Museo Provincial de Lugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°00′42″N 7°33′32″W / 43.011536°N 7.558808°W / 43.011536; -7.558808

Museo Provincial de Lugo
Fachada principal del Museo Provincial de Lugo, adosado a la Iglesia de San Pedro.JPG

Museo provincial de Lugo.

País Galicia Galiza
Cidade Lugo
Tipo Arqueolóxico, histórico, cultural
Administrador Deputación de Lugo
Construción 1932
Inauguración 1934
Enderezo praza da Soidade, sn 27001 Lugo
Número telefónico 982 242 112
Fax: 982 240 240
Sitio web Web do Museo Provincial de Lugo
Claustro do convento de San Francisco


O Museo Provincial de Lugo foi fundado pola Deputación de Lugo no ano 1934. A idea de crear un museo provincial xurdiu en 1932 coa proposta de reunir e protexer os bens do patrimonio cultural lucense, até daquela esparexidos ao longo da provincia en coleccións privadas. Atópase no centro da cidade, na praza da Soidade.

Índice

Historia e características [editar]

A primeira sede do museo estableceuse no Pazo de San Marcos (baixo a dirección de Luis López Martí), e contaba con varias salas nas que se expoñían diferentes materiais arqueolóxicos, históricos e artísticos. En 1957, decidiuse mudar de emprazamento do museo, xa que o continuo incremento de fondos fixeran pequeno o espazo adicado ás exposicións. O lugar elixido foi o antigo convento de San Francisco, remodelado e ampliado polo arquitecto vigués Manuel Gómez Román, quen se inspirou na estrutura dos Pazos galegos para o deseño do novo edificio. Das dependencias do convento conserva a cociña, o refectorio (ámbolos dous do século XVIII) e mailo claustro (do século XV).

O 1 de marzo de 1962 o Museo Provincial de Lugo foi declarado Ben de Interese Cultural. En 1983, o material etnográfico que posuía o Museo foi trasladado ó Museo etnográfico e histórico de San Paio de Narla (Friol), que se constituíu así na sección de etnografía do Museo Provincial de Lugo. A montaxe desta sección foi realizada polo arqueólogo Felipe Arias Vilas.

En 1997 o museo foi novamente ampliado, segundo un proxecto do arquitecto Antonio González Trigo. Esta ampliación foi inaugurada polos Duques de Lugo o 16 de xaneiro de 1997.

Fondos do Museo [editar]

Os fondos do Museo distribúense en 28 salas repartidas en dúas plantas.

Outros aspectos do Museo [editar]

O Museo conta cun xardín no que se espoñen esculturas modernistas e, nos soportais, réplicas de relevos especialmente interesantes cuxos orixinais consérvanse ben no Museo Provincial, ben no Museo Catedralicio. Conta tamén cunha ampla sala na que se montan exposicións temporais.

Galería de imaxes [editar]

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]