Aeródromo de Rozas
| Aeródromo de Rozas | |||
|---|---|---|---|
| IATA: none – ICAO: LERO | |||
| Sumario | |||
| Cidade/Illa | Lugo | ||
| Ubicación | Rozas, Castro de Rei | ||
| Elevación (msnm) | 1453 pés / 443 metros | ||
| Coordenadas | 43°07′01″N 07°28′13″W / 43.11694°N 7.47028°WCoordenadas: 43°07′01″N 07°28′13″W / 43.11694°N 7.47028°W | ||
| Pista(s) | |||
| Dirección | Longo | Superficie | |
| pés | metros | ||
| 04/22 | 3937 | 1200 | asfalto |
O Aeródromo de Rozas é un aeródromo situado no lugar de Rozas, na parroquia de Triabá en Castro de Rei, a oito quilómetros[1] do centro da cidade de Lugo. Foi inaugurado o 4 de xuño de 1943, sendo o aeroporto central de Galicia, e actualmente non ten uso comercial. No aeródromo celébrase anualmente a "A Volta Aérea a Galicia".
Índice |
Historia [editar]
Foi construído pola Luftwaffe alemá durante a II Guerra Mundial[2] con motivo de proporcionar un mantenimiento rápido ás antenas do Radiofaro do sistema Consol de Arneiro. O aeródromo estaba constituído por tres hangares de considerables dimensións, que ademais dispoñían de barracóns auxiliares.
Unha vez finalizada a contenda, o Aeródromo de Rozas foi recoñecido como un lugar excepcional para a creación un aeroporto de maiores dimensións, e chegou a ser base aérea durante algún tempo no que había unha guarnición considerable até que, no ano 1953, decídese desmantelalo. O primeiro hangar desmóntase e é trasladado a Palma de Mallorca en 1958, e outro deles á base aérea de Cuatro Vientos (Madrid) en 1959, o mesmo pretendían co terceiro e último pero, ante esta crítica situación constituíuse de maneira urxente e da man do por aquel entón alcalde de Lugo Ramiro Rueda Fernández, o "Real Aero Club de Lugo", co fin de evitar a desaparición total das instalacións.
Durante os anos 2008 e 2009 fixéronse importantes investimentos no Aeródromo de Rozas por parte da Cámara de Comercio de Lugo,[3] como o peche perimetral da pista e a reforma da terminal pretendendo converter a Rozas nun aeroporto de carga que tamén dispoña de voos a Madrid e a Barcelona. A pista do aeródromo é de 1200x45m, pista de tamaño semellante ás que dispoñen aeroportos como o de Sligo (Irlanda) ou o de Santos Dumont (Brasil), suficiente para avións de até 50-70 prazas turbohélices.
Curiosidades [editar]
- No ano 1949 o aeródromo de Rozas, foi o aeroporto central de Galicia, esta situación mantívose durante dous anos, mentres levaba a cabo a construción do aeroporto de Santiago de Compostela.
- A Compañía Iberia, usou esta pista durante dous anos.[2]
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||||||||||||||||||||||