Pazo dos Deportes
Coordenadas: 42°59′25.64″N 7°32′40.95″W / 42.9904556°N 7.5447083°W
| Datos | |
|---|---|
| Localización | Lugo, Galicia |
| Inauguración | 12 de setembro de 1992 |
| Capacidade | 7.500 espectadores (6.500) |
| Localía | Club Baloncesto Breogán Club Deportivo Ensino |
| Outros nomes | Pazo Universitario |
| Eventos | |
O Pazo Provincial dos Deportes de Lugo é un pavillón polideportivo situado na cidade de Lugo,[1] no barrio de Acea de Olga, con capacidade para 7.500 espectadores (6.500 espectadores sentados segundo a última normativa). Foi inaugurado o 12 de setembro de 1992.
Índice |
Historia [editar]
O Pazo dos Deportes foi inaugurado o 13 de setembro de 1992 co torneo Xacobeo, no que participaron, a parte do equipo lucense, o Elosúa León, o Maccabi Tel Aviv e o Real Madrid. Na primeira semifinal que enfrontou ao Breogán de Velimir Perasović ao Real MAdrid, o madrileños conseguiron a vitoria. No partido polo terceiro e cuarto posto o Breogán vencería por un puntos aos macabeos.
Instalacións [editar]
Adicado principalmente ao baloncesto, xa que nel xogan o Club Baloncesto Breogán e o Club Deportivo Ensino, tamén dispón de canchas de squash, ximnasio e pistas polideportivas anexas. Tamén ten acollido encontros da Primeira División da LNFS do Prone Lugo e do Barcel Euro, ademais de encontros internacionais de baloncesto de tódalas categorías.
O Pazo atópase situado no campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, motivo pola cal é ás veces chamado "Pazo Universitario" ou "Universitario" simplemente. Conta nos arredores cunha piscina cuberta e unhas pistas de atletismo. O aparcadoiro do recinto é tamén utilizado ás veces para a celebración de concertos ou outras actividades.
Galería [editar]
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
- Lista dos pavillóns de Galicia de maior capacidade
- Lugo
- Club Baloncesto Breogán
- Pavillón dos Deportes de Lugo