Coello
| Coello | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Oryctolagus cuniculus | ||||||||||||
O coello (Oryctolagus cuniculus) é un mamífero lagomorfo, da familia dos Lepóridos, que existe en estado salvaxe, habendo tamén moitas subespecies domesticadas en case todo o planeta. Útil ás persoas pola súa carne, usada como alimento, e pola pel, usada para confeccionar vestiario. Crese popularmente que a pata de coello é un amuleto de boa sorte. Hoxe en día é tamén frecuente criar coellos como animais de compañía.
Os coellos distínguense das lebres por seren altriciais [1]
O tamaño dos coellos é variábel. Como todos os lagomorfos, posúen catro incisivos na mandíbula superior e dous na inferior que medran continuamente durante a súa vida. Nisto diferéncianse dos roedores, que posúen dous incisivos tanto na superior como na inferior. Os coellos teñen orellas longas, patas posteriores grandes e colas pequenas e suaves. Desprázanse saltando, para o que utilizan as súas poderosas patas posteriores. Para facilitar o movemento rápido estas se achan revestidas dunha cuberta grosa de pel que amortece o impacto dos pulos rápidos. Dependendo da especie poden atinxir unha velocidade de 15-20 m/s. Os coellos novos (cazapos, cazapellos ou láparos) parecen "camiñar" en vez de saltar.
Os coellos escavan redes de túneles, ou tobos ou coelleiras, nas que permanecen a maior parte do tempo.
Índice |
O coello na cultura [editar]
O coello é un animal presente na cultura popular como símbolo de fertilidade e asociado tamén á Pascua. Polo seu carácter de animal de presa parece que se presta como símbolo da inocencia e do ser que non desexa mal para outros. Ademais, utilízase con frecuencia como símbolo de sexualidade, baseada precisamente na imaxe de inocencia xunto coa súa reputación como enxendrador (como o logotipo da revista Playboy).
Tamén é un arquetipo popular do trampulleiro, que utiliza o seu enxeño para vencer os seus inimigos, como aparece nas fábulas centroeuropeas e no personaxe de Bugs Bunny. Ademais deste último, teñen aparecido moitos outros coellos antropomórficos na literatura, como o Coello Branco das aventuras de Alicia no país das marabillas de Lewis Carroll e nas novelas de Beatrix Potter.
Un dos doce animais do Zodíaco chinés é un coello.
Disque as patas de coellos traen sorte, polo que se levan como amuleto.
Na tradición xaponesa, os coellos viven na Lúa, onde fan mochi, un petisco a base de arroz. Esta idea parte da interpretación visual dos mares da lúa como un coello de pé nas puntas dos pés mirando cara a esquerda e traballando cunha manteigueira.
O coello na cultura popular galega [editar]
- Artigo principal: O coello na cultura popular galega.
En Cambados, para cura-la decipla (erisipela), untan a parte enferma con sangue de coello. Tamén se cre que se unha muller embarazada come carne de lebre ou de coello, o meniño durmirá despois cos ollos abertos.
- Cada coello no seu tobo arránxase de calquera modo.
- ¡Inda o demo ten cara de coello!
- Labrego cazador, coellos na cociña e fame no comedor.
- O coello, por san Xoán, e a perdís por Navidá.
- Ó abade vello, polos e coello.
- Ó coello fuxido, consello vido.
- Se os coellos morreran con palabras, cantos matabas.
Notas [editar]
- ↑ Chámanse altriciais ás crías que nacen cegas, practicamente sen pelo e cunha mobilidade moi limitada, necesitando un largo proceso de aprendizaxe. Cando as crías nacen xa desenvolvidas se denominan precociais.