Sober
Coordenadas: 42°28′N 7°36′W / 42.467°N 7.600°W
| Sober | |
|---|---|
| Casa do Concello de Sober. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | soberino |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Lugo |
| Comarca | Comarca da Terra de Lemos |
| Poboación | 2599 hab. (2010) |
| Área | 133,3 km² |
| Densidade | 19,5 hab./km² |
| Entidades de poboación | 22 parroquias |
| Capital do concello | |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Luis Fernández Guitián (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 2 PPdeG: 7 PSdeG-PSOE: 2 Outros: - |
| Eleccións municipais en Sober | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 98,72% |
| Páxina web oficial | |
| http://www.concellodesober.com/ | |
Sober é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra de Lemos e parte da Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2010 era de 2.599 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «soberino».
| Censo Total | 2.478 |
| Menores de 15 anos | 130 (5.24%) |
| Entre 15 e 64 anos | 1.167 (47.09%) |
| Maiores de 65 anos | 1.181 (47.66%) |
Índice |
Xeografía[editar]
Sober atópase na Terra de Lemos. Limita ao norte e leste con Monforte de Lemos, ao norte e oeste con Pantón e o río Cabe, e ao sul co canón do río Sil. Ten unha superficie de 134 km², e sitúase a 77 km da capital da provincia.
Economía[editar]
O sector primario está centrado na gandería bovina criada para consumo, a cría porcina e en menor medida, ovina.
A agricultura representa o 37% da superficie, orientada ao cultivo de cereais, patacas e primordialmente, a vide. O 58% da superficie é de masa forestal, piñeiros e carballos e mata.
A industria ocupa ao 15% da poboación, concentrándose en entidades de pequeno tamaño ou familiar orientadas principalmente á elaboración de viño. Destaca a produción de material de construción en Canabal e a olería artesá de Gundivós. Outros centros están dedicados á manufactura téxtil (calcetíns) e á fabricación de ferramentas e equipos de labor (cerraxería e máquinas de sulfatado).
O sector servizos aglutínase en torno aos servizos municipais e administrativos e aos establecementos comerciais. Cada quince días ten lugar a feira, coa mesma frecuencia ca o mercado de produtos.
Viño de Amandi[editar]
Sober atópase na rexión vinícola da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, albergando a produción da subzona de viños de Amandi e a da ribeira do río Cabe.
Existen arredor de 300 produtores e 29 adegas inscritas no consello regulador. Un centro de embotellado industrial permite a comercialización da marca de vino de Rectoral Amandi.
Cada domingo de Ramos, celébrase en Sober a Feira do viño de Amandi.
Historia[editar]
Consérvanse mámoas do megalítico en distintos lugares, así como restos da cultura castrexa.
Durante o período do imperio romano a Vía Nova, que enlazaba Astorga con Braga, atravesaba a zona.
Da constitución do reino dos suevos permanecen os topónimos de varias parroquias.
No 785 o bispo Odoario de Lugo fundou a vila de Amandi.
Patrimonio histórico e artístico[editar]
- A Casa grande de Rosende é un pazo datado en 1511, situado na parroquia de Rosende. Tamén era coñecido na comarca como A Casa das Señoritas. Foi rehabilitada a finais do século XX e na actualidade funciona como casa de turismo rural non sendo posible a súa visita. De sobria fachada destaca a súa torre, a solaina que da cara a un patio traseiro e o seu coidado interior.
Lugares de Sober[editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Sober vexa: Lugares de Sober.
Galería de imaxes[editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Sober.
-
Canón do Sil, na Ribeira Sacra.
-
Canón do Sil.
Parroquias[editar]
Notas[editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
Véxase tamén[editar]
| Concellos da Comarca da Terra de Lemos | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
Bóveda |
Monforte de Lemos |
Pantón |
A Pobra do Brollón |
O Saviñao |
Sober |
|
|
|||||
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |