Deuses celtas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Serie sobre
Mitoloxía celta
Coventina

Politeísmo celta
Deuses celtas

Antiga relixión celta

Druídas · Bardos · Vates
Relixión de Britania na Idade de Ferro
Trazos da relixión celta
Relixión galorromana
Relixión romanobritánica
Relixión na Gallaecia

Mitoloxía irlandesa

Tuatha Dé Danann
Ciclo mitolóxico
Ciclo do Ulster
Ciclo de Finn
Immrama · Echtrae

Mitoloxía galesa

Mabinogion · Taliesin
Cad Goddeu
Trioedd Ynys Prydein

Ver tamén

Celtas · Galia
Galacia · Celtiberos
Galaicos · Bretóns
Historia de Irlanda
Historia de Escocia
Historia de Gales

Índice de artigos relacionados

Este artigo fai unha breve descrición dos deuses e deusas da mitoloxía celta:

Índice

[editar] Descrición

Balar: Balar, Balor ou Bolar foi un deus irlandés que pertencía á raza dos xigantes Fomoré. Posuía un ollo na fronte e outro na parte posterior da testa, que era maligno e que habitualmente mantiña pechado. Cando o abría, a súa mirada era mortal para aquel en quen a fixase. Coñécese principalmente porque asasinou o rei dos Tuatha Dé Danann, Nuada, e foi por mor disto que o seu neto Lug lle deu morte.

Morrigu: Mórrígan ou Morrigu, cuxo nome significa literalmente "A raíña das pantasmas", era unha deusa tripartita da guerra dos celtas irlandeses antigos que incitaba os guerreiros a combater.
Colectivamente era coñecida coma Morrigu, pero as súas personalidades tamén eran chamadas: 1) Nemhain (pánico), cuxo aspecto espantoso adoptaba só cando se presentaba ante os que ían morrer; 2) Macha (batalla), que aparece baixo a forma dunha femia de corvo e 3) Badh, cuxo nome deriva do protocelta bodbh, "cornexa", forma coa que incitaba os guerreiros ao combate. Ela é comunmente coñecida por estar involucrada na Táin Bó Cúailnge, onde é ao mesmo tempo unha axudadora e un obstáculo para o heroe Cúchulainn. A miúdo é representada coma un corvo ou cornexa, aínda que podería adoptar moitas formas diferentes (vaca, lobo ou anguía).

Lugh: A difusión estendida do deus Lugh (aparentemente relacionado coa figura mitolóxica Lúgh en irlandés) na relixión celta susténtase polo gran número de lugares nos que aparece o seu nome, aparecendo polo mundo celta de Irlanda e a Galia. As máis coñecidas destas son as cidades de Lugdunum (a cidade francesa moderna de Lyon), Lugdunum Batavorum (a cidade moderna de Leiden) e Lucus Augusta (a actual cidade de Lugo, Galicia); ademais a raíz Lug está presente en todo o Cantábrico, coma exemplo temos a tribo dos ástures de nome lugóns (que dá nome a unha pequena aldea, agora conurbación da capital asturiana) ou o termo lugas, que nas terras interiores de Cantabria se refire ós raios do sol que se coan entre as nubes. Lug é descrito nos mitos celtas coma un achegado á listaxe de divindades, e normalmente se describe tendo a aparencia dun home novo. Aínda que é o deus máis importante da mitoloxía irlandesa, non é o deus supremo, senón o "deus sen función", porque as ten todas. Lug pertence aos Tuatha Dé Danann pola parte do seu pai, pero aos Fomoré pola parte da súa nai, e na segunda batalla de Mag Tured imponse coma caudillo dos Tuatha dé Danann e lévaos á vitoria, matando ó seu propio avó Balar, o do ollo pernicioso. O seu nome provén dunha voz indoeuropea que significa "branco", "luminoso", pero tamén "corvo", polo que este animal semella estar vinculado dalgunha maneira con el. Ten un aspecto solar, pero non é un deus do sol, pois esta función era feminina entre os celtas. As súas armas eran a xavelina e a fonda, e na Irlanda, unha foliada chamada Lughnasadh (irlandés moderno Lúnasa) conmemórase no seu honor.

[editar] Notas


[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas