Polbo á feira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pota de polbo á feira.
Polbo á feira acompañado de pan e viño.

O polbo á feira é un prato típico de Galiza e básico na súa gastronomía consistente en polbo fervido enteiro e servido con sal, aceite de oliva e pemento. O seu nome provén de que era unha comida tradicional nas feiras e romarías, nas que se serve en pratos de madeira (máis doados de transportar), aínda que agora van desaparecer por motivos de hixiene.

Era un prato moi común nunha época en que os transportes eran moi lentos e o peixe fresco só estaba dispoñíbel preto da costa, porén o polbo seco (como o bacallau ou o congro) chegaba a todas partes.

Receita[editar | editar a fonte]

Ingredientes[editar | editar a fonte]

Instrucións[editar | editar a fonte]

Polbeiras de Ribadavia.
  • Hai que mazar o polbo para que non estea duro, aínda que hoxe en día simplemente se conxela.
  • Unha vez mazado ou desconxelado, ponse a ferver auga abundante nunha pota de cobre. Cando estea fervendo, cóllese o polbo pola cabeza e mergúllase unhas can­tas veces na auga (meténdoo e sacándoo) para que non solte a pel.
  • Déixase cocer de 40 a 50 minutos, dependendo do tamaño do polbo.
  • Unha vez coci­do, escórrese e córtase cunhas tesoiras en anacos de 1 cm. de groso.
  • Sérvese nun prato de madeira aliñado con sal groso, aceite e pementón.
  • Dependendo do forte que o quei­ramos, engádese o pementón picante, doce ou mesturado.

O tradicional é comelo con escarvadentes. Acompáñase, ás veces, de patacas cocidas que se se cocen na propia auga do polbo adquiren unha coloración rosada.

A preparación do polbo nas feiras e romaxes facíana mulleres que se chamaban "polbeiras"[1]. Tamén se chaman "polbeiras" os locais especializados neste prato que se atopan nas vilas e cidades[1].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes sobre o polbo en Galicia

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Galilibros
O Galilibros ten un manual sobre: Polbo á feira