Bóveda de aresta
A bóveda de aresta é o elemento arquitectónico abovedado que se emprega para cubrir espazos cuadrangulares; resulta da intersección de dúas bóvedas de canón, que se cruzan de xeito perpendicular.
Índice |
Historia e características [editar]
Fórmase por dúas superficies semicilíndricas ortogonais cuxas liñas de intersección, ou arestas, son arcos de elipse que se cruzan no vértice superior.
Os enxeñeiros e arquitectos romanos espallárona polo Imperio utilizándoa como alternativa aos sistemas adintelados e as cubertas planas para espazos pequenos.
Mantida durante a alta idade media pola súa facilidade de construción, convértese nun dos sistemas máis estendidos da arte románica. Salvo notables excepcións -Santa Madalena de Vezelay, no Camiño francés de peregrinación a Santiago- o seu desenvolvemento circunscríbese ás naves laterais e ás cubertas da tribuna. As grandes igrexas de peregrinación a Santiago como a de Santa Fe de Conques, San Martín de Tours, San Sernin de Toulouse ou a propia Igrexa catedral de Santiago de Compostela son excelentes exemplos do seu desenvolvemento técnico.
Abandonada pola bóveda de crucería no Gótico, recupérase con nova forza e brío construtivo no Renacemento, sobre todo no Quattrocento italiano onde Brunelleschi é firme defensor das súas posibilidades construtivas e decorativas. O Barroco compatibilízaa con outras cubricións ata que a modernidade e as súas novas solucións arquitectónicas relégana ao carácter de solución artesanal tradicional.
Imaxes [editar]
|
Bóveda de aresta vista dende abaixo. En negriña Arris (Aresta en inglés)
|