Xoán Montes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xoán Montes Capón, nado en Lugo o 13 de abril de 1840 e finado o 24 de xuño de 1899, foi un compositor galego, famoso especialmente por ser o autor da versión musical do poema "Negra Sombra" de Rosalía de Castro.

[editar] Traxectoria

IES Xoán Montes, Lugo.

Ingresa con dez anos no Seminario Conciliar de Lugo, onde estuda Latinidade e Humanidade, Filosofía e Teoloxía. Crea o coro de seminaristas, onde destacarán especialmente as súas habilidades musicais. Remata os seus estudos no 1863 e renuncia á vida espiritual para dedicarse enteiramente á música. Reorganiza a banda municipal e é o seu director ata 1890. Crea o Orfeón Lucense, posteriormente chamado Orfeón Galego, co que acada gran éxito.

Foi un músico eminentemente autodidacta, xa desde a adolescencia. Entre as súas obras, cómpre destacar dúas: "Alborada Gallega", famosa obra para banda de música interpretada cada ano centos de veces polas bandas de todo o país, e a famosísima "Negra sombra" rosaliana, versión musical estreada no ano 1892 na Habana (primeiro premio).

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas