Castroverde
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Castroverde | |
|---|---|
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | Castroverdense (non oficial) |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Lugo |
| Comarca: | Lugo |
| Poboación: | 3.110 hab. (2008) |
| Área: | 174,2 km² |
| Densidade: | 17,85 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 37 parroquias |
| Capital do concello: | Castroverde |
| Política (2007) | |
| Alcalde: | Xosé María Arias Fernández (PSdeG-PSOE) |
| Concelleiros: | BNG: 1 PPdeG: 3 PSdeG-PSOE: 7 Outros: - |
| Eleccións municipais en Castroverde | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 99,21 % |
| Sitio web oficial | |
| www.concellodecastroverde.com | |
Castroverde é un concello da Provincia de Lugo en Galicia. Pertence á Comarca de Lugo.
Poboación no 2008: 3.110 habitantes segundo o INE (3.187 no 2006, 3.236 no 2005, 3.286 no 2004, 3.372 no 2003).
| Evolución da poboación de Castroverde - desde 1900 ata 2004 - | ||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
| 6.189 | 7.173 | 8.122 | 4.617 | 3.286 |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
||||
Índice |
[editar] Localización
O concello sitúase no centro da provincia de Lugo. O territorio constitúe unha zona de transición entre a meseta luguesa e as Serras Orientais, de maneira que o terreno vai gañando altura cara o leste: Serras de Moneiro, do Mirador (coa altura de 1034 m. en Pradairo), da Vaqueriza e de Puñago.
Numerosos regatos baixan destes montes, vertendo nos ríos Guimarás, Azúmara, Romeán, Outeiro e Tórdea, todos eles afluentes do Miño.
O clima é oceánico con matices continentais, cunha oscilación térmica de até 13°C entre temperaturas invernais baixas (5,6°C en xaneiro) e as suaves do verán (17,7°C). Chove arredor de 1.000 mm.
[editar] Historia
Castroverde pertenceu á Casa de Lemos até o século XVI, cando a vila, a fortaleza e as súas terras foron compradas polos Altamira. No século XIX producíronse enfrontamentos carlistas.
[editar] Monumentos
Na propia vila fica ainda a torre da homenaxe da fortaleza medieval dos Castro de Lemos.
Á igrexa de Vilabade alcúmanna "catedral de Castroverde" e foi construída no século XV a instancias de Fernando de Castro para un mosteiro. É gótica, mais con adicións posteriores.
Destaca tamén a igrexa prerrománica de Soutomerille, así como outras variasrománicas.
Hai tres pazos notorios: o de Abraira-Arana, en Vilabade, o de Cellán de Mosteiro e o de Pumarega.
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Castroverde
|
Torre do Castelo de Castroverde |
[editar] Lugares de Castroverde
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castroverde vexa: Lugares de Castroverde.
[editar] Parroquias
[editar] Personaxes de sona
- Enriqueta Otero, mestra e guerrilleira (1902-1989).
- Antón López Rivas O Mago Antón, mago (n. 1956).
- Aida Valiño , triatleta (n. 1987).
- Paco Pestana, escultor, natural de Peredo na parroquia da Frairía.
- Jesús García Juanes, aventureiro.
[editar] Festas e Feiras
- Festas do Santiago, os días 24, 25 e 26 de Xulio, facéndose numerosas actividades.
- Festa da Xuventude, o 27 de Decembro.
- Feira da Artesanía. o 24 de Agosto.
- Feira, domingos alternos.
- Festa dos Avós, o 19 de Abril en 2009.
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.