Pol
Coordenadas: 43°21′49″N 7°28′30″W / 43.36361°N 7.475°W
| Pol | |
|---|---|
| Casa do concello. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | Polense |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Lugo |
| Comarca | Comarca de Meira |
| Poboación | 1794 hab. (2012) |
| Área | 125,9 km² |
| Densidade | 14,25 hab./km² |
| Entidades de poboación | 111 |
| Capital do concello | Mosteiro |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Lino Rodríguez Ónega (PSdeG-PSOE) |
| Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 2 PSdeG-PSOE: 6 Outros: - |
| Eleccións municipais en Pol | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 99,50% |
| Páxina web oficial | |
| http://www.concellodepol.es | |
Pol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Meira. Segundo o IGE en 2012 tiña 1.794 habitantes (En 2009 tiña 1.865, 1.913 en 2007).
Índice |
Xeografía [editar]
O concello esténdese no pedemonte das estribacións da Serra de Meira polo nordeste e da Serra do Mirador polo sueste. Mosteiro, con 205 habitantes, é a capital desde 1970. A estrada LU-640 (de Lugo á Veiga) pasa polo norte.
As maiores altitudes están no leste (Pena Grande, 935m, Montes da Ferradura, 809 m e Penedo do Pao, 827 m). Nos límites con Castro de Rei a altitude apenas supera os 400 m e os outeiros intermedios non superan os 650 m Deles parten numerosos regatos e ríos.
Os principais cursos fluviais son, na bacía do río Miño, o río Azumara e o seu afluente o río Pol polo centro e o río Lea polo suroeste e, cara a vertente cantábrica, o río Lúa, que é afluente do Eo.
Abundan os bosques grandes, como os de Milleirós, con moitos carballos
O clima é oceánico continental, con precipitacións en volta dos 1.000 mm anuais e temperaturas medias anuais baixas. A media no inverno non supera os 6,7 ºC; no verán a temperatura é suave (16 ºC); 136 días ao ano hai xeada.
Poboación [editar]
A distribución por tramos de idade da poboación de Pol queda do seguinte xeito:
| Censo Total (Habitantes) | 1.794 |
| Menores de 15 anos | 132 (7,36 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 1.020 (56,85 %) |
| Maiores de 65 anos | 642 (35,78 %) |
Historia [editar]
A poboación pre-histórica debeu de ser importante, en razón da abundancia de mámoas e castros. Por Pol pasou unha vía romana que procedía de Astúrica Augusta e se bifurcaba en Valonga cara Ribadeo e Viveiro. No Museo Provincial de Lugo consérvase unha ara votiva dedicada aos deuses viais. Outros restos romanos son o mosaico da Vila romana de Doncide, en Silva, e a tessera dos zoelas, inscrición na que se recolle un pacto de amizade entre os triadivos e os desoncos, realizado en presenza no maxistrado Abieno, no ano 27 a.C..
Da Idade Media fican sepulturas antropomórficas en Lúa e sartegos en Ermude. Sábese da existencia de mosteiros en Arcos, Mosteiro e Silva (este último estaba baixo a protección do papa Hadrián IV en 1156). Cando o Císter se instalou en Meira, estes mosteiros desapareceron.
O documento máis antigo que se conserva referido a este concello é de 1222, o testamento dun soldado chamado Froila García, que deixa as súas terras de Pol ao bispado de Lugo. No mesmo século XIII o rei Afonso X o Sabio concedeu unha carta póboa aos habitantes de Luaces, que se asentaron en Valonga. As terras de Luaces, que pertenceran á casa de Lemos, pasaron en 1514 aos Altamira, ao compralas Álvaro Osorio de Moscoso para o seu sobriño, o IV Conde de Altamira.
No século XVIII os Losada eran señores en Pol, que se dividía daquela nas xurisdicións de Luaces, Meira e Lea. Coa creación dos primeiros concellos créanse dous, Luaces e Lea, pero en 1835 créase o actual de Pol, co mesmo territorio a excepción de Lúa.
Galería de imaxes [editar]
Lugares de Pol [editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Pol vexa: Lugares de Pol.
Parroquias [editar]
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
Véxase tamén [editar]
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |