Dubai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Mapa de Dubai.

Dubai ou Dubayy (en árabe: دبيّ) é un dos sete emiratos que integran dende 1971 os Emiratos Árabes Unidos, e unha cidade dos Emiratos Árabes Unidos. A súa poboación ascende a 1.422.000 habitantes.

Dubai é famosa polo seu aeroporto e o hotel Burj al-Arab.

No emirato nos últimos anos construíronse grandes rañaceos (entre os que se atopa o Burj Khalifa, a construción máis alta do mundo), e converteuse nunha porta moi importante para Occidente. Ademais, celébranse bastantes convencións e conferencias internacionais e unha das súas grandes fontes de ingresos é o turismo, especialmente o de luxo. Dentro dos grandes proxectos de urbanización e de turismo, así como de vivenda de luxo, atópanse as Palm Islands, con tres diferentes ambientes; en Jumeirah, que é o primeiro dos proxectos; en Jebel Ali, que é o segundo (50% máis grande) e Deira que será tres veces maior que o primeiro. Así mesmo The World, composto por 300 illas de area artificial que serán ocupadas por residencias, centros comerciais e por hoteis de cinco estrelas.

Ademais, en Dubai realízase cada ano a Dubai World Cup, o mítin internacional de carreiras de cabalos que reparte os maiores premios no mundo.

Dubai foi gobernado ata 2004 por Mohamed Bin Rachid al Maktum, que exercía tamén como Vicepresidente e Primeiro Ministro dos EAU.

Transportes [editar]

Dubai conta cun aeroporto internacional o cal e se da compañía Emirates.