Piragüismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Proba de piragüismo
Rapaces practicando o piragüismo

O piragüismo é un deporte acuático que se practica sobre unha embarcación lixeira, normalmente de madeira, fibra de vidro (normalmente Polietileno PE), e propulsada por unha a catro persoas (pero non tres) mediante unha pala ou remo(C!,C2,C4). As principais embarcacións utilizadas son o kayak propulsado por pala de 2 follas e a canoa propulsada por unha pala dunha folla.

Existen diferentes modalidades de piragüismo, dependendo do número de persoas que monten sobre a embarcación ou da superficie acuática sobre a que se desenvolva (mar, río, lago ou pista artificial). Segundo o número de persoas falamos de kayak (k1, k2 e k4) ou de canoa (c1, c2 e c4). As modalidades de piragüismo de augas tranquilas e de augas bravas son as que actualmente se manteñen como deporte olímpico. Tamén hai kayak polo que é igual ao waterpolo pero en kayaks.