2 de decembro
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| << | Decembro | >> | ||||
| Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
| 1 | ||||||
| 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
| 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
| 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
| 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
| 30 | 31 | |||||
| 2013 Todos os días |
||||||
O 2 de decembro é o 336º día do ano do calendario gregoriano e o 337º nos anos bisestos. Quedan 29 días para finalizar o ano.
1 de decembro < 2 de decembro < 3 de decembro
Índice |
Acontecementos [editar]
- 1617 - Inícianse as obras da Praza Maior de Madrid.
- 1804 - Pío VII coroa en París a Napoleón como emperador de Francia.
- 1805 - As tropas francesas de Napoleón derrotan ás aliadas de Austria e Rusia en Austerlitz.
- 1811 - O xeneral republicano José Miguel Carrera disolve o Congreso e proclama a ditadura en Chile.
- 1852 - Grazas a un golpe de Estado restáurase a monarquía en Francia, co reinado de Luis Bonaparte.
- 1873 - Guerra de Cuba. As tropas españolas son derrotadas en Palo Seco polas nativas, acaudilladas por Máximo Gómez.
- 1897 - España concede a autonomía a Porto Rico.
- 1901 - King Camp Gillette patenta a primeira máquina de afeitar de follas desbotables.
- 1906 - Sinatura da acta delimitatoria de fronteiras entre España e Portugal.
- 1913 - Inaugúrase en Bos Aires o servizo de tranvías subterráneos ou "metro", o popular "subte".
- 1915 - Albert Einstein publica a teoría xeral da relatividade.
- 1925 - Cesa nas súas funcións o Directorio Militar da ditadura de Primo de Rivera, substituído por un goberno presidido polo xeneral.
- 1927 - Lev Trotski é expulsado do Partido Comunista da URSS.
- 1931 - Golpe de Estado en El Salvador. Maximiliano Hernández derroca e substitúe a Arturo Araujo.
- 1939 - Comeza a operar o aeroporto de "La Guardia" en Nova York.
- 1946 - Miguel Alemán é investido presidente de México.
- 1954 - O Senado de EEUU destitúe ao senador Joseph McCarthy, principal artífice da "caza de bruxas".
- 1956 - Chega ás costas de Cuba o iate "Granma", con 82 revolucionarios cubanos a bordo dispostos a derrocar ao ditador Fulgencio Batista.
- 1968 - A ONU condena a política de "apartheid" do goberno sudafricano.
- 1971 - A sonda Mars 3 é o primeiro vehículo que se pousa en Marte.
- 1971: Seis emiratos do Golfo Pérsico constitúen a Federación de Emiratos Árabes.
- 1977 - Comeza a publicarse o semanario A Nosa Terra.
- 1982 - Pedro Laín Entralgo é elixido director da Real Academia Española.
- 1982 - Primeira implantación dun corazón artificial permanente, polo doutor De Bries, en Utah (EE.UU).
- 1982 - Felipe González é investido presidente do Goberno de España.
- 1987 - España e o Reino Unido chegan a un acordo en Londres sobre o uso conxunto do aeroporto de Xibraltar.
- 1990 - Realízanse as primeiras eleccións na Alemaña reunificada.
- 1999 - A UNESCO declara a San Cristóbal de la Laguna Patrimonio Cultural da Humanidade.
Nacementos [editar]
- 1818 - José Pedro Crisólogo Mármol, escritor arxentino.
- 1825 - Pedro II, emperador de Brasil (m. 1891).
- 1857 - Pablo Pérez Costanti, arquiveiro e escritor galego (m. 1938).
- 1859 - Georges Seurat, pintor francés (m. 1891).
- 1885 - George Richards Minot, médico estadounidense, Premio Nobel de Medicina (m. 1950).
- 1905 - Osvaldo Pugliese, pianista, director e compositor arxentino.
- 1923 - Maria Callas, soprano de ópera estadounidense de orixe grega (m. 1977).
- 1925 - Alexander Haig, militar norteamericano (m. 2010).
- 1936 - Xosé Ramón Barreiro, historiador galego.
- 1936 - Manuel Gallego Jorreto, arquitecto galego.
- 1944 - Botho Strauss, dramaturgo alemán.
- 1946 - Gianni Versace, deseñador de moda italiano (m. 1997).
- 1962 - Vlado Buckovski, político e primeiro ministro de Macedonia (2004-?).
- 1973 - Monica Seles, tenista de orixe iugoslava nacionalizada estadounidense.
- 1973 - Jan Ullrich, Ciclista alemán.
- 1978 - Nelly Furtado, cantante canadense.
- 1981 - Britney Spears, cantante estadounidense.
Mortes [editar]
- 1515 - Gonzalo Fernández de Córdoba, "El Gran Capitán", militar español.
- 1547 - Hernán Cortés, conquistador de México (n. 1485).
- 1594 - Gerardus Mercator, cartógrafo e xeógrafo (n. 1512).
- 1694 - Pierre Puget, escultor francés (n. 1620).
- 1814 - Donatien Alphonse François de Sade (marqués de Sade), escritor francés (n. 1740).
- 1918 - Edmond Rostand, dramaturgo francés.
- 1923 - Tomás Bretón Hernández, compositor español (n. 1850).
- 1932 - Amadeo Vives, compositor español de zarzuelas (n. 1871).
- 1936 - José Miñones, avogado, empresario e político galego (n. 1900).
- 1937 - Josep Comas i Solà, astrónomo e divulgador científico catalán (n. 1868).
- 1944 - Filippo Tommaso Marinetti, ideólogo e poeta italiano (n. 1876).
- 1969 - José María Arguedas, novelista, articulista e ensaísta político peruano (n. 1911).
- 1980 - Chaudhry Muhammad Ali, primeiro ministro do Paquistán (n. 1905).
- 1987 - Luis Federico Leloir, bioquímico arxentino, Premio Nobel de Química en 1970 (n. 1906).
- 1990 - Aaron Copland, compositor estadounidense (n. 1900).
- 1993 - Pablo Escobar, narcotraficante colombiano (n. 1949).
Festas e celebracións [editar]
Santoral [editar]
- Santa Aurelia.
- Santa Bárbara.
- Santa Bibiana.
Outros [editar]
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro