oriental (1) e Europa Oriental (1).

Ata a data, non houbo ningún director xeral elixido das dez rexións restantes da UNESCO: sueste asiático, sur de Asia, Asia central e do norte, Oriente Medio, norte de África, África oriental, África central, Suráfrica, Australia-Oceanía e Suramérica.

A lista dos directores xerais da UNESCO dende a súa creación en 1946 é a seguinte:[20]

Imaxe Nome Nacionalidade Período
1. Julian Huxley Reino Unido 19461948
2. Jaime Torres Bodet México 19481952
3. John Wilkinson Taylor Estados Unidos 19521953
4. Luther Evans Estados Unidos 19531958
5. Vittorino Veronese Italia 19581961
6. René Maheu Francia 19611974
7.  Amadou-Mahtar M'Bow Senegal 19741987
8.    Federico Mayor Zaragoza España 19871999
9. Koichiro Matsuura Xapón 19992009
10. Irina Bokova Bulgaria 2009-2017
11. Audrey Azoulay Francia 2017-presente

Conferencia Xeral[editar | editar a fonte]

Esta é a lista das sesións da Conferencia Xeral da UNESCO celebradas dende 1946:[21]

Sesión Localización Ano Presidida por Dende
París 1946 Léon Blum  Francia
Cidade de México 1947 Manuel Gual Vidal  México
Beirut 1948 Hamid Bey Frangie  Líbano
1ª extraordinaria París 1948
París 1949 Edward Ronald Walker  Australia
Florencia 1950 Stefano Jacini  Italia
París 1951 Howland H. Sargeant  Estados Unidos
París 1952 Sarvepalli Radhakrishnan  India
2ª extraordinaria París 1953
Montevideo 1954 Justino Zavala Muniz  Uruguai
Nova Deli 1956 Abul Kalam Azad  India
10ª París 1958 Jean Berthoin  Francia
11ª París 1960 Akale-Work Abte-Wold  Etiopía
12ª París 1962 Paulo de Berrêdo Carneiro  Brasil
13ª París 1964 Norair Sisakian  Unión Soviética
14ª París 1966 Bedrettin Tuncel  Turquía
15ª París 1968 William Eteki Mboumoua  Camerún
16ª París 1970 Atilio Dell'Oro Maini  Arxentina
17ª París 1972 Toru Haguiwara  Xapón
3ª extraordinaria París 1973
18ª París 1974 Magda Jóború  Hungría
19ª Nairobi 1976 Taaita Toweett  Kenya
20ª París 1978 Napoléon LeBlanc  Canadá
21ª Belgrado 1980 Ivo Margan  Iugoslavia
4ª extraordinaria París 1982
22ª París 1983 Saïd Tell  Xordania
23ª Sofía 1985 Nikolai Todorov  Bulgaria
24ª París 1987 Guillermo Putzeys Alvarez  Guatemala
25ª París 1989 Anwar Ibrahim  Malaisia
26ª París 1991 Bethwell Allan Ogot  Kenya
27ª París 1993 Ahmed Saleh Sayyad  Iemen
28ª París 1995 Torben Krogh  Dinamarca
29ª París 1997 Eduardo Portella  Brasil
30ª París 1999 Jaroslava Moserová  República Checa
31ª París 2001 Ahmad Jalali  Irán
32ª París 2003 Michael Omolewa  Nixeria
33ª París 2005 Musa Bin Jaafar Bin Hassan Omán
34ª París 2007 Georgios Anastassopoulos  Grecia
35ª París 2009 Davidson Hepburn  Bahamas
36ª París 2011 Katalin Bogyay  Hungría
37ª[22] París 2013 Hao Ping  China
38ª París 2015 Stanley Mutumba Simataa[23]  Namibia
39ª París 2017 Zohour Alaoui[24]  Marrocos
40ª París 2019

Ahmet Altay Cengizer[25]

 Turquía
41ª[26] París 2021 Santiago Irazabal Mourão  Brasil

Críticas á UNESCO[editar | editar a fonte]

A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura foi fortemente criticada ó longo da súa historia. Os críticos a acusan de tomar posicións contrarias á liberdade de prensa e de mercados, en particular pola iniciativa New World Information and Communication Order que recoñecía o dereito dos estados a censurar á prensa. En 1984 os Estados Unidos abandonaron a organización en protesta.

Así, mesmo no período dos anos 1970 e 1980, a organización recibiu repetidas acusacións de malgasto e corrupción.

Posteriormente, baixo a dirección de Federico Mayor Zaragoza e Koichiro Matsuura a UNESCO foi recuperando progresivamente a súa credibilidade, culminando coa reincorporación dos Estados Unidos no 2002.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Introducing UNESCO". UNESCO. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2011. Consultado o 8 de agosto de 2011. 
  2. "UNESCO history". UNESCO. Arquivado dende o orixinal o 9 de abril de 2010. Consultado o 23 de abril de 2010. 
  3. "List of UNESCO members and associates". UNESCO. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2022. Consultado o 23 de agosto de 2022. 
  4. "Partnerships". UNESCO (en inglés). 25 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2020. Consultado o 19 de agosto de 2020. 
  5. "Field offices". UNESCO (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2020. Consultado o 19 de agosto de 2020. 
  6. "National Commissions". UNESCO (en inglés). 28 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2020. Consultado o 19 de agosto de 2020. 
  7. Grandjean, Martin (2018). Les réseaux de la coopération intellectuelle. La Société des Nations comme actrice des échanges scientifiques et culturels dans l'entre-deux-guerres [The Networks of Intellectual Cooperation. The League of Nations as an Actor of the Scientific and Cultural Exchanges in the Inter-War Period]. Lausanne: Université de Lausanne. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2018. Consultado o 5 de abril de 2019.  (English summary Arquivado 22 de marzo de 2019 en Wayback Machine.).
  8. 8,0 8,1 "UNESCO. General Conference, 39th, 2017 [892]". unesdoc.unesco.org. Arquivado dende o orixinal o 9 de abril de 2020. Consultado o 19 de agosto de 2020. 
  9. "MOFA: Project list of The UNESCO Japanese Funds-in-Trust for the Capacity-building of Human Resources". www.mofa.go.jp. Consultado o 2022-06-30. 
  10. "Sponsors". www.climats-bourgogne.com. Consultado o 2022-06-30. 
  11. "Sponsors and Contributors". www.wcrp-climate.org. Consultado o 2022-06-30. 
  12. "UNESCO • General Conference; 34th; Medium-term Strategy, 2008–2013; 2007" (PDF). Arquivado (PDF) dende o orixinal o 28 de xullo de 2011. Consultado o 8 de agosto de 2011. 
  13. "UNDG Members". United Nations Development Group. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2011. Consultado o 8 de agosto de 2010. 
  14. Revista Tips de Educación, ed. (24/4/2014). "Leyendo en la Era móvil por UNESCO" (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  15. UNESCO (ed.). "The Organization's history". Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  16. UNESCO (ed.). "Fechas clave en la historia de la UNESCO". Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  17. "Conferencia General. Décima Reunión, París 1958. Resoluciones" (PDF) (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  18. "Mundo CIESPAL". ciespal.org (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  19. UNESCO (ed.). "Órganos rectores de la UNESCO" (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  20. UNESCO official site: Directors-General Arquivado 18 de xullo de 2018 en Wayback Machine.
  21. UNESCO official site: Previous Sessions of the General Conference Arquivado 25 de outubro de 2011 en Wayback Machine.
  22. "General Conference 37th | United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization". www.unesco.org. Arquivado dende o orixinal o 3 de outubro de 2015. Consultado o 25 de setembro de 2015. 
  23. "President of the 38th session of the General Conference". UNESCO. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2015. Consultado o 11 de novembro de 2015. 
  24. "President of the 39th session of the General Conference". UNESCO. 5 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2017. Consultado o 12 de novembro de 2017. 
  25. "UNESCO: President of the 40th session of the General Conference". 14 de outubro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2020. Consultado o 20 de agosto de 2020. 
  26. "41st Session of the General Conference - 9-24 November 2021". UNESCO. 1 de xuño de 2021. Arquivado dende o orixinal o 6 de outubro de 2021. Consultado o 6 de outubro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]