Carballedo
Coordenadas: 42°32′20″N 7°48′48″W / 42.538924°N 7.813361°W
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Carballedo (homónimos).
| Carballedo | |
|---|---|
| Casa do concello | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | carballedés (non oficial) |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Lugo |
| Comarca | Chantada |
| Poboación | 2.752 hab. (2009) |
| Área | 138,8 km² |
| Densidade | 20,17 hab./km² |
| Entidades de poboación | 23 parroquias |
| Capital do concello | |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Julio Yebra-Pimentel (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 9 PSdeG-PSOE: 1 Outros: - |
| Eleccións municipais en Carballedo | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 99,47 % |
| Sitio web oficial | |
| http://www.concellocarballedo.info | |
Carballedo é un concello da provincia de Lugo, pertencente a comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2009 tiña 2.752 habitantes (2.929 no 2006, 3.010 no 2005, 3.055 no 2004, 3.061 no 2003).
| Evolución da poboación de Carballedo - desde 1900 ata 2011 - | ||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 |
| 9.804 | 9.116 | 10.295 | 4.581 | 3.055 | {{{6}}} | {{{7}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
||||||
Índice |
[editar] Xeografía
O concello ten 139,6 km², repartidos en 23 parroquias. Está situado ao suroeste da provincia de Lugo, na comarca de Chantada. Limita ao norte con Chantada, ao sur con Vilamarín e A Peroxa, ao leste con Pantón e ao oeste con San Cristovo de Cea e Rodeiro.
É un terreo de media montaña, entre a serra do Faro e o río Miño, no encoro dos Peares. Tamén está regado polo río Bubal. Está atravesado coa estrada N-540 que comunica Lugo e Ourense, que atravesa o termo de Norte a Sur (pasando pola súa capitalidade, La Barrela).
O clima é oceánico, con matices continentais canto máis ao sur, con temperaturas moderadas e choivas abundantes. O seu ecosistema viuse afectado pola construción do encoro de Belesar.
[editar] Historia
Da época do megalitismo consérvanse as mámoas de Vilar de Monte. Hai restos da época da cultura castrexa, como os castros de Morgade, Buciños, Papelle e Touza.
Nunha pequena igrexa da parroquia de Temes achouse un sartego do século IV, encargado por un terratenente galaico-romano a un obradoiro de Roma. Da época do románico son as igrexas monacais de Santo Estevo de Chouzán e San Xoán da Cova.
Trala fin do antigo réxime, en 1840 creouse o concello de Carballedo, sendo importante a influencia de José Antonio Ribadeneira, da Casa Grande de Loureiro, bispo de Valladolid e auditor da Sagrada Rota Romana. Suprimiuse o concello de Asma, que comprendía a conca do río Asma até a confluencia coa do río Comezo, integrándose as parroquias da marxe dereita agás as de Santa Cruz e Santa Uxía de Asma, do concello de Chantada. Nun primeiro momento a capital situouse no lugar de Carballedo, sendo trasladada sucesivamente a San Mamede de Lousada, Penaboa, Buciños, Chouzan, Castro e A Barrela, onde se mantén actualmente.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Carballedo.
[editar] Lugares de Carballedo
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Carballedo vexa: Lugares de Carballedo.
[editar] Parroquias
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
| Concellos da Comarca de Chantada | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
Carballedo |
Chantada |
Taboada |
||||
|
|||||