Bispo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un bispo é un membro da xerarquía eclesiástica, un sacerdote que recibiu o sacramento da Orde sacerdotal no seu máximo grao, que é o episcopado, e que dirixe a igrexa dun territorio denominado bispado, á súa vez dividido en arciprestados e parroquias. Tradicionalmente é o encargado de realizar o sacramento da confirmación.
[editar] Bispos en Galiza
Desde o século XV arredor do 90% dos bispos dos bispados galegos son de fóra da Galiza[Cómpre referencia] e constitúen un forte elemento castelanizador[Cómpre referencia], tanto no clero coma nos fregueses e debido ao seu poder económico tamén nas actividades deste eido.