Río Rato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°01′45.2″N 7°33′36.9″O / 43.029222, -7.560250

Rato
Paseo do Rato.
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaGalicia Galicia
NacementoZona húmida das Gándaras, Lugo
Altitude455 m
Lonxitude8,5 km
DesembocaduraRío Miño
Altitude desembocadura361 m
Cadea fluvialRío Rato,
Río Miño
Conca do río Miño no territorio galego

O río Rato é un afluente do Miño que discorre polas aforas da cidade de Lugo.

Curso[editar | editar a fonte]

Nace nas pozas das Gándaras[1]. Tras recibir o río Fervedoira pola súa marxe esquerda pasa a denominarse tamén como río da Chanca. Tres quilómetros máis abaixo recibe, tamén pola marxe esquerda, as augas do rego de Samai en forma de fervenza. Desemboca no Miño pola marxe esquerda, no caneiro da Tolda, ó pé da cidade de Lugo.[2]

O curso do río ten unha lonxitude de 8,5 km, se ben os primeiros 1.500 m non teñen caudal regular. Está canalizado a partir do colector hidráulico de San Lourenzo, entre os barrios de Albeiros e A Croa.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El humedal de As Gándaras, un diamante virgen". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-01-22. Consultado o 2021-05-13. 
  2. "Ficha no catálogo da Xunta" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de setembro de 2019. Consultado o 13 de xuño de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]