Lintel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Linteis de pedra en Stonehenge.
Esquema de estrutura con lintel.

Lintel, lumieira, cubrición ou padieira[1] é un elemento estrutural horizontal, que salva un espazo libre entre dous apoios. É o elemento superior que permite abrir ocos nos muros para conformar portas e xanelas. Pode ser feito de diversos materiais.

No centro do lintel é onde a peza experimenta as maiores tensións, sendo estas de compresión na cara superior, e de tracción na inferior. Os materiais ríxidos, como as rochas, soportan peor os esforzos a tracción, polo que a patoloxía máis habitual nos linteis pétreos son as fisuras que xorden desde a cara inferior.

Os mellores expoñentes de arquitectura con lintel son os edificios monumentais do antigo Exipto e a Grecia clásica.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dicionario da Real Academia Galega