Porcentaxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Símbolo da porcentaxe

En matemáticas, chámase porcentaxe á forma de expresar un número como unha fracción que ten o número 100 como denominador. Tamén se lle chama comunmente tanto por cento, onde por cento significa "de cada cen unidades". Úsase para definir relacións entre dúas cantidades, de forma que o tanto por cento dunha cantidade, onde tanto é un número, refírese á parte proporcional a ese número de unidades de cada cen desa cantidade.

A porcentaxe indícase utilizando o símbolo %, que matematicamente equivale ao factor 0,01 e que se debe escribir despois do número ao que se refire, deixando un espazo de separación.

Representación[editar | editar a fonte]

O tanto por cento como fracción[editar | editar a fonte]

O tanto por cento divídese entre 100 e simplifícase a fracción. Exemplo:

Para saber como se representa o 10% en fracción divídese e logo simplifícase:


   10\,% =
   \cfrac{10}{100} =
   \cfrac{1}{10} =
   0,1

A porcentaxe[editar | editar a fonte]

A fracción común multiplícase por 100 e resólvese a operación. O resultado será a porcentaxe.

Exemplo: Para representar 1/10 como unha porcentaxe faise a seguinte operación:


   \cfrac{1}{10}=
   \cfrac{10}{100} =
   10\,%

Obter un tanto por cento dun número[editar | editar a fonte]

Para obter un tanto por cento dun número simplemente multiplícase. Por exemplo, o 25% de 150 é:

25 \cdot 0.01 \cdot 150 = 37.5.

Alternativamente, nun método moi habitual outrora, constrúese unha regra de tres simple directa. Así, para calcular o 25% de 150 faise a regra de tres: multiplícase cruzado e divide polo que queda só ou en conxunción co restado.


   \left .
      \begin{array}{ccc}
         100% & \longrightarrow & 150 \\
          25% & \longrightarrow & x
      \end{array}
   \right \}
   \to \quad 
   x = \cfrac{150 \cdot 25%}{100%} = 37.5

Resultado: 37.5 é o 25% de 150.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]