Cervo
| Cervo | |
|---|---|
| Encoro da antiga fábrica de Sargadelos. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | cervense |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Lugo |
| Comarca | Comarca da Mariña Occidental |
| Poboación | 4685 hab. (2009) |
| Área | 78,3 km² |
| Densidade | 59,83 hab./km² |
| Entidades de poboación | 6 parroquias |
| Capital do concello | |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Alfonso Villares Bermúdez (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 7 PSdeG-PSOE: 3 Outros: - |
| Eleccións municipais en Cervo | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 89,83% |
| Páxina web oficial | |
| www.concellodecervo.com | |
Cervo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE no 2010 tiña 4.595 habitantes (4.847 no 2006, 4.949 no 2005, 4.978 no 2004, 5.060 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cervense».
| Evolución da poboación de Cervo (desde 1900 ata 2012) | |||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 |
| 4.838 | 4.532 | 5.069 | 9.639 | 4.978 | 4.595 | {{{7}}} | {{{8}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||||
| Censo Total | 4.595 |
| Menores de 15 anos | 424 (9,23%) |
| Entre 15 e 64 anos | 3.253 (70,79%) |
| Maiores de 65 anos | 918 (19,98%) |
Índice |
Xeografía [editar]
Cervo está situado ao norte da provincia de Lugo, a media distancia entre Viveiro e Ribadeo.
Historia [editar]
No Antigo Réxime os territorios do concello pertencían á xurisdición de San Cibrao e ao couto redondo de Burela, pertencentes á súa vez á provincia de Mondoñedo. Coa primeira división de Galiza en concellos, Cervo pertencía ao partido de Viveiro. Entre 1835 e 1840 estivo dividido en dous: San Cibrao (parroquias de Castelo, Cervo, Lieiro, Rúa, Sargadelos e Vilaestrofe) e San Xulián de Nois (parroquia de Santa María de Burela). Esta división mantívose até 2002, cando se independizou o concello de Burela.
Economía [editar]
Malia que boa parte da economía local depende do sector primario (agricultura, gandería e pesca), tamén existe sector industrial e turístico.
O valor industrial da zona naceu por mor da existencia de terreos arxilosos e de caolín na zona. Isto permitiu a creación de factorías de ladrillos, tellas e louza, destacando a cerámica de Sargadelos a finais do século XVIII. Na actualidade a principal industria é a empresa Alcoa Europe (entre os concellos de Cervo e Xove).
Festas [editar]
Amais das festas parroquiais, existen no concello varias festas gastronómicas, como a festa do ourizo (en marzo) e a festa do mexillón (abril) en San Cibrao. Esta aldea acolle tamén a festa da Maruxaina, celebrada o segundo sábado de agosto desde 1985, e declarada de interese turístico en 2002. Os veciños reúnense pola mañá vestidos de época (os homes de mariñeiros, con pantalón azul, camisa branca e boina, e as mulleres de loito, con saia longa, mandil, camisa e pano na cabeza). Percorren a aldea co son das gaitas e os cornos, hai xantar popular na praia e celebración de xogos populares. Coa chegada da noite, a Maruxaina chega en chalanas desde Os Farallóns, e é levada á praza onde ten lugar un xuízo para decidir se é queimada ou indultada. Tralo indulto, comézase unha gran queimada.
O sábado seguinte ao 16 de agosto ten lugar en Cervo a queimada popular, declarada en 2001 festa galega de interese turístico. Logo dunha representación teatral da loita entre o ben e o mal, faise o conxuro da queimada e repártese a augardente.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Cervo.
-
Espolón do porto de San Cibrao.
-
Parte de Alcoa/S.Cibrao no concello de Cervo, dende o porto de Morás.
Lugares de Cervo [editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cervo vexa: Lugares de Cervo.
Parroquias [editar]
| Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Cervo | |
|---|---|
|
Castelo (San Xiao) | Cervo (Santa María) | Lieiro (Santa María) | Rúa (Santa María) | San Román de Vilaestrofe (San Román) | Sargadelos (Santiago) |
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
Véxase tamén [editar]
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |