Maruxa Mallo
| Maruxa Mallo | |
|---|---|
Maruxa Mallo en 1966. |
|
| Nome | Ana María Manuela Isabel Josefa Gómez y González[1] |
| Nacemento | 5 de xaneiro de 1902[1] |
| Lugar de nacemento | Viveiro, |
| Morte | 6 de febreiro de 1995 (93 anos) |
| Lugar de morte | Madrid, |
| Nacionalidade | Galega |
| Eido | Pintura |
Maruxa Mallo, tamén citada como Maruja Mallo, era o pseudónimo de Ana María Gómez González, nada en Viveiro o 5 de xaneiro de 1902 e finada en Madrid o 6 de febreiro de 1995, foi unha pintora surrealista galega. [2][3]
Índice |
Traxectoria [editar]
Foi a cuarta filla do matrimonio formado por Justo Gómez Mallo e María del Pilar González, y irmá maior do escultor Cristino Mallo (nado en Tui en 1905). Os dous irmáns utilizaron o segundo apelido do seu pai.
Sendo aínda unha nena a súa familia trasladouse á localidade asturiana de Avilés.
En 1922, con 20 años, trasládase a Madrid para estudar na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando onde estudou ata 1926, como tamén fixo o seu irmán dende 1923. Alí relaciónase con artistas, escritores y cineastas como Salvador Dalí, Federico García Lorca, Margarita Manso, Luis Buñuel, María Zambrano o Rafael Alberti, co que mantén unha relación ata que aquel coñece a María Teresa León. En 1927 toma parte activa na primeira Escuela de Vallecas, unha proposta 'plástico-poética' do escultor Alberto Sánchez Pérez e o pintor Benjamín Palencia.[4]
Durante esa década de 1920 traballa asimismo para numerosas publicacións literarias como La gaceta literaria, El almanaque literario ou a Revista de Occidente e realiza portadas de varios libros. Ortega y Gasset coñece os seus cadros en 1928 e organízalle unha exposición nos salóns da Revista de Occidente. Exhibiu dez óleos que representaban pobos cheos de sol, toureiros e manolas, así como estampas coloreadas de maquinaria, deportes e cine de principios de século. A exposición foi todo un acontecimento cultural en Madrid, e tamén punto de partida para que Maruxa fose xuzgada pola súa obra e non pola súa condición feminina.
Unha bolsa da Junta de Ampliación de Estudios permitiulle ir a París en 1932, onde entrou en contacto co surrealismo (coñece a Max Ernst, René Magritte, Joan Miró Giorgio de Chirico e outros), e participa en tertulias con André Breton e Paul Éluard. Muda a súa concepción sobre a pintura, alí comeza a súa etapa surrealista. A súa pintura cambiou radicalmente e alcanzó a mestría, tanto que o mesmo Breton comproulle en 1932 o cadro titulado Espantapájaros, obra poboada de espectros que hoxe é considerada una de las grandes obras do surrealismo.
Regreso a España [editar]
De regreso a España comprométese coa IIª República, e dá clases de pintura en Arévalo (Ávila) e Madrid. A Guerra Civil cóllea en Galicia, mais logra escapar a Portugal.
Con axuda de Gabriela Mistral, embaixadora de Chile en Lisboa[5], logra viaxar ata América. Acaba por instalarse na Arxentina. A chegada de Perón fai que marche aos Estados Unidos, e instálase en Nova York. Porén en 1965 decide regresar a España, e fixa a súa residencia en Madrid.
Última etapa e pasamento [editar]
En 1979, comeza a súa última etapa pictórica con Los Moradores del vacío. Tiña daquela 77 años, mais aínda conservaba o frescor e a vitalidade que a acompañaran toda a súa vida. Na década dos 90 ofrecéronlle varias exposicións e premios, como a Medalla ao Mérito nas Belas Artes e o Premio de Artes Plásticas de Madrid. Cunha exposición monográfica da súa obra inaugurouse o Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela, en 1993.
Meses despois falece en Madrid aos 93 anos.
Algunhas obras [editar]
- Desnudo surrealista (1927)[6]
- La Verbena (1927)
- La huella (1929)
- Sapos y excrementos (1932) [7]
- Cabeza de mujer(1941)
- Máscaras (1942)[6]
- Naturaleza viva (1943)
- El racimo de uvas (1944)
- Oro (1951)
- Mujer rubia (1951)[6]
- Agol (1969)
- La ola (1969)[6]
- Sin título (1969)[6]
- Geonauta (1975)
- Selvatro (1979)
Recoñecementos [editar]
- Medalla de Ouro ó Mérito nas Belas Artes (1982)
- Medalla de Ouro de Madrid (1990)
- Medalla de Ouro da Xunta de Galicia (1991) [8]
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 El arte de Maruja Mallo y sus obras en el museo de Lugo (en castelán)
- ↑ Entrada "Gómez González, Ana María" na EGU
- ↑ MARUJA MALLO: Obituario.1995.Heraldo de Aragón {es}}
- ↑ VARIOS AUTORES. Catálogo da exposición Forma, palabra y materia en la poética de Vallecas. Deputación de Alacant (Alacant, 2011).ISBN 978-84-96979-82-6.
- ↑ Biografía de Maruxa Mallo en culturagalega.org
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Ficha do cadro na web da Colección de novacaixagalicia
- ↑ Ficha do cadro na web España es cultura (en castelán)
- ↑ Páxina de Maruxa Mallo na web España es cultura (en castelán)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- A galeguidade de Maruxa Mallo (en castelán)
- Análise da figura de Mallo no suplemento cultural Nós, de Xornal de Galicia
- Lucila Yáñez Anlló: "El arte de Maruja Mallo y sus obras en el Museo de Lugo", en Boletín do Museo Provincial de Lugo, nº VII (1) (1995/96).
- Ficha da autora e obras na colección Novacaixagalicia
- Documental Maruja Mallo. Mitad ángel, mitad marisco dirixido por Antón Reixa e con guión de Antón Patiño (en castelán)