Muras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Muras
Escudo de Muras
Situación
Situacion Muras.PNG
Xentilicio[1]: Muresán (non oficial)
Xeografía
Provincia: Provincia de Lugo
Comarca: Terra Chá
Poboación: 830 hab. (2009)
Área: 163,8 km²
Densidade: 5,25 hab./km²
Entidades de poboación: 8 parroquias
Capital do concello: Muras
Política (2011)
Alcalde: Issam Alnagm Azzam (PPdeG)
Concelleiros: BNG: 1
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 2
Outros: -
Eleccións municipais en Muras
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 99,90 %
Sitio web oficial

Muras é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2009 tiña 830 habitantes (926 no 2006, 941 no 2005, 978 no 2004, 1.020 no 2003).

Evolución da poboación de Muras - desde 1900 ata 2009 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009
 3.272  3.085  3.129  2.228  978  926
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Censo Total 830
Menores de 15 anos 41 (4.94 %)
Entre 15 e 64 anos 467 (56.26 %)
Maiores de 65 anos 322 (38.79 %)

Índice

[editar] Xeografía

O concello ten 164 km², e abrangue 8 parroquias. Limita ao norte con Ourol, ao sur con Vilalba e Xermade, ao leste co Valadouro e Abadín e ao oeste coas Pontes de García Rodríguez (provincia da Coruña). Atópase a menos dunha hora dos núcleos urbanos próximos coma Ferrol, A Coruña ou Lugo.

[editar] Historia

Na zona consérvanse restos de asentamentos prehistóricos. A documentación máis antiga data do século XII, mencionando o castelo de Muras, propiedade dos condes de Lemos.

O municipio constituíuse como tal en 1835, estando integrado até 1965 no partido xudicial de Viveiro. Até 1988 pertenceu ao de Mondoñedo, e na actualidade está integrado ao de Vilalba.

[editar] Patrimonio

A igrexa de San Pedro de Muras ten tres naves con planta de cruz latina enmarcada en un rectángulo. A torre do campanario, de estilo barroco e construída en 1846, non está integrada no conxunto.

A torre de Silán e o pazo conservan portas e fiestras de estilo gótico. O recinto feiral de Viveiró atópase abandonado.

[editar] Economía

A economía do municipio depende en gran parte dos sectores agrícola e industrial, destacando a as empresas Plásticos Ferro SL, Hypor España G P SA, Técnica de Envases Pesqueros TEP SA, ER2 envasado con retorno y reutilización SA, e Trans Gra-Mur SL.

Un sector de recente implantación nesta zona é o da produción de enerxía eólica, con importantes inversións das empresas Iberdrola, Acciona, Ecyr e Norvento, que supón o aproveitamento do potencial que ten Muras na actividade das enerxías renovables.

Tamén son importantes os ingresos económicos procedentes do emprego ofertado polos concellos limítrofes: a industria das Pontes, e os servizos de Vilalba e Viveiro.

[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Muras.

[editar] Lugares de Muras

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Muras vexa: Lugares de Muras.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Muras

Ambosores (Santa María) | A Balsa (Santa María) | O Burgo (Santa María) | Irixoa (San Xillao) | Muras (San Pedro) | Silán (Santo Estevo) | O Sisto (Santa María) | O Viveiró (Santa María)


[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas