Parroquia civil
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A parroquia é unha división administrativa ou censual que existe en numerosos países e que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas, en Galicia están recoñecidas como entidades colectivas de poboación inferiores ao concello, ver Parroquias de Galicia.
Dependendo do país varía a relevancia administrativa:
-
- Andorra: son as subdivisións principais do Estado, ver Parroquias de Andorra.
- Antiga e Barbuda: son as subdivisións principais do Estado, ver Parroquias e dependencias de Antiga e Barbuda.
- Australia: son divisións catastrais en Queensland, Nova Gales do Sur, Vitoria e Tasmania, ver divisións catastrais de Australia.
- Barbados: son as subdivisións principais do Estado, ver Parroquias de Barbados.
- Canadá:
- Nova Brunswick son divisións censuais, ver Parroquias de Nova Brunswick.
- Québec, denominadas municipalité de paroisse son concellos rurais, ver Municipios Parroquiais de Québec.
- Dominica: son as subdivisións principais do Estado, ver Parroquias de Dominica.
- España:
- Asturias: unha forma tradicional de organización administrativa, relixiosa e agraria dos concellos, ver Parroquias de Asturias.
- Galicia: entidade local inferior ao concello, ver Parroquias de Galicia.
- Ecuador: subdivisión dos concellos, ver Parroquias de Ecuador.
- Estonia: coñécense como vallad os concellos rurais, ver Concellos de Estonia
- Estados Unidos:
- Irlanda: son subdivisións dos condados que só se usan en contadas ocasións (como venda de terras), ver Parroquias de Irlanda.
- Granada: son as subdivisións principais do Estado, ver Parroquias de Granada.
- Portugal: as freguesias son subdivisións dos concellos, ver Freguesía.
- Saint Kitts e Nevis: son as subdivisións principais do Estado, ver Parroquias de Saint Kitts e Nevis.
- San Vicente e as Granadinas: son as subdivisións principais do Estado, ver Parroquias de San Vicente e as Granadinas.
- Reino Unido:
- Escocia: son divisións censuais, ver Parroquias de Escocia.
- Inglaterra: son unidades de goberno local inferiores, ver Parroquias de Inglaterra.
- Suecia: coñécense como socken e son as subdivisións dos concellos, ver Parroquias de Suecia.
- Venezuela: subdivisións dos concellos, ver Parroquias de Venezuela.
- Xamaica: son as subdivisións administrativas principais do Estado, ver Parroquias de Xamaica.[[en:Civil parishes in England]