A-6
|
||||
|---|---|---|---|---|
|
|
||||
| Clasificación | Rede de alta capacidade | |||
| Tipoloxía | Autovía | |||
| Ruta Europea | - | |||
| Inicio | Madrid | |||
| Fin | Arteixo | |||
| Lonxitude | 595 km | |||
A A-6 ou Autovía do Noroeste, coñecida tradicionalmente como estrada da Coruña, é unha das seis autovías radiais de España. Comunica Madrid con Galicia, pasando por Castela e León. Trátase dunha das vías máis importantes do estado, xa que, ademais de atravesar Castela e León, fai un percorrido moi útil se se pretende ir tanto a Asturias como ó norte de Portugal dende Madrid.
Índice |
Características [editar]
Como autovía radial a súa finalización foi a máis tardía das seis, debido principalmente, ás dificultades orográficas que presenta a comarca leonesa do Bierzo e a entrada en Galicia. Os poderes políticos do momento obviaron estas evidentes dificultades, predecindo a finalización da autovía seis anos antes da finalización real. Aínda cando os violentos desprendementos de pedras da zona localizada entre Vilafranca do Bierzo e Becerreá (entre os quilómetros 400 e 440) obrigaban a estudar seriamente a modificación do proxecto, o Ministerio de Fomento continuaba mantendo o seu trazado.
En 2010 esta autovía supuña un extraordinario adianto para entrar ou saír de Galicia. Entre os quilómetros 44 (Villalba) e 111 (Adanero, Ávila) a autovía convértese na autoestrada AP-6, de peaxe.
Só ten áreas de servizo nos últimos quilómetros, e apenas dispón de áreas de descanso nos case 600 quilómetros de percorrido. O mesmo acontece coas estacións de servizo: son escasas e mal espaciadas, cun tramo que supera os 300 quilómetros sen ningunha.
Conta con tres carrís por sentido entre o seu nacemento en Moncloa e Las Rozas (km 24). Tamén neste tramo dispón dunha estrada con dous carrís chamada "Bus-Vao", para autobuses e vehículos con 2 ou máis pasaxeiros. Dispón de catro carrís por sentido entre Las Rozas (km 24, ligazón coa M-50) e Guadarrama (km 48). Este tramo foi ampliado recentemente.
O 29 de marzo de 2007 abriuse ó tráfico a última fase da ampliación entre Guadarrama (km 48) e San Rafael (km 60). Dita ampliación consiste nunha nova estrada de dous carrís e túnel reversible segundo as necesidades do tráfico. Existen tres carrís no tramo San Rafael-Guadarrama en sentido Madrid. Con esta ampliación a A-6 xa ten alumeado desde Madrid ata San Rafael (km 60). Prevese ampliar a tres carrís por sentido entre San Rafael (km 60) e Villacastín (km 80).
Treitos [editar]
| Denominación | Tramo | km |
|---|---|---|
| A-6 | Madrid - Villalba (Collado Villalba) | 42 |
| AP-6 | AP-6 (Villalba - Adanero) | 68 |
| A-6 | Adanero - Medina del Campo | 47 |
| A-6 | Medina del Campo - Benavente | 107 |
| A-6 | Benavente - Astorga | 59 |
| A-6 | Astorga - Ponferrada | 65 |
| A-6 | Ponferrada - Baamonde | 135 |
| A-6 | Baamonde - Arteixo | 72 |
[*] No quilómetro 567 da autovía (sentido A Coruña), á altura do concello de Betanzos, existe unha ligazón coa autoestrada de peaxe AP-9 para poder chegar tanto á Coruña como á súa área metropolitana sen ter que ir ata o final da A-6, en Arteixo. Esta ligazón, moito máis utilizada que o tramo de autovía que vai dese punto ó final, permite aforrar máis de 20 minutos para chegar ó casco urbano da Coruña sen ter que pasar por Arteixo. É un tramo de 16 km que tiña no 2007 unha peaxe 1,35 €. Hai outro ramal neste desvio en Betanzos cara Ferrol-Narón que tamén liga ca AG-64 cara As Pontes en Narón.