Club Deportivo Lugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lugo
CD Lugo. Tempada 2012-13.jpg
Nome Club Deportivo Lugo
Alcume(s) Albivermellos, Luguiño
O nabo mecánico
Fundación Xuño de 1953
Estadio Anxo Carro, Lugo
Galicia Galicia
Inauguración 31 de agosto de 1976
Capacidade 4.800
Presidente Flag of Galicia.svg José Bouso
Adestrador Flag of Spain.svg Quique Setién
Liga Segunda División
2011–12 (2ªB - Grupo I) Sub on.svg
Vestimenta Umbro.svg Umbro
Patrocinador Estrella Galicia
Páxina web www.cdlugo.com
Na casa
Fóra

O Club Deportivo Lugo é un club de fútbol galego da cidade de Lugo, que xoga na Segunda División. Fundado en 1953, trala desaparición da Ximnástica Lucense, que viña de competir na Segunda División, e o Club Deportivo Polvorín, desaparecido por motivos económicos. O club, sendo o seu primeiro presidente Emilio Núñez Torrón, comezou a súa andadura na Terceira División, chegando a xogar durante a tempada 1992–93 en Segunda División.

O Lugo logrou retornar á categoría de Prata o 25 de xuño de 2012, logo de vinte campañas en categorías inferiores. Xa na tempada 2010–11 o club conseguira o campionato de liga de Segunda B, o que lle permitira xogar a fase de ascenso, aínda que sen éxito. Ao ano seguinte conseguiría o ascenso logo de eliminar ao Eibar, Atlético Baleares e ao Cádiz. Actualmente, o club xoga os seus partidos como local no Anxo Carro, un estadio con capacidade para 4.800 espectadores e conta con 4.320 socios, os máximos permitidos polo aforo. O principal patrocinador do club dende 2012 é Estrella Galicia.

Índice

Historia [editar]

Orixes [editar]

En 1908 fundouse na capital lucense o Club Deportivo de Lugo, equipo que disputaría os seus encontros no vello campo do Polvorín, que daquela era usado como aeródromo durante as festas de San Froilán. Con todo, o equipo non tivo moito éxito e nunca chegou a participar en competicións federadas.

Posteriormente apareceron dous equipos que representaron á cidade en partidos de fútbol: o Lugo Spórting e a Sociedade Ximnástica Raio, os cales deron lugar ao primeiro club importante da cidade en 1943: a Ximnástica Lucense. Posteriormente aparecería outro club que sería semente, ao igual que a Ximnástica, do futuro Club Deportivo Lugo: o Club Deportivo Polvorín.

A Ximnástica Lucense [editar]

A Sociedade Ximnástica Lucense fora fundada en 1943, entre outros por Felisindo Rodríguez Caride, nacendo da fusión de dous equipos da cidade: a Sociedade Ximnástica Raio e o Club de Lugo. Un ano despois da súa fundación a Ximnástica lograba o seu primeiro título, a Copa Galicia, e tan só catro anos despois conseguía ascender á Segunda División, época na que aínda non existía a segunda División B e a Primeira División estaba limitada a dezaseis equipos. Este ascenso da Ximnástica tivo tres artífices principais: Anxo Carro Crespo, José Páramo Fernández e Paco Rivera Manso. Porén o equipo só se mantivo tres tempadas na categoría:

Tempada Posto Nome PX PG PE PP GF GC PN
1949–50
11
Galicia Sociedade Ximnástica Lucense
30
12
1
17
54
65
25
1950–51
14
Galicia Sociedade Ximnástica Lucense
32
11
7
14
49
69
29
1951–52
16
Galicia Sociedade Ximnástica Lucense
30
5
10
15
32
63
20
Total
Galicia Sociedade Ximnástica Lucense
92
28
18
46
135
197
74

A tempada seguinte, despois do descenso á Terceira División, comezou cunha avultada derrota, perdendo por 9-1 nun amigable contra o Celta de Vigo. Este mesmo ano, debido aos axustes da FEF nas categorías, pese a descender da Segunda División tivo que xogar pola permanencia en Terceira, o que puido chegar a supoñer o descenso de dúas categorías nun só ano. Con todo conseguiu manterse, aínda que iso non evitou a desaparición do equipo ao ano seguinte, sendo presidente Rafael Sarandeses. O último partido da Sociedade xogouse en Badalona, onde os lucense perderon por 3-0, xogando ese encontro: Prego; Andréu, Tito, Mantido; Otero, Fiestas; Avelino, Antonio, Sáez, Fraga e Ezcurra. Con respecto ao campionato de Copa, a Ximnástica participou en catro ocasións, chegando até a cuarta rolda nas edicións de 1944, 1948 e 1949.

Ano Data Equipo Local Resultado Equipo Visitante
1944 22 de febreiro de 1944 Galicia SX Lucense
4 - 1
Galicia Betanzos CF
27 de febreiro de 1944 Galicia UD Ourensana
1 - 1
Galicia SX Lucense
29 de febreiro de 1944 Galicia SX Lucense
4 - 0
Galicia UD Ourensana
22 de febreiro de 1944 Galicia SX Lucense
2 - 3
Galicia Berbés CF
1948 19 de outubro de 1947 Galicia SX Lucense
9 - 0
Galicia Betanzos CF
28 de decembro de 1947 Galicia SX Lucense
3 - 2
Galicia CD Juvenil
21 de marzo de 1948 Galicia SX Lucense
5 - 2
Galicia Pontevedra CF
18 de abril de 1948 Galicia SX Lucense
0 - 3
Galicia Club Ferrol
1949 5 de setembro de 1948 Galicia SX Lucense
2 - 0
Galicia UD Ourensana
19 de decembro de 1948 Galicia CD Juvenil
1 - 3
Galicia SX Lucense
26 de decembro de 1948 Galicia Pontevedra CF
1 - 2
Galicia SX Lucense
6 de xaneiro de 1949 Galicia SX Lucense
1 - 2
Galicia Celta de Vigo
1950 27 de novembro de 1949 Galicia SX Lucense
0 - 1
Galicia Club Ferrol

O Polvorín [editar]

En pleno apoxeo da Ximnástica Lucense, en 1946 era fundado o Club Deportivo Polvorín,[1] o cal recibía o nome do campo de O Polovorín, situado no barrio de Montirón da cidade amurallada. Fundado como equipo para xuntar aos rapaces da cidade, xa pronto comezou a gañar diversos títulos a nivel local e provincial. O Polvorín, que vestía con camisola albivermella e pantalón negro (moi semellante ao uniforme do CD Lugo), xogaba no antigo estadio Anxo Carro (coñecido na época como Os Miñóns).

Entrados os anos 1950[2] o Polvorín remata segundo no Grupo Norte da Primeira Categoría, na que xa xogara a finais da anterior década, chegando a quedar segundo en 1949. Na fase final consegue o ascenso á Terceira División, tan só seis anos despois da súa fundación, tras vencer ao Fabril S.D. da Coruña. Grazas ás súas vitorias o club comezou a chamar a atención dos seareiros lucenses, contando o equipo cada vez con máis popularidade. Con Delio Rodríguez como prediente, o Polvorín mantívose na terceira categoría dúas tempadas máis, 1951-52 e 1952-53, ano no que remataron no sétimo posto. Con todo ese sería o último ano do Polvorín na categoría. Por mor dunha crise institucional e a dimisión do seu presidente, Emilio Núñez faise cargo do club.

Fundación [editar]

Trala desaparición da Ximnástica e a crise do Polvorín, ambas por motivos económicos, un grupo de seareiros locais, encabezados por Armando Rodríguez, fundarían o coñecido como Lugo Sociedade Cultural. Este club, fundando en lembranza do antigo Lugo Sport Club, tentaría ser o sucesor dos éxitos da Lucense. Porén, non tivo moito éxito a nivel deportivo. O club xogou no campo dos Miñóns, e vestiu con camisola branca, cruzada por unha franxa diagonal azul, e pantalón da mesma cor. Ante tal situación as directivas tanto da Ximnástica como do Polvorín, xuntáronse de urxencia para manter conversas e, mediante asemblea extraordinaria, acordar fusionarse entre si. Cómpre aclarar que o equipo resultante desta operación non foi nin unha excisión nin unha continuación, senón que é como club de novo rexistro e con estatuto propio: o Club Deportivo Lugo.

O acta fundacional do equipo foi levantada polo seu primeiro presidente (e antigo máximo dirixente do Polvorín) Emilio Núñez Torrón,[3] quen tempo despois pasou a ser delegado da Federación Galega de Fútbol en Lugo. Por estes motivos, o campo de fútbol anexo ao Anxo Carro leva o seu nome. O primero adestrador do Lugo foi Manuel Martínez Suárez, coñecido popularmente como "Michines", quen xa fora xogador do Lugo Spórting, da Ximnástica Lucense e do Polvorín, sendo a persoa que máis anos estivo vinculado ao primeiro equipo futbolístico da cidade.

Loitando polo ascenso [editar]

O Lugo fronte o Compos en 2009.

O equipo iniciaría a súa andaina na Terceira División, no posto que ocupara a tempada anterior o Polvorín. Nesa categoría permanecerían no restante da década de 1950, mesmo chegando a loitar en varias ocasións polos dous primeiros postos, os cales daban o dereito a promocionar cara a Segunda División, mais sen éxito.

Coa chegada da década de 1960 chegaría un novo aire á entidade e o Campo dos Miñóns troca a Estadio Anxo Carro. A nivel deportivo, na tempada 1960-61, o Lugo acada por primeira vez a segunda praza na liga, o que significaría que o club optaría ao ascenso. Na primeira rolda das eliminatorias o Lugo enfrontaríase o Cartagenera, perdendo o primeiro partido en Cartagena por 6-0 (4 de xuño de 1961) e saíndo derrotado de novo, esta vez na casa, por 0-1 (11 de xuño de 1961).

Ao ano seguinte, durante a tempada 1961-62, o Lugo melloraría o resultado do ano anterior, quedando esta vez como campión liga. Porén, volvería a perder na promoción de ascenso, esta vez fronte ao Sevilla Atlético, empatando 1-1 en casa e perdendo, o 20 de maio de 1962, por 4-0 no Sánchez Pizjuán. Despois destas dúas campañas, o ascenso pasaría ser o principal obxectivo do club durante toda a década.

Na seguinte tempada, 1962-63, o Lugo repetiría subcampionato da man de Camilo Liz.[4] De novo caería na primeira rolda da promoción, esta vez fronte ao Algeciras, perdendo 3-0 na cidade gaditana e 0-2 na casa. Até a tempada 1966-67 o Lugo non volvería conseguir loitar polo ascenso, con todo ese ano presentaríase unha nova oportunidade. Esta vez os lucenses si que conseguirían pasar da primeira rolda, eliminando ao Sestao Sport Club (actual Sestao River), 1-2 fóra e 1-1 en casa; logo eliminarían ao Ibiza, 1-2 fóra e 2-0 na casa, e xa na Final da competición perderían fronte ao Constancia tras empatar 1-1 na casa e perder por 2-0 en Inca. Na seguinte tempada, 1969-70, acabar na primeira praza outorgaba o ascenso directo de categoría, con todo o Lugo quedaría ás portas tras rematar en segunda posición tralo Langreo.

Cambios de categoría [editar]

O Anxo Carro foi inaugurado en 1974.

Tras dezanove tempadas consecutivas, na tempada 1971-72 o club acaba na décimo sexta posición e debe xogar a promoción de permanencia. O rival sería o Club Deportivo Pegaso de Tres Cantos, no partido de ida os albivermellos conseguirían empatar 0-0, mais na volta perderían a categoría tras recibir un resultado de 3-0. Con todo, o paso do equipo pola Rexional sería breve: adestrados por Alfonso Pintos ao ano seguinte o club retornaría á Terceira División.

Tralo ascenso o Lugo non se acomodaría nunha parte concreta da táboa, variando os seus resultados dende o quinto posto acadado na tempada 1974-75 até o décimo cuarto da 1976-77. Nesta nova etapa en Terceira construíuse o actual estadio Anxo Carro, que se inaugurou o 31 de agosto de 1974 cun torneo triangular no que participaron, a parte do Lugo, o Deportivo da Coruña e o Lemos. O Lugo venceu ó Lemos nos lanzamentos de penaltis e perdeu a final co Deportivo por 1-0.

Adestrados por Manolín, na tempada 1977-78, debido á creación da Segunda División B debilitaríase o grupo, e o Lugo conseguiría ser campión logrando ascender directamente á nova categoría. Con todo, o debut na nova división non foi moi bo, e tras un mal campionato finaliza en décimo oitavo lugar, descendendo de novo. Ao ano seguinte Manolín seguiría ao cargo do equipo, mais García Pena deixaría a presidencia, a cal pasou a ocupar Manuel Illán.

Comezos na Segunda B [editar]

A comezos dos anos 1980 o club tentaría regresar de novo á Segunda B, con todo non foi posible pese ao empeño da directiva, chegando o desánimo aos seareiros. Na tempada 1980-81 o Lugo perde a súa primeira oportunidade de regreso, xa que aínda que conquista o título de Liga, perde na fase de ascenso fronte a Ponferradina (2-1 fóra e 1-1 no Anxo Carro). O desexado obxectivo non se conseguiría até case un lustro despois, durante a tempada 1985-86 sendo o seu adestrador Ramón Segura e o seu presidente Amador Real.

Ese ano o Lugo é de novo campión de Liga e na promoción de ascenso supera ao C.D. Leganés; 1-1 na localidade madrileña e 3-2 en casa, e ao Atlético Baleares; 2-0 en casa e 0-0 en Palma. No que resta da década, o club lucense experimenta unha notable mellora, e chega a ocupar o quinto posto nas tempadas 1988-89 e 1989-90.

Segunda División [editar]

Na tempada 1990-91 o equipo quedaría subcampión, e xogaría a promoción de ascenso á Segunda División. Nesta liguiña o Lugo se tería que enfrontar ao Mérida, ao Barcelona Atlético e ao Osasuna Promesas. O Lugo quedaría en último lugar. Ao ano seguinte os lucenses repetirían o segundo posto durante o campionato, gañando o dereito a disputar de novo a fase de ascenso. Esta vez os rivais serían o Extremadura o Sant Andreu e o Elche. Na última xornada o Lugo enfrontaríase ao Sant Andreu no Anxo Carro, precisando dunha vitoria para poder ascender, xa que o Sant Andreu ocupaba nesa última xornada o primeiro lugar cun punto mais que o Lugo. Tamén precisaba dunha derrota ou empate do Extremadura co Elche en Alacant, xa que os de Almendralejo ocupaban o terceiro co mesmo número de puntos. Finalmente o Lugo vencería por 2-1 polo que, xunto coa derrota do Extremadura, conseguiría o ascenso a categoría de prata. Ese ano o equipo estivo presidido por Xosé Núñez e adestrado por Xulio Díaz.

Na tempada 1992–93, con Xulio Díaz continuando como adestrador, o cadro de xogadores do Lugo sería o seguinte:[5]

Posto País Xogador
1 POR Galicia Xosé Domínguez
2 DEF Galicia Modesto II
3 DEF Galicia Óscar Cacharrón
4 DEF Galicia Antonio Alvite
5 DEF España Miguel García
6 MED Galicia Xavier Montoto
7 MED España Jorge Revuelta
8 MED Galicia Ramiro Iglesias
9 DIA España José Manuel
10 DIA España Luis Castro
11 DIA Galicia Arturo Patiño
12 POR Galicia Fernando Iglesias
Posto País Xogador
13 DEF España Blas García
14 DEF España Javier Delmas
15 DEF España José Ramón
16 MED España Xabier Gárate
17 DIA Flag of Suriname.svg Brian Grampon
18 MED Galicia Xavi Rodríguez
19 DIA Galicia Carolo
20 MED Galicia Óscar Manuel
21 DIA Galicia Miro Suárez
22 DEF España Juan Alberto
23 DIA Serbia e Montenegro Dejan Joksimović
34 MED Flag of the Netherlands.svg Junas Naciri
O Lugo debutou no Romano de Mérida.

O Club Deportivo Lugo debutaría como tal na Segunda División e comezaría a competición na capital estremeña, onde se enfrontou ao Mérida no Estadio Romano. Con todo a estrea saldouse cunha derrota pola mínima (1-0). No seguinte partido, o primeiro no Anxo Carro, conseguirían os lucenses o seu primeiro punto tras empatar co Lleida sen goles (0-0), bo resultado tendo en conta que os ilerdenses serían ao final da tempada campións de liga. Tras outra derrota pola mínima, esta vez fronte ao Eibar (2-1), o Lugo conseguiría o seu segundo punto tras empatar co Betis na casa (0-0).

A seguinte xornada depararía outra derrota por tan só un gol de diferencia, perdendo por 3-2 fronte ao Racing de Santander no Sardinero. Así o 10 de outubro chegaría a primeira vitoria, tras gañar por 1-0 ao Atlético Marbella. Tras perder outra vez fóra, o Lugo volvería gañar no Anxo Carro, esta vez por dous goles de diferenza fronte o Sabadell, pasando a ocupar o posto 14 na clasificación. Con todo, dende ese encontro o Lugo non volvería gañar até a xornada 15, vencendo ao Bilbao Athletic por 1-0. Ao final da tempada o Lugo remataría no posto 18, descendendo de novo a Segunda B e con tan só sete partidos gañados:

Xor. Data Lugar Equipo Local Resultado Equipo Visitante Pos.[6]
6
10-10-1992 Anxo Carro, Lugo 600px Bianco e Rosso (Strisce).png CD Lugo
1 – 0
20px Atlético Marbella
7
8
25-10-1992 Anxo Carro, Lugo 600px Bianco e Rosso (Strisce).png CD Lugo
2 – 0
600px Blu e Bianco (Quadrati).png CE Sabadell
20
15
20-12-1992 Anxo Carro, Lugo 600px Bianco e Rosso (Strisce).png CD Lugo
1 – 0
600px Rosso e Bianco (strisce).png Bilbao Athletic
13
24
28-02-1993 Anxo Carro, Lugo 600px Bianco e Rosso (Strisce).png CD Lugo
3 – 0
600px Verde Bianco e Nero.png Racing de Santander
3
26
14-03-1993 Anxo Carro, Lugo 600px Bianco e Rosso (Strisce).png CD Lugo
2 – 0
600px Bianco e Blu a Strisce.png UE Figueres
12
29
11-04-1993 El Vivero, Badajoz 20px CD Badajoz
0 – 1
600px Bianco e Rosso (Strisce).png CD Lugo
11
31
01-05-1993 Las Llanas, Sestao 600px Verde e Nero (Strisce).png Sestao SC
1 – 2
600px Bianco e Rosso (Strisce).png CD Lugo
15

Descenso [editar]

A estancia só durou un ano nunha complicada tempada que iniciou Xulio Díaz no banco e terminou Rodríguez Vaz. Esa situación provocou tamén a dimisión da directiva, proclamándose presidente a Luis Castro. Mais esta xestora durou só uns meses, sucedéndolle Salvador Fernández Somoza durante dúas tempadas e logo Eliseo Corral Veiga, elixido en 1996 mediante eleccións. Na tempada 1998-99 o CD Lugo chega á final da Copa Federación, que perde contra o Racing de Santander. Na liga o club readáptase sen achegarse ao ascenso, aínda que mantendo a categoría sen moitos problemas, mesmo conseguindo boas clasificacións nas campañas 1996-97 e 19997-98.

Con todo, ao comezo da década de 2000, os resultados non presaxian nada bo, na tempada 2000-01 o equipo está a piques de descender. O resultado melloraría ao ano seguinte, máis en 2003 non pode evitar o descenso á Terceira División tras finalizar décimo oitavo. Ao ano seguinte o Lugo remataría no sexto posto, sen posibilidade de xogar a fase de ascenso, polo que a xunta presidida por Eliseo Corral Veiga presenta a súa dimisión na asemblea de socios do 3 de xuño de 2004. Nesa mesma asemblea, catro socios (Xaime Dapena, Delio López Dobao, Manuel Celso Matalobos e Pepe Garalva) formaron unha xunta xestora provisional que funcionou ata o 18 de xuño dese mesmo ano, no que se produciu o traspaso de poderes á nova xunta directiva, presidida por José Bouso Alvite.

Retorno e renovación [editar]

Pablo Álvarez, xogador do Lugo en dúas etapas.

Ao ano seguinte, na tempada 2004-05, son terceiros e agora si se clasifican para promocionar, con todo pese a eliminar ao Ribadesella C.F. nas semifinais, gañando 3-0 en casa e 1-0 fóra, son eliminados na final polo Real Valladolid B, tras perder 4-1 na ida e empatar 0-0 no Anxo Carro. Na seguinte tempada, con Juan Hidalgo como adestrador, o equipo mellora a clasificación da anterior e é subcampión de liga. Na promoción volve a eliminar de novo ao Ribadesella; empatando 1-1 na ida e gañando 3-2 en casa, e na final consegue vencer á Gimnástica Segoviana; 3-1 en Lugo e 1-1 na cidade castelá.

Despois do ascenso, logo de dúas tempadas quedando entre os dez primeiros da categoría, a xunta directiva dirixida por José Bouso finaliza o seu mandato e abre un proceso electoral. Ante a falta de candidaturas, Bouso presentou a súa, acompañado dun equipo directivo renovado case por completo. Na tempada 2009 chegaría ao club o ex-xogador e adestrador Quique Setién, con el o Lugo melloraría bastante os seus resultados. Ese ano, tras unha boa campaña na que se mantivo durante moitas xornadas nos postos de ascenso, unha mala racha deixaríao finalmente fóra dos catro primeiros postos.

Na tempada 2010,[7] con Setién de novo no banco, o Lugo proclámase campión de liga, conseguindo xogar a promoción de ascenso para campións. Nesta eliminatoria enfrontouse ao Real Murcia, campión do grupo IV. Tras perder por 2 a 0 na Nueva Condomina o Lugo gañou cun gol de Tornero no minuto 52 por 1 a 0 no Anxo Carro, o que non servíu para poder remontar a eliminatoria e acadar o ascenso. No último minuto do encontro foille anulado a Yago un gol dubidoso, o que suporía a posibilidade de xogar a prórroga. Este partido é posible que supuxese a maior recadación por entradas da historia do equipo, aínda que non se deron a coñecer datos oficiais. Tras non conseguir o ascenso directo, o equipo enfrontouse ao Deportivo Alavés nas semifinais da promoción. O partido de ida en Mendizorroza finalizou cun empeate a cero goles, vencendo o Lugo no Anxo Carro por 2 a 1, o que lle valeu o pase para a eliminatoria definitiva onde xogará contra o Alcoyano. Nesta última rolda os lucenses perderían por 1 a 0 ambos encontros, non conseguindo o ascenso de categoría.

Fase de ascenso 2010–11
Data Estadio Equipo Local Resultado Equipo Visitante
22-5-2011 Nueva Condomina, Murcia 600px Colori di Murcia.png Real Murcia
2 – 0
600px Bianco e Rosso (Strisce).png CD Lugo
29-5-2011 Anxo Carro, Lugo 600px Bianco e Rosso (Strisce).png CD Lugo
1 – 0
600px Colori di Murcia.png Real Murcia
5-6-2011 Mendizorroza, Vitoria 20px Deportivo Alavés
0 – 0
600px Bianco e Rosso (Strisce).png CD Lugo
12-6-2011 Anxo Carro, Lugo 600px Bianco e Rosso (Strisce).png CD Lugo
2 – 1
20px Deportivo Alavés
19-6-2011 El Collao, Alcoi 600px Bianco e Blu a Strisce.png Alcoyano
1 – 0
600px Bianco e Rosso (Strisce).png CD Lugo
26-6-2011 Anxo Carro, Lugo 600px Bianco e Rosso (Strisce).png CD Lugo
0 – 1
600px Bianco e Blu a Strisce.png Alcoyano

Ascenso [editar]

Autobús do Lugo durante os festexos polo ascenso.

Na tempada 2011-12, con Quique Setién de novo como adestrador, o equipo ponse como obxectivo, tras estar tan preto a tempada anterior, o ascenso á Segunda División. A liga comezou de xeito esperanzador para o cadro albivermello cunha vitoria por 1 a 4 fronte o Celta de Vigo B no Municipal de Barreiro. Posteriormente o Lugo conseguiría permanecer invicto até a xornada 11, perdendo por 0-2 fronte ao Coruxo. Até a final da primeira volta o Lugo tan só volvería perder unha vez, sería contra o Real Madrid Castilla por 1 a 0, con gol dos casteláns no minuto 85 no Estadio Alfredo di Stéfano.

A segunda volta comezaría con empates e unha derrota fronte por 1 a 0 fronte o La Roda. Tras ocupar a primeira posición da liga durante gran parte da tempada, o Lugo descendería á segunda posición, para finalmente descender á terceira tras perder na última xornada fronte o Toledo, que se xogaba a permanencia. Así finalmente o Lugo remataría por detras do Real Madrid Castilla e o CD Tenerife, pero con dereito a xogar a fase de ascenso cara a "categoría de prata".

O sorteo para a primeira rolda da fase de ascenso decidiu que o Lugo se enfrontaría ao Eibar, un equipo cun destino semellante ao dos lucenses: campións do Grupo 2 a tempada pasada e terceiros nesta. No partido de ida, no Anxo Carro, a escuadra albivermella consegue derrotar aos vascos grazas a un gol no minuto 74 de Belencoso tras un erro da defensa guipuscoana. No partido de volta o Lugo conseguiría defender o resultado da ida en Ipurua, pasando cara a seguinte rolda.


CD Lugo 600px Bianco e Rosso (Strisce).png 1 - 0 600px Rosso e Blu (Strisce).png SD Eibar 20 de maio de 2012, 18:00 – Anxo Carro, Lugo
Asistencia: 3.800 espectadores
Árbitro: Adrián Cordero Vega (Cantabria)
Belencoso Anotado no 74 ° minuto 74' Informe
 
SD Eibar 600px Rosso e Blu (Strisce).png 0 - 0 600px Bianco e Rosso (Strisce).png CD Lugo 20 de maio de 2012, 20:15 – Ipurua, Eibar
Asistencia: 2.616 espectadores
Árbitro: Víctor Areces Franco (Asturias)
Informe
 


Na seguinte eliminatoria o seguinte rival sería o Atlético Baleares, equipo campión do Grupo 3, que viña de perder na eliminatoria de campións fronte ao Mirandés. Os palmeses contaban no seu conxunto con ex-xogadores con antiga soleira na Primeira División como José Izquierdo, Javier Dorado, Jesús Perera ou Antoñito. No partido de ida no Anxo Carro o Lugo conseguía gañar por 3-1 logo de ir gañando por tres tantos até o minuto 87. No partido de volta os lucenses conseguiron un empate a cero goles, o que os levou a xogar, xa si, a eliminatoria definitiva. A mala nova foi a lesión do porteiro do Lugo, Diego Rivas, que sufriu unha laceración no ril durante o partido e tivo que ficar na illa máis tempo co resto dos seus compañeiros.


CD Lugo 600px Bianco e Rosso (Strisce).png 3 - 1 600px Blu e Bianco (Strisce)2.png CD Atlético Baleares 3 de xuño de 2012, 12:00 – Anxo Carro, Lugo
Asistencia: 5.000 espectadores
Árbitro: Carlos Sánchez Laso (Estremadura)
Quero Anotado no 17 ° minuto 17'
Belencoso Anotado no 20 ° minuto 20'
Belfortti Anotado no 57 ° minuto 57'
Informe Dani Anotado no 87 ° minuto 87'
 
CD Atlético Baleares 600px Blu e Bianco (Strisce)2.png 0 - 0 600px Bianco e Rosso (Strisce).png CD Lugo 10 de xuño de 2012, 12:00 – Estadio Balear, Palma
Asistencia: 10.000 espectadores
Árbitro: Julio Fermín Leo Ollo (Navarra)
Informe
 


O Lugo conseguiu o ascenso no Ramón de Carranza.

Na eliminatoria final o Lugo enfrontaríase ao histórico Cádiz Club de Fútbol. O Lugo tras ir gañando (3-0), volveu a recibir un gol nos últimos intres do encontro para rematar finalmente 3 a 1. O partido non estivo exento de polémica e durante a semana o Cádiz mesmo a chegou portestar pola legalidade dos tres goles do Lugo, feito que tivo eco en moitos medios de comunicación. Durante o partido foi expulsado o adestrador do Cádiz, así como tódolos seus asistentes.

No partido de volta, coa Tacita de Plata chea de espectadores, con máis de 300 chegados dende Galicia. O Cádiz sae xa dende o primeiro intre disposto a remontar a eliminatoria, conseguindo finalmente tralos 90 minutos regulamentarios igualar o resultado do partido de ida e levar o partido á prórroga. Con todo o Lugo dispuxo de varias ocasións cara o final do encontro que lle puideron dar o ascenso antes de chegar ao tempo extra. Na prórroga o resultado non se movería, estando marcado polos continuos paróns por mor dos problemas físicos dos gaditanos. Finalmente o ascenso tívose que decidir nos penaltis, onde o Lugo conseguiu vencer por 2 a 3.

A aliñación do Lugo no partido definitivo contou con Miguel Escalona na portería, Aitor, Belfortti, Garrido e o capitán Manu na defensa, Pita, Rubén García (substituído por Luismi no 76), Quero e Monti (substituído por Iván Zarandona no 96) como centrocampistas e Isma (substituído por Berodia no 87) e Belencoso na dianteira.


CD Lugo 600px Bianco e Rosso (Strisce).png 3 - 1 600px Giallo e Blu.png Cádiz CF 17 de xuño de 2012, 19:00 – Anxo Carro, Lugo
Asistencia: 6.000 espectadores
Árbitro: José Ignacio Hernández Cifuentes (Castela e León)
Pita Anotado no 12 ° minuto 12'
Belencoso Anotado no 33 ° minuto 33'
Quero Anotado no 68 ° minuto 68'
Informe Óscar Pérez Anotado no 81 ° minuto 81'
 
Cádiz CF 600px Giallo e Blu.png 3 - 1
(Penaltis 2 - 3)
600px Bianco e Rosso (Strisce).png CD Lugo 24 de xuño de 2012, 19:00 – Ramón de Carranza, Cádiz
Asistencia: 15.000 espectadores
Árbitro: Ignacio Hermosilla Alaña (A Rioxa)
Ferreiro Anotado no 12 ° minuto 12'
Dioni Anotado no 46 ° minuto 46'
Juanjo Anotado no 63 ° minuto 63'

Ferreiro Anotado
Góngora Anotado
Akinsola Erra penalti
Cases Erra penalti
Yuste Erra penalti
Informe Monti Anotado no 28 ° minuto 28'



Anotado Pita
Erra penalti Belfortti
Anotado Luismi
Erra penalti Berodia
Anotado Manu
 


Fase de ascenso 2011-12
Data Estadio Equipo Local Resultado Equipo Visitante
20-5-2012 Anxo Carro, Lugo 600px Bianco e Rosso (Strisce).png CD Lugo
1 - 0
600px Rosso e Blu (Strisce).png Eibar
26-5-2012 Ipurua, Eibar 600px Rosso e Blu (Strisce).png Eibar
0 - 0
600px Bianco e Rosso (Strisce).png CD Lugo
3-6-2012 Anxo Carro, Lugo 600px Bianco e Rosso (Strisce).png CD Lugo
3 - 1
600px Blu e Bianco (Strisce)2.png Atlético Baleares
10-6-2012 Estadio Balear, Palma 600px Blu e Bianco (Strisce)2.png Atlético Baleares
0 - 0
600px Bianco e Rosso (Strisce).png CD Lugo
17-6-2012 Anxo Carro, Lugo 600px Bianco e Rosso (Strisce).png CD Lugo
3 - 1
600px Giallo e Blu.png Cádiz
24-6-2012 Ramón de Carranza, Cádiz 600px Giallo e Blu.png Cádiz
3 - 1 (2 - 3 nos penaltis)
600px Bianco e Rosso (Strisce).png CD Lugo


Tras conseguir o ascenso o Lugo regresarían ao día seguinte á cidade,[8] onde fóron recibidos nun primeiro intre na Praza de Augas Férreas. Posteriormente, xa no serán, o club sería recibido polas diferentes institucións da cidade, senda a primeira parada ás oito na Praza de San Marcos, onde foron recibidos polas autoridades da Deputación. Alí despois dos descursos recibion unha placa e insignias conmemorativas. Posteriormente os xogadores trasladáronse cara a Praza Maior nun autobús descapotable coas cores do equipo, para ser recibidos na Casa do Concello polo Alcalde e os distintos concelleiros. Dende o balcón do Casa Consistorial os xogadores festexaron o triunfo ante miles de seareiros, 15.000 segundo Protección Civil. Posteriormente darían unha volta á Muralla no autobús, onde na zona da Mosqueira os agardaría unha bandeira xigante que cubría ao monumento. Outros actos incluíron á ofrenda na Catedral de Santa María, á visita ao Pazo de Raxoi onde os recibiría o Presidente da Xunta e á sede central de Estrella Galicia, patrocinador principal do club a partir da seguinte tempada.

O cadro de xogadores do Club Deportivo Lugo que acadou o ascenso foi o seguinte:

Recepción aos xogadores na Praza de San Marcos.
Posto País Xogador
1 POR España Escalona
2 DEF España Sergio Iglesias
3 DEF España Fran Pérez
4 DEF España Víctor Marco
5 MED Galicia Pita
6 DEF España Garrido
7 MED Guinea Ecuatorial Zarandona
8 DIA Galicia Iván González
9 MED Flag of Argentina.svg Claudio Monti
10 DIA España Berodia
11 DEF Galicia Manu  Capitán
Posto País Xogador
13 POR Galicia Diego Rivas
14 MED Galicia Rubén García
15 DEF Flag of Argentina.svg Belfortti
16 MED Galicia Javi Rey
17 DIA España Quero
18 DIA España Isma
19 DIA España Belencoso
20 DEF España Aitor
21 DIA España Luismi
23 MED Galicia Iago Díaz

Retorno á categoría de prata [editar]

Diego Tonetto (centro) e o capitán Manu (dereita) ante o Córdoba.

No verán de 2012 o Lugo decide reformar por completo o seu cadro de xogadores para afrontar o salto de categoría á Segunda División. Para iso marcharon trece dos "Heroes do Carranza" e chegaron quince novos xogadores. Coa continuidade de Quique Setién no banco e con pouco tempo para preparar a tempada debido a que a fase de ascenso terminara tarde, o Lugo xogaría o seu primeiro encontro no seu regreso á categoría ante o Hércules no Anxo Carro. O 18 de agosto formarían por parte do Lugo inicialmente Yoel, De Coz, Fran Pérez, Pavón, Manu, Pita, Seoane, Héctor Font, Pablo Álvarez, Tonetto e Quiroga. Os albivermellos conseguiron finalmente a vitoria por un gol a cero con gol de Manu de penalti. Na terceira xornada lesionaríase o dianteiro arxentino Mauro Quiroga tras unha entrada a destempo do central do Córdoba Gaspar, que fixo que se perdese o resto da tempada. O seu posto na dianteira ocupouno Óscar Díaz, quen xa xogara nos partidos anteriores como extremo, sendo co paso das xornadas a referencia ofensiva do equipo e converténdose nun dos goleadores da Liga.

Tras unhas primeiras xornadas nas que ao Lugo custáballe anotar goles,[9][10] ao final da primeira volta o Lugo a 10 puntos de diferenza dos postos de descenso e a tan só dous da fase de ascenso á Primeira División, polo que é considerado pola prensa como un dos equipos revelación da liga e como o "mataxigantes", debido aos bos resultados acadados ante os equipos máis históricos. No mercado de inverno o Lugo cambiaría algunhas caras trala marcha de Raúl Fuster, Fran Sol, Berodia e Galindo e a chegada de Iván Pérez, Airam, Tena e o internacional español Antonio Guayre. Tamén sería incorporado como futura aposta o dianteiro kosovar con pasaporte albanés Endrit Krasniqi. Co mercado de inverno chegaría outra nova, a necesidade de conversión do Lugo nunha Sociedade Anónima Deportiva para poder seguir a competir no fútbol profesional. Para elo terá que xuntar un capital social de 3.015.000 euros antes do 30 de xuño de 2013. Tras unha serie de bos resultados que achegaron ao equipo á permanecia, prodúcese unha nova baixa no equipo ao retirarse o 23 de abril o xogador canario Guayre do fútbol por mor dunhas graves molestias no seu nocello esquerdo.

Escudo e cores [editar]

O logo do Club Deportivo Lugo ten forma de escudo francés antigo, nel figura a palabra "LUGO" en grande na parte superior, e por riba dela, en letra máis pequena "CLUB DEPORTIVO". No medio hai cinco franxas horizontais vermellas e catro brancas e, aos lados sobre un fondo azul celeste, figuran un cáliz á esquerda e unha bomba á dereita. O cáliz provén do antigo escudo da Ximnástica Lucense, que á súa vez proviña do propio escudo da cidade e do privilexio papal da catedral de Santa María. A bomba provén do antigo escudo do Club Deportivo Polvorín. Este escudo foi presentado o 28 de setembro de 2011. O antigo escudo era moi semellante ao do Athletic Club, cos mesmos elementos co actual.

Deseño das equipacións do CD Lugo antes de romper con Kappa. Tempada 2012-13

Primeira


Segunda


Terceira


Con respecto ao uniforme, o Lugo viste tal como vestía o Polvorín, camiseta con franxas albivermellas e pantalón azul escuro ou negro, tamén semellante ao do Athletic Club. Dende a súa fundación o uniforme non sufriu moitas variacións. Con respecto ao equipamento suplente non hai un deseño fixo, variando habitualmente de cor, aínda que dende hai varias tempadas foise establecendo a cor celeste como segundo equipamento, a mesma cor da banda da bandeira galega. Na tempada 2012-13 o Lugo ía ser vestido pola compañía italiana Kappa, sendo a segunda equipación negra con franxas delgadas brancas, e a terceira completamente verde. Con todo, un incuprimento de contrato da compañía italiana no precio das camisolas, leva ao equipo a poucos días de comezar a competición a cambiar ao provedor de equipamento. Finalmente o Lugo volverá a vestir roupa da compañía británica Umbro ao igual que as anteriores tempadas.

Ximnástica


1955


1972


1986


1994


1996


2010


Estadio [editar]

Artigo principal: Estadio Anxo Carro.
O Anxo Carro á beira do Miño.

O Anxo Carro está situado á beira do Río Miño. A parte do propio estadio, anexo hai outro campo de fútbol, o Emilio Núñez Torrón, e o Complexo Polideportivo O Palomar, no que hai un pavillón cuberto e pistas de tenis. Nos arredores tamén está o Pazo de Feiras e Congresos. O estadio recibe o nome de Anxo Carro Crespo, o cal construíra o antigo estadio, sendo ademais benfeitor do deporte en Lugo. Tamén foi presidente do Círculo das Artes en 1934.

Foi inaugurado durante a segunda etapa do Lugo en Terceira División, con capacidade para 7.000 espectadores. A data de apertura deste estadio, que substituía ao antigo Anxo Carro (ou campo dos Miñóns) situado na zona da Praza de Viana do Castelo, foi o 31 de agosto de 1974. Para a súa inauguración disputouse un torneo triangular no que participaron, xunto ao Lugo, o Club Lemos e o Deportivo. O CD Lugo venceu aos de Monforte na quenda de penaltis e perdeu a final cos herculinos por 1-0.

No ano 2001 o estadio foi remodelado e modernizado,[11] xa que se atopaba nun estado de semi-ruína e desmellorado por sucesivas obras sen moita planificación. O proxecto de mellora foi deseñado polos arquitectos José Arias, Santiago Catalán e Eduardo Herráez, que levaron a cabo unha remodelación das tres bancadas existentes, engadindo cadeiras para tódolos seareiros da planta baixa e creando novas fachadas, entre outras reformas. Co novo aspecto o estadio gañaba en instalacións, superiores á media da categoría na que militaba o equipo no momento (Segunda B) mais perdía en capacidade, descendendo esta a 4.800 espectadores. O 3 de xaneiro de 2007 disputouse nel a final da Copa Xunta de Galicia 2006, que enfrontou ao CD Lugo co Celta de Vigo (2-3).

Himno [editar]

O Club Deportivo Lugo conta con tres himnos non oficiais, todos completamente en lingua galega, sendo o primeiro deles composto en 1989 por Enrique Alvarellos,[12] fundador da Editorial Alvarellos. Esta peza fala dos seareiros e socios do equipo, así como da muralla, e fai referencia á Ximnástica Lucense e ao Polvorín.

A Ximnástica Lucense,
e antes dela o Polvorín
foron para o Deportivo
o primeiro trampolín.
Ala Lugo!

O segundo foi estreado xoves 4 de xuño de 2009 no Círculo das Artes.[13] Composto polo friolés Ángel Castelo, músico da Banda Municipal de Música de Lugo, esta peza, en palabras do autor, tenta recoller "o sentimento sobre a vida, sobre o que se vive nun campo de fútbol". Tamén nomea a varios xogadores que vestiron a camiseta albivermella ao longo dos anos como Manu, Pardo, Losada, Germán, Arroyo, Cancela ou Tornero.

Viva Lugo! Viva Lugo! Ala Lugo! Ala Lugo!
Aí vai, aí vén, aí vén, aí vai!
Aí vai, aí vén! O balonciño a ras do chan!

Ningún destes dous himnos está considerado como oficial polo club,[14] con todo se é aprobado polos socios unha composición de Luciano Gorgoso e Manuel Pajón,[15] presentada o 16 de xaneiro de 2013, poderíase converter en himno oficial. Coa letra máis curta cos anteriores, coa intención de facela más facil de memorizar, comeza do seguinte xeito:

Orgullo galego, nobreza e tesón,
vermello e branco, paixón e honor.

Cadro actual [editar]

Xogadores [editar]

Xogadores do Lugo festaxando un gol ante o Córdoba.
Datos do 31 de xaneiro de 2013.[16]
Posto País Xogador
1 POR Galicia José Juan
2 DEF España De Coz
3 DEF España Fran Pérez
4 DEF España Víctor Marco
5 MED Galicia Pita
6 MED Galicia Javi Rey
7 MED Galicia Pablo Álvarez
8 MED Galicia Seoane
9 DIA España Óscar Díaz
10 DEL España Airam
11 DEF Galicia Manu
13 POR Galicia Yoel
Posto País Xogador
14 MED España Héctor Font
15 DEF Flag of Argentina.svg Belfortti
16 DEF España Víctor Díaz
17 DIA España Guayre Lesión de longa duración. Retirouse
18 DIA Flag of Argentina.svg Tonetto
19 DIA Flag of Argentina.svg Quiroga Lesión de longa duración
20 MED Galicia Rubén Durán
22 DEF España Pavón
23 MED Galicia Iago Díaz
24 MED Galicia Iván Pérez
25 DEF España Tena
DIA Albania Krasniqi

Altas e baixas 2012-13 [editar]

Altas
Xogador Nacionalidade Posición Procedencia Tipo Custo
Fairytale up.png   Fernando Seoane
Galicia
Centrocampista
Gimnàstic
3 anos
0 €
Fairytale up.png   Víctor Díaz
España
Defensa
Celta de Vigo B
2 anos
0 €
Fairytale up.png   Rubén Durán
Galicia
Centrocampista
UD Logroñés
1 ano
0 €
Fairytale up.png   Fran Sol
España
Dianteiro
Real Madrid C
Cesión
0 €
Fairytale up.png   Diego Tonetto
Flag of Argentina.svg
Dianteiro
Ferro Carril Oeste
1 ano
0 €
Fairytale up.png   Quiroga
Flag of Argentina.svg
Dianteiro
UD Las Palmas
1 ano
0 €
Fairytale up.png   Pablo Álvarez
Galicia
Centrocampista
Deportivo da Coruña
2 anos
0 €
Fairytale up.png   Yoel
Galicia
Porteiro
Celta de Vigo
Cesión
0 €
Fairytale up.png   Héctor Font
España
Centrocampista
FC Cartagena
2 anos
0 €
Fairytale up.png   Raúl Fuster
España
Defensa
Gimnàstic
2 anos
0 €
Fairytale up.png   Óscar Díaz
España
Centrocampista
Girona FC
2 años
0 €
Fairytale up.png   De Coz
España
Defensa
Granada CF
Cesión
0 €
Fairytale up.png   José Juan
Galicia
Porteiro
Granada CF
1 ano
0 €
Fairytale up.png   Pavón
España
Defensa
CD Numancia
2 anos
0 €
Fairytale up.png   Galindo
Flag of Bolivia.svg
Centrocampista
Arsenal FC
Cesión
0 €


Baixas
Xogador Nacionalidade Posición Destino Tipo Ingreso
Fairytale down red.png   Isma López
España
Dianteiro
Athletic Club
Fin de contrato
0 €
Fairytale down red.png   Miguel Escalona
España
Porteiro
CD Guadalajara
Fin de contrato
0 €
Fairytale down red.png   Belencoso
España
Dianteiro
Cádiz CF
Fin de contrato
0 €
Fairytale down red.png   Diego Garrido
España
Defensa
Cádiz CF
Fin de contrato
0 €
Fairytale down red.png   Sergio Iglesias
España
Defensa
Almería B
Fin de cesión
0 €
Fairytale down red.png   Rubén García
Galicia
Centrocampista
UD Logroñés
Fin de contrato
0 €
Fairytale down red.png   Iván Zarandona
Guinea Ecuatorial
Centrocampista
SD Noja
Fin de contrato
0 €
Fairytale down red.png   Quero
España
Dianteiro
UD Logroñés
Fin de contrato
0 €
Fairytale down red.png   Luismi
España
Dianteiro
Deportivo Alavés
Fin de contrato
0 €
Fairytale down red.png   Iván González
Galicia
Dianteiro
CD Ourense
Fin de contrato
0 €
Fairytale down red.png   Aitor
España
Defensa
CD Guadalajara
Fin de contrato
0 €
Fairytale down red.png   Diego Rivas
Galicia
Porteiro
Elche CF
Fin de contrato
0 €
Fairytale down red.png   Claudio Monti
Flag of Argentina.svg
Centrocampista
Sen equipo
Fin de contrato
0 €

Mercado de inverno 2012-13 [editar]

Altas
Xogador Nacionalidade Posición Procedencia Tipo Custo
Fairytale up.png   Iván Pérez
Galicia
Centrocampista
Montañeros CF
1 ano
0 €
Fairytale up.png   Tena
España
Defensa
Córdoba CF
2 anos
0 €
Fairytale up.png   Airam
España
Dianteiro
CD Numancia
1 ano
0 €
Fairytale up.png   Guayre
España
Dianteiro
UD Las Palmas
1 ano
0 €


Baixas
Xogador Nacionalidade Posición Destino Tipo Ingreso
Fairytale down red.png   Raúl Fuster
España
Defensa
UD Salamanca
Rescisión de contrato
0 €
Fairytale down red.png   Berodia
España
Centrocampista
Jorge Wilstermann
Rescisión de contrato
0 €
Fairytale down red.png   Fran Sol
España
Dianteiro
Real Oviedo
Cesión cancelada
0 €
Fairytale down red.png   Galindo
Flag of Bolivia.svg
Centrocampista
Jorge Wilstermann
Cesión cancelada
0 €


Organigrama deportivo [editar]

  • Presidente: José Bouso Alvite
  • Vicepresidente: Víctor Ferreiro Segade
  • Secretario: Alejandro de las Heras López
  • Tesoureiro: Victor Ferreiro Segade
  • Vogal: Carlos Mouriz Castro
  • Vogal: Olga Matalobos Díaz
  • Vogal: Luciano Rodríguez Gorgoso
  • Vogal: José Antonio García Latorre
  • Vogal: Xosé Anxo Lage Suárez
  • Adestrador: Enrique "Quique" Setién Solar
  • Segundo adestrador: Juan Peón
  • Adestrador de porteiros: Roberto Valeiro
  • Preparador físico: Fran Soto
  • Fisioterapeuta: Alberto Tojo
  • Delegado: Antonio Abad
  • Director deportivo: Carlos Mouriz Castro
  • Xefa de prensa: Olga Matalobos

Xogadores anteriores [editar]

Véxase tamén: Xogadores do Club Deportivo Lugo.

Adestradores [editar]

Véxase tamén: Adestradores do Club Deportivo Lugo.

Presidentes [editar]

Véxase tamén: Presidentes do Club Deportivo Lugo.

Palmarés [editar]

Tempada a tempada [editar]

Ano
División
Posto
Copa do Rei
1953-54
1954-55
1955-56
1956-57
1957-58
1958-59
1959-60
1960-61
1961-62
1962-63
1963-64
1964-65
1965-66
1966-67
1967-68
1968-69
1969-70
4ª Rolda
1970-71
10º
1ª Rolda
1971-72
16º
2ª Rolda
1972-73
Rex.
Ano
División
Posto
Copa do Rei
1973-74
10º
1ª Rolda
1974-75
3ª Rolda
1975-76
15º
1ª Rolda
1976-77
14º
2ª Rolda
1977-78
1ª Rolda
1978-79
2ªB
18º
2ª Rolda
1979-80
1ª Rolda
1980-81
1ª Rolda
1981-82
1ª Rolda
1982-83
1ª Rolda
1983-84
2ª Rolda
1984-85
1ª Rolda
1985-86
2ª Rolda
1986-87
2ªB
11º
2ª Rolda
1987-88
2ªB
3ª Rolda
1988-89
2ªB
3ª Rolda
1989-90
2ªB
1990-91
2ªB
1ª Rolda
1991-92
2ªB
4ª Rolda
1992-93
18º
5ª Rolda
Ano
División
Posto
Copa do Rei
1993-94
2ªB
3ª Rolda
1994-95
2ªB
11º
3ª Rolda
1995-96
2ªB
10º
1996-97
2ªB
20º
1997-98
2ªB
1998-99
2ªB
11º
1999-00
2ªB
2000-01
2ªB
15º
2001-02
2ªB
2002-03
2ªB
18º
2003-04
2004-05
2005-06
2006-07
2ªB
2ª Rolda
2007-08
2ªB
2008-09
2ªB
1ª Rolda
2009-10
2ªB
2010-11
2ªB
2011-12
2ªB
1ª Rolda
2012-13
2ª Rolda

Resumo [editar]

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 2 (Incluída a 2012/13)
  • Tempadas en 2ªB: 23
  • Tempadas en : 34
  • Posto na única tempada en Segunda: 18º (tempada 1992-93)
  • Promocións de ascenso a Segunda: 8 (2 ascensos)
  • Promocións de ascenso a Segunda B: 4 (3 ascensos)

Torneos nacionais [editar]

Torneos estatais [editar]

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]