Epigrafía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ESTA IGL(e)
(s)IA EDIFICOU ET SA
GROU DO(n) F(rei) BERIGEL
ARCIB(is)PO D(e) S(an)TIAGO EN XXVIII
DIAS D(e) IAN(e)RO ERA M CCC ET XV ET F
OI P(ro)C(ur)ADOR P(ero) BOCHO(n) DESTA OBRA

A epigrafía (do Grego, επιγραφή, "escrito enriba") é o estudo das inscricións gravadas en pedra ou outros materiais permanentes como o metal, a ciencia de clasificalas no seu contexto cultural e data, explicándoas e vendo que conclusións se poden extraer delas. O estudo dos manuscritos antigos, normalmente escritos con tinta, é un campo de estudo distinto: a paleografía.

Características[editar | editar a fonte]

O tipo de escrita, o suxeito da epigrafía, é un asunto moi distinto do da natureza do texto, que se estuda en si mesmo. Os textos están normalmente escritos en pedra para exposición pública (ou á vista dos deuses, como na inscrición persa de Behistún), e así son esencialmente distintos dos textos escritos de cada cultura. Porén, non todos os textos inscritos son públicos: na cultura micénica os textos en Lineal B descifrados revelaron seren basicamente contas dos templos ou tributos aos deuses. Os textos inscritos informais son os "graffiti" no seu senso orixinal.

A miúdo nunha cultura só restan os textos epigráficos. Un caso típico é o da Civilización Maia da América Central precolombina, onde os códices escritos nesta lingua foron apañados e queimados no século XVI. A maior parte da documentación epigráfica que nos queda desta civilización son os seus monumentais glifos. Epigrafistas especializados descifraron as inscricións maias no século XX, entre eles J. Eric S. Thompson, Tatiana Proskouriakoff, Yuri Knorozov, Linda Schele, e David Stewart.

A epigrafía é unha ferramenta primaria da arqueoloxía cando se estudan sociedades letradas. É unha das ciencias auxiliares da Historia.

A ciencia da epigrafía vénse desenvolvendo desde o século XVI. Os principios da epigrafía varían dunha cultura a outra. En Europa os estudos enfocáronse nun principio ao estudo das inscricións romanas. Contribucións individuais importantes foron feitas por epigrafistas como Georg Fabricius (1516-1571); August Wilhelm Zumpt (1815-1877); Theodor Mommsen (1817-1903); Emil Hübner (1834-1901); Franz Cumont (1868-1947).

O Corpus Inscriptionum Latinarum, comezado por Mommsen e outros estudosos, vén sendo publicado en Berlín desde 1863, coas interrupcións debidas á guerra. É a colección de inscricións latinas máis extensa e ampla. Aínda se están a publicar novos fascículos, pois seguen a ser descubertas novas inscricións. O Corpus está organizado xeograficamente: todas as inscricións de Roma concéntranse, por exemplo, no volume VI. Os especialistas dependen destas coleccións nas que se van publicando as inscricións recentemente descubertas ou relecturas ou reinterpretacións doutras xa coñecidas e publicadas con anterioridade.

A epigrafía grega caeu nas mans dun equipo diferente, con diferentes corpora. Hai dous: O primeiro é o Corpus Inscriptionum Graecarum do que se publicaron catro volumes, tamén en Berlín, entre o 1825 e o 1877. Isto marcou un primeiro paso para unha publicación completa das inscricións gregas tomadas de todas as partes do mundo grego. O segundo corpus moderno é Inscriptiones Graecae disposto xeograficamente por categorías: decretos, catálogos, inscricións honoríficas, funerais, varia, ... todo presentado en latín, para preservar a neutralidade internacional do campo das clásicas.

Outros estudos sobre a produción de textos inclúe:

Inscricións célebres[editar | editar a fonte]

Asia[editar | editar a fonte]

Europa[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Epigrafía

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]