Gran Muralla Chinesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Coordenadas: 40°20′37.079″N 116°00′5.8860″E / 40.34363306°N 116.001635000°E / 40.34363306; 116.001635000

Patrimonio da Humanidade - UNESCO
A Gran Muralla
GreatWall6.jpg
A Muralla da China
Flag of UNESCO.svg Información Flag of UNESCO.svg
Inscrición: 1987
País: China
Localización: 40°21'16"N 116°00'23"E
Rexión: Asia
Tipo: historico
Criterios: C (i)(ii)(iii)(iv)(vi)
Descrición UNESCO: fr en
Lonxitude da Muralla Chinesa dende o espazo
Vista xeral da Gran Muralla no tramo de Badaling.

A Gran Muralla Chinesa (chinés tradicional: 長城, chinés simplificado: 长城, pinyin: Cháng Chéng, "Longa fortaleza") é unha antiga fortificación chinesa construída para protexer o imperio da China desde o século V a.C. dos ataques dos bárbaros de Mongolia e Manchuria. O principal propósito do muro non era impedir que fora atravesado, senon máis ben impedir que trouxeran cabalos con eles.

A Gran Muralla está formada por unha serie de murallas construídas e reconstruídas por diferentes dinastías durante máis de 1.000 anos.

Contando as súas ramificacións e construcións secundarias, calcúlase que ten 21,196 quilómetros de longo[1], desde a fronteira con Corea, ao bordo do río Yalu (Yalu Jiang), ata o deserto de Gobi, abarcando sete provincias, ao longo dun arco que delinea aproximadamente o bordo sur da Mongolia Interior, aínda que hoxe en día só se conserva un 30% dela.[2]En promedio, mide de 6 a 7 metros de alto e de 4 a 5 metros de ancho. No seu apoxeo, durante a dinastía Ming, foi custodiada por máis dun millón de guerreiros.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

A muralla construíuse durante o reinado do Primeiro Emperador da dinastía Qin, de curta duración. Non se construíu toda dunha vez, senón que é a unión de varios muros construídos durante un período de aproximadamente mil anos. A súa forma actual acabouse durante a dinastía Ming.

Períodos de construción[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente, divídese a historia da construción da Gran Muralla en cinco partes:

Período anterior á unificación da Dinastía Qin[editar | editar a fonte]

No século VIII a.C., no comezo do periodo coñecido como Período das Primaveras e Outonos, China segue un sistema feudal: o territorio divídese en centos de feudos ou estados dirixidos por príncipes, en teoría, todos reunidos baixo os reis da Dinastía Zhou.

Pero co tempo, estes feudos foron anexados polos príncipes formando grandes principados no século VI a.C.; algúns deles foron o Estado de Chu e Wu, China foi rápidamente fragmentada en varios reinos independentes: é o comezo do periodo dos Reinos Combatentes.

Naquel tempo, varios estados comprométense á construción de muros para protexerse dos seus veciños e de pobos estranxeiros. Así, ao redor do século V a.C., o estado de Qi inicia a construción dun muro, algunhas das súas partes mantéñense aínda en pé. A mediados do século IV a.C., o estado de Wei comezou a construción dun muro na súa fronteira occidental, preto de Qi, e un segundo muro na súa fronteira oriental . Isto foi imitado polos estados de Yan e Zhao.

Comúnmente, a técnica utilizada para realizar as paredes foi de capas de terra duns poucos centímetros que se amontoan unha encima doutra. As xuntas de madeira extraense, deixando unha parede de terra. Este método podería desenvolver rápidamente sólidos muros que poderian resistir séculos en pé.

Período da Dinastía Qin[editar | editar a fonte]

Trazado tentativo de muralla que se mostra en vermello no periodo da Dinastía Qin
Artigo principal: Dinastía Qin.

No ano 221 a.C., Qin Shi Huang conquistou todos os estados que se lle opoñían e unificou China establecendo a dinastía Qin. A intención de impoñer un poder central e evitar o rexurdimento dos señores feudais, ordenou a destrución das murallas que dividían o seu imperio ao longo da antiga fronteira. Logo dos ataques das tribos Xiongnu ao norte, enviou ao xeneral Meng Tian, para asegurarse da derrota dos Xiongnu e, a continuación, emprender a construción dun muro máis aló do Río Amarelo para protexer mellor aos novos territorios conquistados conectando o resto de fortificacións ao longo da nova fronteira norte. O transporte dunha gran cantidade de materiais necesarios para a construción foi difícil, xa que logo, os constructores utilizaron os recursos locais como as pedras nas construcións de montaña e a terra apisonada para a construción na chaira.

Non hai rexistros históricos que indiquen a lonxitude exacta e o trazado de muralla na dinastía Qin, pero a pesar do debate entre os historiadores e a ausencia de acontecementos históricos, a Gran Muralla construída pola dinastía Qin permanece na imaxinación popular chinesa como unha colosal obra co alcumo de "muro de dez mil li" (5.760 km no valor de li da dinastía Qin).

Período da Dinastía Han[editar | editar a fonte]

Trazado da Gran Muralla no periodo da Dinastía Han
Véxase tamén: Dinastía Han.

No 210 a. C., o emperador Qin Shi Huang morreu e a dinastía Qin que fundou sobreviviu uns poucos anos. No 202 a. C., Liu Bang, un ex soldado de orixe campesiña que foi mestre da China proclamouse emperador co nome Han Gaozu. Debilitada pola súa anterior guerra de sucesión contra o xeneral Xiang Liang, Gaozu abandona o mantemento da Muralla da era Qin, e cando os Xiongnu, agora unidos nunha confederación estaban ameazando a través da fronteira, Gaozu, en lugar de adoptar unha ofensiva utilizando as paredes do mesmo xeito que Qin Shi Huang, trata de conseguir a paz con homenaxes e unha "armoniosa unión" ou heqin, é dicir, o fornezo chinés de princesas para os xefes Xiongnu . Durante varias décadas, os seus sucesores farán o mesmo. Con todo, a Gran Muralla non está completamente abandonada: baixo o dominio do emperador Han Wudi recoméndaselle o establecemento de fronteiras tuntian (tipos de asentamentos militares agrarios) protexidos por pequenos muros para colonizar a rexión e impedir as incursións Xiongnu.

No 134 a. C. o statu quo entre os chineses e os Xiongnu foi roto e a diferenza dos seus antepasados, Han wudi decidiu tomar unha ofensiva contra a confederación Xiongnu e iniciou no 129 a. C. unha primeira ofensiva, seguida de moitas outras. Wudi restaurou e conectou porcións da Muralla da dinastía Qin e logo estendeuna a través do que se convertería na ruta da seda. No 119 a. C., os Xiongnu son expulsados a través do deserto de Gobi na Mongolia interior, e unha nova sección do muro, de 400 km de longo foi construída e consérvase actualmente.

No ano 9 d. C., a dinastía Han vese ensombrecida pola efémera dinastía Xin, antes de ser restaurada o 23 d. C. polo emperador Geng Shi di que debe facer fronte ás guerras civís e cando o emperador Guang Wudi ascendeu ao trono dous anos despois, o seu exército é demasiado débil para conter eficazmente os Xiongnu. Ordenou a construción de catro novos muros para frear o seu avance e protexer á capital. Para rematar, ao redor do 48, os Xiongnu experimentaron loitas internas e divídense en dous grupos: Xiongnu do Norte e Xiongnu do Sur. Os Xiongnu do sur serven de amortiguación entre os seus homólogos no norte e a China estaba disposta a coexistir con eles. Ao final da dinastía Han, China dividiuse en tres reinos separados por fronteiras , facendo da construción e o mantemento das grandes paredes irrelevante.

Período de baixa actividade[editar | editar a fonte]

Desde o período dos Tres Reinos (220) ata fins da Dinastía Yuan (1300) a muralla non experimentou grandes cambios e extensións máis aló da reconstrución de sectores desgastados. Destacan pequenos períodos de construción do século V ao VII e dos séculos XI ao XIII.

Período da Dinastía Ming[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Dinastía Ming.
Mapa da Dinastía Ming e a súa muralla.

A Gran Muralla como concepto reavivouse de novo durante a dinastía Ming logo da derrota do exército por parte dos oirates na Batalla de Tumu en 1449. Os Ming non tiveron unha clara vitoria e adoptaron unha nova estratexia para manter as tribos nómadas afastadas da capital mediante a construción de muros ao longo da fronteira norte da China.

A diferenza das anteriores fortificacións, a construción da dinastía Ming foi máis forte e máis elaborada debido á utilización de ladrillos e pedra en lugar de terra apisonada. Como consecuencia das incursiones mongolas a través dos anos, dedicáronse considerables recursos a reparar e reforzar as paredes. As seccións Ming preto da capital Pequín son especialmente fortes e resistentes. A gran muralla da dinastía Ming iníciase no extremo leste, no paso de Shanhai (山海关 shān hǎi guān), Qinhuangdao, en Hebei, provincia próxima ao golfo de Bohai. Atravesa nove provincias, 100 condados, para terminar no extremo oeste no paso de Jiayu (嘉峪关 jiā yù guān), na provincia Gansu, ao noroeste. O paso de Jiayu era a porta para a ruta da seda. A pesar de que a muralla finaliza no paso Jiayu, a partir de alí seguen torres de vixilancia (烽火台 fēng huǒ tái) por toda a ruta da seda. Estas torres comunicábanse entre elas con sinais de fume para informar de posíbeis invasións.

Cara ao final da dinastía Ming, a Gran Muralla defendía o imperio en contra da invasión manchú que comezou ao redor do 1600. Baixo o mando militar de Yuan Chonghuan, o exército Ming bloqueou o avance manchú no fortemente fortificado paso Shanhaiguan, impedindo que entrasen no corazón chinés. Os manchús finalmente foron capaces de cruzar a Gran Muralla en 1644 (a lenda di que as tropas tardaron tres días en pasar), cando forón abertas as portas, en Shanhaiguan, tras convencer o xeneral Wu Sangui para que lles deixase atravesar o paso, este xeneral estaba en contra das actividades dos gobernantes da dinastía Shun, que sucedeu durante un breve período á dinastía Ming. Os manchús rápidamente ocuparon Pequín e derrotaron á recentemente fundada Dinastía Shun e o resto da resistencia, para establecer a dinastía Qing.

Cos Qing como gobernantes, Mongolia anexionouse ao imperio, de modo que a construción da Gran Muralla e as reparacións da mesma interrompéronse, debido a que deixaron de ter utilidade estratéxica.


Durante a súa construción os obreiros estaban a mercede de bandas de asaltantes e moitos morreron nesa construción, de maneira que a muralla é denominada ás veces como o cemiterio máis longo do mundo.

Principais portas[editar | editar a fonte]

«Primeira porta baixo o ceo», en reparación.

As portas máis importantes (關口 simplificado: 关口) incluen:

  • Paso Sha-nhai (山海關)
  • Paso Ju-yo-ng (居庸關)
  • Paso Niángzi (娘子關)

Estado[editar | editar a fonte]

As partes da muralla máis visitadas polos turistas mantivéronse en bo estado ou foron reparadas, mais en moitas partes a muralla foi descoidada, servindo como zona de xogo para os habitantes ou como fonte de pedras para a reconstrución de casas e rúas. Algunhas seccións da muralla tamén están cubertas de graffiti. Outras partes destruíronse voluntariamente para impedir o paso a novas vías de comunicación. A Asociación Gran Muralla Chinesa ten por obxectivo a preservación da muralla. Na actualidade, (xuño de 2003), o goberno Chinés non ditou leis de protección para preservar a muralla. Porén, en Pekín lexislouse a favor da muralla prohibindo a visita de partes de non preservadas da gran muralla ou partes non abertas ao público; e esta lei estase cumprindo desde agosto de 2003.

Torres de vixilancia e barracas[editar | editar a fonte]

Torre de vixilancia perto de Pekín

A muralla interrompese nalgúns puntos para dar lugar a puntos de defensa, aos cales os soldados podían retroceder de ser necesario. Cada torre ten escaleiras únicas e de acceso difícil co obxectivo de confundir o inimigo.

As barracas e os centros administrativos foron situados a maiores distancias.

Defensa da muralla[editar | editar a fonte]

Ademais das armas usuais da época, desenvolvéronse armas especializadas para a defensa da muralla, as cales foron reproducidas e aínda podemos ver na muralla.

Materiais[editar | editar a fonte]

Os materiais usados son aqueles disponíbeis nos arredores da construción. Cerca de Pekín utilizouse pedra calcaria. Noutros sitios utilizouse granito ou ladrillo cocido. Basicamente, era unha longa tapia de arxila e area, cuberta con varias paredes de ladrillo. Iso fíxoa moi resistente aos impactos de armas de asedio.

Recoñecemento (desde o espazo)[editar | editar a fonte]

A gran muralla en imaxe vía satélite

A muralla foi nomeada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1987.

En 1938 Richard Halliburton, no seu Segundo libro de marabillas, predixo que a gran muralla sería a única obra dos seres humanos visíbel desde a Lúa. Esta afirmación persistiu como lenda urbana até a actualidade. Interpretada como a muralla percíbese desde a lúa sen necesidade de aparatos de visión, a afirmación é falsa, pois ao orbitar ao redor da terra, a unha milésima parte da distancia da lúa, pódese percibir a muralla se as condicións son favorábeis. Diferentes astronautas observaron máis ou menos ben a muralla; por exemplo, Gene Cernan afirmou:

En órbita ao redor da terra, a unha altura entre 160-320 km da superficie, a Gran Muralla percíbese directamente ao ollo humano.

En maio de 2004, a NASA anunciou que a fotografía da Muralla Chinesa desde o espazo non era en realidade a construción, senón un tramo dun río entre as montañas, e recoñeceu publicamente que a Gran Muralla Chinesa non é visíbel sen axuda desde o espazo.

En xeral, pódese afirmar que desde o espazo a Gran Muralla é menos visíbel que outras construcións feitas polo ser humano.

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Grande Muralla Chinesa