Castelló de la Plana
| Castelló de la Plana | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade autónoma: | |
| Provincia: | Castelló |
| Comarca: | Plana Alta |
| Xeografía | |
| Altitude: | 30 msnm |
| Superficie: | 108,8 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 177.924 hab. (2008) |
| Densidade de poboación: | 1.655,11 hab./km² |
| Xentilicio: | Castellonenco/ca |
| Información | |
| Código postal: | 12001-12006 |
| Alcalde: | Alberto Fabra Part (PP) |
| Sitio na web: | http://www.castello.es |
Castelló de la Plana (en valenciano: Castelló de la Plana; en castelán: Castellón de la Plana) é unha cidade do País Valenciano, capital da provincia de Castelló e da comarca da Plana Alta. Encóntrase situada na costa mediterránea. Limita con Borriol, Benicàssim, Almassora, l'Alcora e Onda.
Conta con 177.924 habitantes (INE 2008). Ademais, é o núcleo principal dunha área metropolitana de 276.977 habitantes.
Índice |
[editar] Xeografía
A provincia de Castelló é unhas das zonas máis montañosas da península Ibérica, bañada á súa vez polo mar ao longo de 113 km de costa.
As súas praias, ben coidadas (pois adoitan recibir bandeira azul), arroupan ao porto que canaliza unha parte importante das exportacións.
No mar, a 30 millas (uns 48 km) atópanse as Illas Columbretes, pertencentes ao termo municipal de Castelló desde 1955.
[editar] Relevo
A maior parte do termo, atópase sobre o "chairo aluvial da Plana", salvo unha pequena proporción ao Noroeste ocupada por pedras calcarias que conforman o extremo sur do Desert de lles Plames. A cota máis alta sitúase ao norte, na Roca Branca, con 609 m, tamén destacan as montañas do Racó de Raca, con 458 m, o Tossal de Llobera, con 353 m, o Tossal Gros, con 354 m, a Penyeta Roja, con 288 m e a Muntanya Negra con 307 m. Cabe destacar polo seu simbolismo, o Tossal da Magdalena con 111 m e que forma parte do Parque natural do Deserto das Palmas.
[editar] Chan e hidrografía
Entre a montaña e o mar, esténdense unha serie de glacis cuaternarios que baixan cunha suave pendente cara aos marxais, separados do mar pola restinga da Praia da Pineda. A liña de costa é de 10 km. É baixa e arenosa e ao sur do porto está ocupada polo polígono industrial do Serrallo.
O río Seco de Borriol, nace na vertente Oeste do Desert de les Palmes e baixa pola Vall de Borriol. Posteriormente, encaixa a súa canle sobre o glacis cuaternario da Plana, onde describe unha gran curva polo Oeste e o Norte da cidade perdéndose na marjalería. Ao Oeste do termo, atópase o Encoro de María Cristina, e o leito da Rambla da Vídua pouco antes de desembocar no río Millars, de cuxas augas se abastece a horta tradicional.
[editar] Clima
Castelló conta cun clima mediterráneo no que as precipitacións máximas concéntranse ao principio do outono, como consecuencia da gota fría. Os invernos son suaves e os veráns cálidos, e durante todo o ano a oscilación térmica diaria é escasa.
[editar] Economía
Castelló depende moitísimo de dous sectores: a cerámica e os seus arredores e a construción. O Grau de Castelló depende maioritariamente da pesca. O sector servizos tamén está moi estendido.
[editar] Infraestruturas
[editar] Estradas
Castelló conta con varias avenidas urbanas e interurbanas que permiten un rápido acceso desde o centro cara á periferia e as autovías de gran capacidade (como a AP-7 ou a CV-10). A cidade tamén conta cunha autovía na súa área metropolitana: CS-22
[editar] Transporte urbano
A capital da Plana posúe 13 liñas máis 2 bises máis unha liña especial de autobús urbano. A frecuencia de paso dos autobuses oscila entre 10 e 30 minutos.
O 25 de xuño de 2008 foi inaugurado o primeiro tramo da liña 1 do TRAM (novo nome do TVRCas (Transporte en Vía Reservada)), que nun futuro, percorrerá a cidade de Castelló e a súa área metropolitana (Vila-real, Almassora, Borriana, Benicàssim e El Grau).
[editar] Ferrocarril
Chegou a Castelló en 1882 pola estación do norte. Castelló atópase comunicada con Madrid e Barcelona mediante as liñas de longa distancia (Alaris, Arco, Talgo e Euromed). Castelló tamén é o inicio dunha das liñas de Proximidades Valencia, que, ademais de conectar coa Cap i Casal, permite comunicar mediante paradas cos pobos do sur da provincia.
Facendo transbordo en Valencia, podes seguir polas liñas de Proximidades até Gandía, Moixent e Utiel na Provincia de Valencia e mediante trens de longa distancia con Andalucía. Desde Sagunt, pódese chegar a Caudiel na provincia de Castelló e a Aragón.
[editar] Transporte aéreo
Actualmente, está a construírse o Aeroport de Castelló - Costa Azahar, que dotará á provincia de Castelló dun aeroporto. Aínda que a construción final do aeroporto está en dúbida por diversos escándalos de corrupción e delitos contra o ambiente.[1]
A cidade tamén conta cun aeródromo situado no Grau de Castelló.
[editar] Transporte marítimo
No Grau de Castelló está situado o Porto, un importante punto de tráfico mercantil, tanto de entrada (destaca a de crus de petróleo destinado ao seu procesamento na refinaría situada no polígono do Serrallo) como de saída (sobre todo cerámica e cítricos) cara a outras zonas.
[editar] Demografía
Castelló de la Plana conta con 177.924 habitantes (INE 2008); trátase da carta cidade máis poboada do País Valenciano e a primeira da provincia de Castelló. A cidade concentra, de feito, ao 30,75% da poboación provincial.
Ademais, a área metropolitana de Castelló, que inclúe tamén os municipios de Vila-real, Borriana, Almassora, Benicàssim e Borriol, conta con 298.678 habitantes (INE 2007).
Castelló de la Plana rexistrou un notábel medre demográfico na última década, debido fundamentalmente á inmigración estranxeira. O 17,08% de la poboación da cidade es da inmigración (INE 2006), sendo o colectivo foráneo predominante o romaní, con 18.097 censados (61,56% do total de estranxeiros).
| Evolución demográfica de Castelló de la Plana[2] | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1787 | 1857 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | ||||||||||||
| Poboación | 12.003 | 19.945 | 25.193 | 29.904 | 32.309 | 34.457 | 36.781 | 46.876 | |||||||||||
| 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 1996 | 2001 | 2008 | ||||||||||||
| Poboación | 53.331 | 62.493 | 93.968 | 126.464 | 138.489 | 142.285 | 147.667 | 177.924 | |||||||||||
[editar] Cultura
Unha das personalidades culturais máis mediáticas da cidade es el pintor e escultor J. Ripollés.
Una de las publicacións culturais da cidade foi a prolífica revista Kastelló, fundada en abril de 1991 [3] e hoxe xa desaparecida.
De Castelló de la Plana son tamén debuxantes de banda deseñada destacados como Calo ou Sergio Meliá. A cidade ten unha notábel actividade neste campo, celebrando dende 2005 as Xornadas de Cómic de Castelló.
A cultura matemática de Castelló está ligada á organización das Olimpíadas Matemáticas a nivel de ESO e de bacharelato, sendo así que en setembro de 2004 foi sede da IX Olimpíada Iberoamericana.
A nivel musical, en Castellón destaca la famosa sala de concertos Ricoamor, pechada como estabelecemento en 2006 pero cuxa programación continúa no Pazo da Música de Castelló. Tamén se celebra o festival anual de música de vangarda Tanned Tin.
[editar] Cidades irmandadas
[editar] Notas
- ↑ = 258120 O Xornal Mediterráneo
- ↑ Fonte: Poboación de feito segundo o INE. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842 = 0&divi = DPOP&his = 0 Series de poboación dos municipios dende 1996. Os datos de 1787 proveñen do censo de Floridablanca, citados por Bernat i Martí e Badenes Martín en Crecimento da poboación valenciana. Análise e prevención dos censos demográficos (1609-1857). Edicións Alfons el Magnànim. Valencia, 1994.
- ↑ [1]