Claustro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A palabra claustro vén do latín claudere, co significado de "pechar".

Un claustro é un patio cadrangular que ten nos seus catro lados unha galería porticada con arcadas ou arquerías que descansan en columnas ou dobres columnas. Os claustros adoitan estar edificados a continuación dunha das naves laterais dunha catedral ou da igrexa dun mosteiro. Cada galería toma o nome de panda e en cada panda distribúense os distintos espazos necesarios para a vida monacal ou catedralicia. Adoita ser lugar de recollemento. O patio está case sempre axardinado e no centro atópase unha fonte ou un pozo.

Descrición dun claustro[editar | editar a fonte]

O claustro é de planta cadrada e cada un dos catro lados recibe o nome de panda. No centro adoita haber un pozo e no espazo restante, un pequeno xardín con catro camiños. Cada panda ten unha galería ou corredor cuberto limitado por arcadas. Na panda leste áchase case sempre unha pequena estancia que servía como estudo ou biblioteca, independentemente da gran biblioteca que tiñan algúns mosteiros importantes. A continuación achábase a sala capitular, peza que se consideraba de grande importancia e que xeralmente construíase con rica ornamentación arquitectónica. Era o lugar de reunión da comunidade, onde se lían os capítulos da regra da orde e onde o abade organizaba as distintas tarefas a seguir polos monxes. Nesta sala era onde se expuñan posibles faltas dalgún deles para que o superior o reprendese. Dicíase chamar a capítulo.

Na panda sur adoitaba estar o calefactorio, lugar caldeado onde podían ir os monxes de cando en vez para descansar e entrar en calor. Ao seu lado, o refectorio, que era o comedor, e lindeiro con el, a cociña.

A panda oeste adoitábase chamar de leigos e tiña a ruela tamén de leigos e a cilla coa adega. As celas dos monxes ou o gran dormitorio común (depende da época e das distintas ordes) estaban no piso superior.

Os capiteis das columnas dos claustros románicos están especialmente decorados e tallados e ás veces constitúen verdadeiras obras de arte.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Elementos da arquitectura eclesiástica
Áreas: Ábsida | Absidiola | Adro | Claustro | Coro | Cruceiro | Deambulatorio | Nártice | Nave | Presbiterio | Sancristía | Transepto
Exterior: Arcobotante | Arquitrabe | Arquivolta | Cabeceira | Campanario | Canzorro | Chapitel | Contraforte | Espadana | Fachada | Gárgola | Nicho | Pináculo | Portada | Porta | Tiburio | Tímpano | Xamba
Interior: Altar | Arcada | Bóveda | Capitel | Ciborio | Columna | Cruxía | Cuncha | Cúpula | Galería | Hemiciclo | Imaxinería | Mosaico | Pavimento | Piar | Retablo | Rosetón | Tribuna | Triforio | Vitral
Outros: Arco | Baixorrelevo | Cogullo | Florón | Gablete | Lobo | Tramo | Trazaría