Autobús
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O autobús, autocar ou ómnibus é un vehículo terrestre deseñado para o transporte de persoas. Xeralmente é usado nos servizos de transporte público urbano e interurbano, e con traxecto fixo. A súa capacidade pode variar entre 10 e 120 pasaxeiros.
O autobús adoita ter motor de combustión interna, pero existen outras variantes minoritarias:
- Autobús eléctrico. Empregan unha fonte eléctrica principalmente baseada en baterías de diferentes tipos.
- Autobús guiado. O vehículo dispón dunhas pequenas rodas horizontais paralelas aos pneumáticos que se encaixan nos topes laterais e o guían.
- Orientación óptica. Utiliza marcas pintadas no chan e un sistema óptico (láser ou visión artificial).[1]
- Autobús expreso. Consta de carrís exclusivos e un autobús articulado con portas a ambos lados e accesibles só desde as estacións