Liga ACB
| Fundación | 1957 (Liga Nacional) |
|---|---|
| Rexión | (FIBA Europa) |
| Equipos | 18 |
| Actual campión | F.C. Barcelona (17) |
| Máis laureado | Real Madrid (30 títulos) |
| Emisión en TV | TVG (en galego) TVE, FORTA |
| Organizador | ACB |
| Sitio web | www.acb.com |
A Liga ACB ou Asociación de Clubs de Baloncesto, a miúdo abreviado como ACB, coñecida como Liga Endesa por motivos de patrocinio, é a principal liga de baloncesto profesional de España. Foi fundada en 1957 co nome de "Liga Nacional", cambiando o seu nome ao actual en 1983. A liga está clasificada como unha das tres ligas locais de nivel "A" polo ranking da Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB), xunto coa Lega italiana e a HEBA grega.
A Liga ACB está considerada como unha das mellores ligas de baloncesto profesional de Europa e mesmo do mundo enteiro. A competición, que se xoga baixo as normas da FIBA, está composta actualmente por 18 equipos, dos cales os oito primeiros ao finalizar a tempada se clasifican para xogar os playoffs polo título e os dous últimos descenden automaticamente á Liga LEB.
Índice |
Historia [editar]
Liga Española de Baloncesto [editar]
- Artigo principal: Liga Española de Baloncesto (1957-1983).
A Primeira División da "Liga Española da EBA", disputada entre 1957 e 1983, foi unha "liga" no sentido estrito da palabra. Non había play-off. Todos os participantes (cuxo número foi aumentando cos anos) enfrontábanse entre si de acordo ao calendario establecido por un sorteo a principio de tempada. Cando todos os equipos enfrontáronse ao resto, iniciábase a "segunda volta". Os equipos volvíanse a enfrontar entre eles, seguindo o mesmo orde do calendario, pero alterando o campo no que xogaban. Desta maneira, todos os equipos enfrontábanse contra todos dúas veces, e unha vez en cada campo.
A vitoria valía dous puntos e o empate un punto (naquel tempo o regulamento do baloncesto contemplaba o empate a puntos). Ao finalizar a "segunda volta" concluía a liga e o primeiro clasificado, o equipo que máis puntos sumara, era proclamado campión, e gañaba a posibilidade de participar na Copa de Europa de Baloncesto, organizada pola FIBA. Os equipos clasificados en segundo, terceiro e cuarto lugar eran convidados a disputar a Copa Korac, agás se algún deles gañara a Copa do Rei de Baloncesto, nese caso era convidado a disputar a Recopa de Europa de Baloncesto. O tres últimos clasificados descendían á "Primeira División B" da liga e deixaban a súa praza ao tres primeiros clasificados desta, que ascendían de categoría.
Durante as 27 tempadas que se disputou a liga, o Real Madrid foi o dominador absoluto da competición, gañando 22 das 27 edicións. Tan só en cinco ocasiones foi destronado, e sempre por equipos cataláns: o FC Barcelona en tres ocasiones, e o Joventut Badalona en dous.
Liga da Asociación de Clubs de Baloncesto [editar]
- Véxase tamén: Asociación de Clubs de Baloncesto.
Foi creada en 1983 como máxima competición nacional, substituíndo á Liga Española de Baloncesto disputada ata entón, e organizada pola Federación Española de Baloncesto. Está formada por 18 equipos que xogan unha liga na que cada equipo enfróntase dúas veces a tódolos demais (partido de ida e partido de volta), á que se denomina liga regular. Os sete equipos que lideran a clasificación trala primeira volta, máis un equipo anfitrión da cidade onde se celebre, enfróntanse na Copa do Rei de Baloncesto que se disputa en partidos únicos eliminatorios (cuartos de final, semifinais e final) nunha mesma sé todos eles, disputando o torneo nun único fin de semana entre os mellores equipos, o que lle da espectacularidade e emoción a esta competición.
Ao final da tempada regular da liga, os 8 equipos que máis partidos gañen enfróntanse no Play Off, isto é, emparéllanse eses oito equipos de acordo coa súa clasificación na liga regular, e disputan eliminatorias ao mellor de 5 partidos. Os primeiros clasificados teñen vantaxe de campo e os emparellamentos fanse favorecendo a clasificación da tempada regular, é dicir, o primeiro xoga co oitavo, o segundo co sétimo, o terceiro co sexto e o cuarto co quinto. O gañador da final destas eliminatorias é proclamado campión da ACB.
O gran dominador da Liga ACB desde a súa fundación, en 1983, foi o Barcelona, que gañou 13 das 28 edicións celebradas. Desde a creación da mesma, só cinco equipos disputaron tódalas edicións: Barcelona, Real Madrid, Joventut, Estudiantes e Baskonia. En 1991 a ACB foi unha das asociacións impulsoras e fundadoras da ULEB, a Asociación de Ligas Europeas de Baloncesto, que deu lugar á creación da Euroliga e a Copa ULEB, competicións independentes da FIBA. O presidente da ACB é o catalán Eduardo Portela que, á súa vez, preside a ULEB desde 1998.
Sistema de competición [editar]
| Posto | Clasificación |
| 1º | Play-off polo título de liga |
| 2º | |
| 3º | |
| 4º | |
| 5º | |
| 6º | |
| 7º | |
| 8º | |
| 9º-16º | |
| 17º | Descenso á Liga LEB Ouro |
| 18º |
A Liga ACB está formada por 18 equipos que compiten nunha primeira fase ou fase regular nunha Liga na que cada un enfróntase dúas veces a todos os demais (unha vez como local e outra como visitante).
Ao finalizar a primeira volta os oito primeiros clasificados disputan a Copa do Rei. Pódese dar o caso que o oitavo clasificado non a dispute xa que unha das prazas é para un equipo ACB anfitrión da cidade que organiza o torneo. Dispútase a partido único (sete encontros: cuartos de final, semifinais e final) nunha mesma sede.
Ao final da fase regular, os oito primeiros clasificados enfróntanse nos play-offs, isto é, emparéllanse eses oito equipos de acordo coa súa clasificación na fase regular e disputan unhas eliminatorias ao mellor de tres partidos (cinco na final). Os primeiros clasificados teñen vantaxe de campo e os emparellamentos fanse favorecendo a clasificación previa, é dicir o primeiro xoga co oitavo, o segundo co sétimo, o terceiro co sexto, e o cuarto co quinto. O gañador da final destas eliminatorias é proclamado campión da Liga ACB.
Os dous últimos clasificados descenden directamente á Liga LEB.
Participantes 2012-2013 [editar]
Participantes 1957-2011 [editar]
Historial [editar]
Liga ACB [editar]
Liga Nacional [editar]
Táboa histórica da ACB [editar]
- Táboa histórica de resultados da Liga ACB dende a creación da Asociación de Clubs de Baloncesto
| Equipo | 2012 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 | 87 | 86 | 85 | 84 | Anos | Vitorias | Títulos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 1 | 1 | 2 | 3 | 4 | 3 | 3 | 2 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 5 | 2 | 1 | 1 | 2 | 3 | 6 | 2 | 1 | 1 | 1 | 1 | 2 | 2 | 2 | 29 | 927 | 14 | |
| 2 | 2 | 3 | 4 | 1 | 2 | 6 | 2 | 5 | 10 | 3 | 2 | 2 | 2 | 2 | 1 | 2 | 4 | 1 | 1 | 4 | 4 | 2 | 2 | 2 | 4 | 1 | 1 | 1 | 29 | 856 | 8 | |
| 3 | 4 | 2 | 1 | 4 | 1 | 2 | 1 | 1 | 6 | 4 | 3 | 5 | 4 | 1 | 5 | 8 | 3 | 10 | 9 | 7 | 5 | 7 | 7 | 11 | 11 | 9 | 8 | 8 | 29 | 716 | 3 | |
| 11 | 13 | 11 | 5 | 2 | 3 | 4 | 7 | 8 | 7 | 9 | 14 | 11 | 10 | 4 | 4 | 13 | 14 | 4 | 2 | 1 | 1 | 3 | 3 | 4 | 2 | 3 | 3 | 5 | 29 | 665 | 2 | |
| 17 | 12 | 7 | 13 | 14 | 9 | 8 | 6 | 4 | 4 | 6 | 6 | 3 | 5 | 3 | 3 | 4 | 7 | 6 | 4 | 5 | 3 | 5 | 11 | 5 | 5 | 5 | 9 | 13 | 29 | 610 | - | |
| 9 | 8 | 5 | 3 | 8 | 8 | 1 | 4 | 6 | 3 | 2 | 4 | 8 | 9 | 8 | 7 | 3 | 2 | 12 | 6 | 17 | 13 | 4 | 4 | 16 | 15 | 10 | 27 | 566 | 1 | |||
| 4 | 3 | 4 | 7 | 5 | 7 | 9 | 9 | 3 | 2 | 5 | 5 | 6 | 6 | 7 | 11 | 18 | 9 | 7 | 9 | 12 | 9 | 16 | 23 | 461 | - | |||||||
| 18 | 9 | 13 | 17 | 16 | 14 | 12 | 11 | 16 | 10 | 8 | 12 | 13 | 9 | 15 | 16 | 11 | 17 | 18 | 8 | 7 | 6 | 17 | 7 | 13 | 11 | 5 | 12 | 28 | 406 | - | ||
| 7 | 11 | 6 | 14 | 10 | 13 | 11 | 10 | 12 | 12 | 12 | 12 | 4 | 3 | 13 | 9 | 7 | 10 | 10 | 5 | 16 | 15 | 15 | 23 | 393 | - | |||||||
| 12 | 15 | 12 | 10 | 11 | 17 | 13 | 9 | 13 | 17 | 11 | 6 | 8 | 6 | 6 | 3 | 13 | 15 | 18 | 24 | 23 | 13 | 9 | 10 | 16 | 25 | 391 | 1 | |||||
| 14 | 5 | 8 | 6 | 9 | 6 | 5 | 8 | 7 | 5 | 16 | 13 | 7 | 14 | 10 | 12 | 14 | 21 | 20 | 18 | 14 | 21 | 338 | - | |||||||||
| 7 | 5 | 7 | 16 | 13 | 15 | 11 | 9 | 10 | 8 | 12 | 14 | 11 | 17 | 19 | 16 | 13 | 8 | 18 | 21 | 20 | 314 | - |
- A táboa está composta polos 12 equipos que disputaron polo menos 20 edicións da liga ACB, e que acadaron polo menos 300 vitorias. En cor vermello, o campión de cada edición. O número indica a posición final de cada equipo ó remate da tempada regular. En cor verde, as cifras récord.
Palmarés [editar]
| Pos. | Equipo | Campión | Subcampión |
|---|---|---|---|
| 1 | Real Madrid | 30 | 10 |
| 2 | FC Barcelona | 17 | 17 |
| 3 | Joventut de Badalona | 4 | 10 |
| 4 | Saski Baskonia | 3 | 4 |
| 5 | CB Málaga | 1 | 2 |
| 6 | Bàsquet Manresa | 1 | 0 |
| 7 | CB Estudiantes | 0 | 4 |
| Picadero JC | 0 | 4 | |
| 9 | CB Sevilla | 0 | 2 |
| 10 | BC Sabadell | 0 | 1 |
| Valencia BC | 0 | 1 | |
| CB Bilbao Berri | 0 | 1 |
Récords da ACB [editar]
Xogadores [editar]
- Títulos: Ferran Martínez e Juan Carlos Navarro, 7.
- Finais disputadas: Ferran Martínez, 9.
- Partidos: Rafael Jofresa, 758.
- Minutos: Joan Creus, 20.217 minutos en 585 partidos.
- Puntos: Alberto Herreros, 9.757 puntos en 655 partidos.
- Rebotes: Granger Hall, 4.277 rebotes en 433 partidos.
- Asistencias: Pablo Laso, 2.901 asistencias en 623 partidos.
- Triplas: Alberto Herreros, 1.233 triples en 655 partidos.
- Tapóns: Fernando Romay, 677 tapóns en 415 partidos.
- Balóns recuperados: Pablo Laso, 1.212 recuperación en 623 partidos.
Adestradores [editar]
- Títulos: Aíto García Reneses, 9 títulos ACB.
- Tempadas: Manel Comas, 21 tempadas.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Foro de Basquet
- ACB.COM, páxina oficial da ACB (en castelán)
|
||||||||||