Antas de Ulla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°46′56.39″N 7°53′26.34″W / 42.7823306°N 7.8906500°W / 42.7823306; -7.8906500

Antas de Ulla
Bandeira de Antas de Ulla---Escudo de Antas de Ulla
Casa do concello de Antas de Ulla.JPG

Casa do concello.
Situacion Antas de Ulla.PNG
Situación
Xentilicio[1] seoaneses
Xeografía
Provincia Provincia de Lugo
Comarca Comarca da Ulloa
Poboación 2.219 hab. (2012)
Área 103,6 km²
Densidade 21,42 hab./km²
Entidades de poboación 132
Capital do concello Antas de Ulla
Política (2011)
Alcalde Javier Varela Pérez
Concelleiros BNG: 2
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 3
Outros: -
Eleccións municipais en Antas de Ulla
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 83,26%
Na rede
www.concellodeantas.org

Antas de Ulla é un concello da provincia de Lugo, pertencente á Comarca da Ulloa. Segundo o IGE, en 2012 tiña 2.219 habitantes (2.275 no 2011, 2.346 no 2010, 2.407 no 2009, 2.499 no 2008, 2.549 no 2007, 2.573 no 2006, 2.602 no 2005, 2.640 no 2004, 2.676 no 2003).

Toponimia[editar | editar a fonte]

O rexistro máis antigo do topónimo Antas nun documento en galego data de 1390. Trátase dun foro do arquivo de Vilar de Donas en que se fai referencia ao actual Antas de Ulla como Sayoane das Antas[3], forma abreviada de San Xoán das Antas. A forma moderna, Seoane das Antas, rexístrase por primeira vez en 1473, nunha relación de bens do Tumbo de Pergamiño de Oseira[3]. Non se documenta nos textos medievais o topónimo Antas de Ulla, nome oficial do concello, da parroquia en que se atopa a súa capitalidade e de un dos lugares desa mesma parroquia[4].

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello limita ao norte con Palas de Rei, ao sur con Taboada, ao oeste con Agolada e Rodeiro e ao leste con Monterroso. A capital municipal, do mesmo nome, dista 45 km da capital provincial, Lugo.

Do seu relevo, tendente á horizontalidade, destaca o monte Farelo, con 951 m de altura[5], e da súa hidrografía o río Ulla, que nace na parroquia de Olveda e conta con afluentes coma o Estanco, o Fadal, o Peizal, o Medeiros, o Peibás ou o Pequeno[6].

Orixe e historia[editar | editar a fonte]

O Neolítico: os primeiros poboadores[editar | editar a fonte]

Crese que os primeiros poboadores do territorio que na actualidade ocupa o Concello de Antas de Ulla se asentaron nesas terras no período Neolítico.

O Megalitismo[editar | editar a fonte]

De especial interese é o Megalitismo, xa que son moitas as antas (tamén chamadas mámoas, modias ou dolmens) que podemos atopar no Concello, aínda que ningunha está escavada. De feito, crese que é da civilización megalítica da que provén o topónimo (anta). Ademais, tamén existe na capital do Concello o chamado Campo das Antas cuxo nome se pode deber aos numerosos dolmens existentes na zona[6]. Neste lugar construíuse unha capela cristiá e, dalgún xeito, cristianízase tamén o seu nome pola confusión que na pronuncia pode haber entre Campo das Antas e Campo das Santas.

O Bronce[editar | editar a fonte]

Do Bronce inicial ou Protoatlántico consérvanse unhas espirais de prata rectangulares, que se poden ver no Museo Provincial de Pontevedra[6].

A arte rupestre: os petróglifos do Monte Farelo[editar | editar a fonte]

A medio camiño entre a Idade de Bronce e a Cultura castrexa é onde se sitúa unha arte rupestre fortemente relacionada co comercio do metal, da que destacan os petróglifos. Os petróglifos que hoxe podemos atopar no Monte Farelo son as mostras desta arte rupestre máis afastadas da costa que atopamos en Galiza e tamén as mellor conservadas.

Son un total de 54 petróglifos que presentan formas de catro tipos: cazoletas, combinacións circulares, espirais e labirintos.

Destes, 22 foron descubertos en 2003 pola investigadora Cristina Varela Cadahía. Con todo, a maioría do conxunto está sen catalogar e o último estudo publicado sobre el, que data de 2000 (María José Bóveda e María Paz Blanco), só se refire a 16 petróglifos. Ademais, non se tomou ningunha medida para protexelos nin están debidamente sinalados.

A Cultura castrexa[editar | editar a fonte]

O mundo castrexo, que se estende desde o século IV a.C. até a caída do Imperio Romano no 476 d.C., tamén deixou unha importante pegada no Concello de Antas de Ulla. De feito, o centro de Galiza é un dos lugares do país no que son máis abundantes estes asentamentos. Son moitos os castros que podemos atopar, como é o caso do das parroquias de Santa Mariña do Castro de Amarante, Amoexa, Olveda ou o Castro de Seoane, situado na capitalidade do Concello no lugar no que hoxe se atopan as instalacións deportivas municipais.

Idade Media[editar | editar a fonte]

Na Idade Media o poder representábao nestas terras o Castelo de Amarante, situado na parroquia de Castro de Amarante, propiedade dos Noguerol, e que máis tarde pasaría a formar parte da casa de Camarada.

A construción das igrexas parroquiais do Concello datan deste período, e nelas predomina o estilo románico. Ademais, coma no resto de Galiza, son moitos os cruceiros que podemos atopar, de entre os que destaca o cruceiro de Amoexa.

Malia seren numerosas as igrexas parroquiais, o grande centro de poder no concello era o Castelo de Amarante, unha boa mostra de que en Antas de Ulla, coma no resto da Ulloa, o poder civil era máis importante ca o relixioso. De feito, a Ulloa é a única comarca de Galiza na que acontece isto, xa que non atopamos nesta comarca ningún mosteiro, convento ou catedral, agás o antigo convento de Vilar de Donas en Palas de Rei.

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo Total (Habitantes) 2.219
Menores de 15 anos 160 (7.21 %)
Entre 15 e 64 anos 1.153 (51.96 %)
Maiores de 65 anos 906 (40.83 %)

Evolución da poboación de Antas de Ulla entre 1900 e 2011:

Evolución da poboación de Antas de Ulla (desde 1900 ata 2013)
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011  2012  2013
 5.409  5.290  5.401  4.287  2.640  2.407  2.275  2.219  {{{9}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Economía[editar | editar a fonte]

A economía da zona baséase principalmente no sector primario, agricultura e gandeiría. O sector primario ocupa ó 60% da población. No sector gandeiro predomina a cabana vacún: a rubia galega para carne, e a raza frisona na produción leiteira.

Os produtos elaborados máis coñecidos de Antas son:

  • O pan de Antas
  • O queixo da Ulloa
  • A carne

Ademais de ovos, castañas, cogumelos, espárragos e outros produtos da terra.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Antas de Ulla

Agüela (San Mamede) | Alvidrón (Santa María) | Amoexa (Santiago) | Antas de Ulla (San Xoán) | Árbol (Santalla) | Arcos (Santa María) | Areas (Santa Cristina) | Barreiro (San Cibrao) | Casa de Naia (Santa María) | A Cervela (San Miguel) | Cibreiro (San Miguel) | Cutián (San Xoán) | Dorra (Santiago) | Facha (San Xiao) | Olveda (Santa María) | Peibás (San Lourenzo) | Queixeiro (San Pedro) | Reboredo (Santiago) | O Rial (Santo André) | San Fiz de Amarante (San Fiz) | San Martiño de Amarante (San Martiño) | Santa Mariña do Castro de Amarante (Santa Mariña) | Santiso (Santalla) | Santo Estevo do Castro de Amarante (Santo Estevo) | Senande (San Miguel) | Terra Chá (San Xurxo) | Vilanuñe (San Salvador) | Vilapoupre (San Martiño)


Lugares de Antas de Ulla[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Antas de Ulla vexa: Lugares de Antas de Ulla.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antas de Ulla Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Concellos da Comarca da Ulloa Comarca da Ulloa
Antas de Ulla
Antas de Ulla
Monterroso
Monterroso
Palas de Rei
Palas de Rei