Polígono
Un polígono é unha figura plana limitada por unha liña poligonal pechada sen interseccións entre os segmentos que a forman (exceptuando vértices extremos). O polígono será regular se tódolos lados teñen a mesma lonxitude e tódolos ángulos internos son iguais, e será irregular noutro caso. Os polígonos teñen o mesmo número de lados que de ángulos (por omisión, ó falar de ángulos dun polígono acostumamos referirnos só ós ángulos internos, referencia asumida na afirmación anterior).
Se n é o número de lados, o número de diagonais dun polígono está dado por
.
Índice |
Etimoloxía[editar]
A verba polígono procede do grego antigo πολύγωνον (polygōnon), de poli (πολύς), "moitos" e gonos (γωνία), "ángulo".
Clasificación dos polígonos[editar]
| Polígonos | ||
|---|---|---|
| Nome | Número de lados |
|
| monógono[1] | 1 | |
| dígono[2] | 2 | |
| triángulo | 3 | |
| cuadrilátero | 4 | |
| pentágono | 5 | |
| hexágono | 6 | |
| heptágono | 7 | |
| octógono | 8 | |
| eneágono | 9 | |
| decágono | 10 | |
| endecágono | 11 | |
| dodecágono | 12 | |
| tridecágono | 13 | |
| tetradecágono | 14 | |
| pentadecágono | 15 | |
| hexadecágono | 16 | |
| heptadecágono | 17 | |
| octodecágono | 18 | |
| eneadecágono | 19 | |
| icoságono | 20 | |
| triacontágono | 30 | |
| tetracontágono | 40 | |
| pentacontágono | 50 | |
| hexacontágono | 60 | |
| heptacontágono | 70 | |
| octacontágono | 80 | |
| eneacontágono | 90 | |
| hectágono | 100 | |
| chiliágono | 1.000 | |
| miriágono | 10.000 | |
| megágono | 1.000.000 | |
Os polígonos clasifícanse polo número dos seus lados como se ve na táboa da dereita.
Pola forma do seu contorno debúllase a seguinte clasificación:
|
- simple, si dúas das súas arestas non consecutivas non se curtan,
- complexo, se dúas das súas arestas non consecutivas se curtan;
- convexo, si ao atravesalo unha recta cúrtao nun máximo de dous puntos,
- cóncavo, se ao atravesalo unha recta pode curtalo en máis de dous puntos;
- regular, se ten os seus ángulos e os seus lados iguais,
- irregular, se ten os seus ángulos e lados desiguais;
- equilátero, o que ten todos os seus lados iguais,
- equiángulo, o que ten todos os seus ángulos iguais.
- rectilíneo, se todos os seus lados son segmentos rectos,
- curvilíneo, se polo menos un dos seus lados é un segmento curvo.
Polígonos regulares[editar]
Os polígonos que teñen tódolos seus lados coa mesma lonxitude e todos os seus ángulos iguales chámanse polígonos regulares. A área dun polígono regular pode ser calculada da seguinte forma:
Supoñendo que:
A = Área
n = número de lados
l = lonxitude dun dos lados
a = apotema
Cúmprense as seguintes relacións:
Nomes dos polígonos regulares[editar]
|
|||||
Polígonos irregulares[editar]
Os polígonos irregulares son aqueles que non teñen tódolos lados e ángulos iguais. O cálculo da área dun polígono irregular pódese facer dividíndoo en polígonos menores (habitualmente triángulos), sendo a superficie total a suma das áreas de todos eles. Se o polígono é regular, este cálculo é
, sendo p o seu perímetro (igual ó número de lados pola lonxitude dun deles) e a o apotema.



