Domus do Mitreo de Lugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo Universitario A Domus do Mitreo
Vista interior da Domus do Mitreo.
Coordenadas43°00′34″N 7°33′33″O / 43.009472, -7.559056
PaísGalicia GaliciaEspaña España
CidadeLugo
DirectorJesús Varela Zapata, Mª Dolores Dopico Caínzos[1]
Inauguración22 de marzo de 2018
Na rede
https://adomusdomitreo.com
editar datos en Wikidata ]

A Domus do Mitreo é unha antiga vivenda romana consagrada ao deus Mitra e situada na cidade de Lugo.

Características[editar | editar a fonte]

A casa descubriuse durante unhas escavacións arqueolóxicas no Pazo de Montenegro, adquirido pola Universidade de Santiago de Compostela a finais da década de 1990. Atopáronse os restos dunhas antigas construcións romanas que se inician no século I. Rematadas as escavacións, a parte baixa do vicerreitorado da USC en Lugo foi convertido en museo.

O espazo foi musealizado, e agrupa diversos restos arqueolóxicos en tres espazos: o vestíbulo, a planta subterránea (con pano da muralla orixinal e templo de Mitra) e o primeiro andar. O museo é propiedade da USC e do Concello de Lugo, e está xestionado pola Universidade[2].

Historia[editar | editar a fonte]

En xullo de 1998, a Universidade de Santiago de Compostela adquire o Pazo de Montenegro e os edificios adxacentes, que estiveran deshabitados durante décadas, para rehabilitalos e urbanizalos de acordo cun proxecto arquitectónico que proporcionaría á cidade un inmoble para acoller a Vicerreitoría do Campus de Lugo e máis outras instalacións culturais[3].

As escavacións acadaron unha superficie de 600 m² e foron levadas a cabo durante varias campañas entre 2000 e 2007 baixo a supervisión do arqueólogo Celso Rodríguez Cao, aínda que non lle foi pemitido chegar máis aló da Porta de Santiago nin da Praza de Pío XII, situada diante da Catedral, o que impediu coñecer outros aspectos releventes da cronoloxía dos restos arqueolóxicos.[4]

Trala construción do edificio, cuxo proxecto e dirección correu a cargo do arquiteccto Felipe Peña, o proxecto de musealización foi adiado durante varios anos, por mor do seu elevado custo. Finalmente, tras un investimento final, o Museo Universitario abriu as súas portas o 22 de marzo de 2018[5].

Edificio[editar | editar a fonte]

As instalacións do museo permiten o acceso á escavación arqueolóxica desde a planta baixa, e a un espazo expositivo situado no primeiro andar que explica a evolución histórica desa área da cidade e dos edificios construídos desde a Idade Media ata a actualidade[6]. Existe tamén unha sala de conferencias situada na planta baixa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "«O Xacobeo é unha oportunidade para Lugo e entre todos deberiamos deseñar estratexias»". La Voz de Galicia. 16 de decembro de 2019. 
  2. "Museo Universitario da Domus do Mitreo". Concello de Lugo. Consultado o 22/05/2020. 
  3. Varela, Suso (23-03-2018). "A historia de Lugo encerrada nunha casa". La Voz de Galicia. Consultado o 22-05-2020. 
  4. Dopico Caínzos (2017-2018), p. 65
  5. "O Museo Universitario A Domus do Mitreo fai accesible a historia da cidade de Lugo desde a época romana ata a contemporánea". USC Campus Terra. 22/03/2018. Arquivado dende o orixinal o 28/05/2020. Consultado o 22/05/2020. 
  6. "O Museo Universitario A Domus do Mitreo fai accesible a historia da cidade de Lugo desde a época romana ata a contemporánea". USC Campus Terra. Arquivado dende o orixinal o 28/05/2020. Consultado o 21/05/2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alvar, Jaime; Gordon, Richard; Rodríguez Cao, Celso (Xan, 2006). "The Mithraeum at Lugo (Lucus Augusti) and its conection with Legio VII Gemina". Journal of Roman Archaeology (19): 266–277. doi:10.1017/S1047759400006383. 
  • Dopico Caínzos, María Dolores (2017-2018). "Lucus Augusti: perspectivas para su investigación". Estudios humanísticos. Historia (en castelán) (León: Universidade de León) (16): 55–81. ISSN 1696-0300. doi:10.18002/ehh.v0i16.6125. 
  • Rodríguez Cao, Celso (2011). A Domus do Mitreo. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC. ISBN 978-84-9887-654-3. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]