Diego López Rodríguez
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Diego López Rodríguez | ||
| Nacemento | 3 de novembro de 1981 (30 anos) | ||
| Lugar | Paradela, Galicia | ||
| Altura | 1,96 m. | ||
| Posición | Porteiro | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Sevilla | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 1994–1999 | Lugo | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Apps† | (Gls)† |
| 1999–2000 | Lugo | 0 | (0) |
| 2000–2003 | Real Madrid C | 57 | (0) |
| 2001–2002 | → Alcorcón (cedido) | ||
| 2003–2005 | Real Madrid B | 33 | (0) |
| 2005–2007 | Real Madrid | 2 | (0) |
| 2007–2012 | Villarreal | 171 | (0) |
| 2012– | Sevilla | 0 | (0) |
| Selección nacional | |||
| 2005–2008 | Galicia | 4 | (0) |
| 2009– | España | 1 | (0) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 13 de maio de 2012. † Aparicións (Goles) |
|||
Diego López Rodríguez, nado o 3 de novembro de 1981 en Paradela, é un futbolista galego. Xoga de porteiro e o seu equipo é o Sevilla FC.
Índice |
[editar] Traxectoria
Formouse na canteira do Club Deportivo Lugo, entidade á que pertenceu de 1994 ata 2000. Ese ano fichou polo Real Madrid. Durante a tempada 2000/01 foi o gardameta titular do segundo filial branco, o Real Madrid C, en Terceira División.
A seguinte tempada foi cedido á AD Alcorcón de Segunda División B, onde foi suplente. Regresou ao Real Madrid C a campaña 2002-03 e logo pasou dous anos no Real Madrid B. No primeiro apenas dispuxo de minutos, pero a tempada 2004/05 xogou 32 encontro e conseguiu o ascenso a Segunda División. Esa mesma campaña chegou á súa primeira convocatoria co primeiro equipo, pero sen debutar en partido oficial.
Ao ano seguinte deu o salto definitivo ao primeiro equipo e converteuse no segundo gardameta do persoal, por detrás de Iker Casillas. Esa mesma campaña disputou dous encontros en Primeira División. No seu debut na máxima categoría, o 30 de abril de 2006, logrou manter invicta a súa porteria na visita en Pamplona ante o CA Osasuna. Tamén debutou na Liga de Campións da UEFA, ante o Olympiacos FC.
A tempada 2006/07 foi novamente suplente de Casillas. Non tivo minutos no campionato ligueiro, que terminou con vitoria madridista, pero foi titular nos partidos da Copa do Rei.
No verán de 2007 foi fichado polo Villarreal CF por seis millóns de euros, sendo esta a segunda cantidade máis alta que un club pagaba por un canteirán branco, só por detrás dos sete millóns que pagaron o RCD Mallorca por Samuel Eto'o e o Real Betis por Alfonso.[1] Empezou a tempada 2007/08 como suplente de Sebastián Viera, aínda que finalmente logrou desprazalo da titularidade. Ao termo da campaña o Villarreal logrou un histórico subcampionato ligueiro e López foi elixido pola web oficial da UEFA como o porteiro revelación do campionato español.[2]
A tempada 2008/09 consolidouse como gardameta titular do submarino amarelo e converteuse nun dos porteiros máis destacados do fútbol español, feito que lle abriu as portas da selección española.[3] Ademais, é convocado nos encontros que disputa a selección de Galicia.
O 22 de maio de 2012, o Sevilla FC anunciou a fichaxe de Diego López por 3,5 millóns de euros, nun contrato por cinco anos.[4]
[editar] Selección de España
O 20 de marzo de 2009, o seleccionador nacional español, Vicente del Bosque, convocouno por primeira vez para xogar un dobre partido contra Turquía correspondente á clasificación para a Copa Mundial de Sudáfrica 2010.[5] Así mesmo estivo entre os 23 elixidos para disputar a Copa FIFA Confederacións 2009 en Sudáfrica.[6] O 12 de agosto de 2009 debutou coa selección Española fronte a un amigable contra Macedonia, substituíndo a Pepe Reina, gañando España 2-3.
[editar] Palmarés
- Real Madrid
[editar] Notas
- ↑ O Villarreal paga seis millóns de euros por Diego López - Marca.com.
- ↑ A UEFA inclúe a Sisi no once revelación da Liga española. nortecastilla.es.
- ↑ La Gaceta - La Gaceta.
- ↑ "El Sevilla ficha a Diego López, un portero de altura para el nuevo proyecto"
- ↑ Selección.
- ↑ Lista de convocados para a Copa Confederacións
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Nados en Paradela
- Futbolistas galegos
- Gardamallas de fútbol
- Xogadores do CD Lugo
- Xogadores da AD Alcorcón
- Xogadores do Real Madrid C
- Xogadores do Real Madrid Castilla
- Xogadores do Real Madrid CF
- Xogadores do Villarreal CF
- Xogadores do Sevilla FC
- Xogadores da selección de fútbol de Galicia
- Xogadores da selección de fútbol de España