Acueduto de Lugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O acueduto de Lugo foi unha entrada de auga a Lucus Augusti da que hoxe soamente se conserva unhas poucas ruínas.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Lugo contaba, debido ao seu carácter de núcleo urbano, cunha traída de auga de certa entidade. Sábese da existencia dun acueduto que ía dende o barrio de Pías e o Castiñeiro (a uns 1,5 quilómetros ao noroeste da antiga cidade) até o recinto urbano. Aínda que non se sabe con exactitude a data de construción desta obra hidráulica, sábese que arredor do século III (cando se construíu a Muralla) debía estar rematado xa que a atravesaba á altura da actual porta de San Fernando[3].

Foi arranxado a mediados do século XVIII polo bispo Izquierdo e demolido na súa totalidade en 1947.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Acueducto romano -". www.lugoaccesible.net. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2019. Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  2. "Obras en una plaza en Lugo ponen al descubierto restos del acueducto romano". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de marzo de 2011. 
  3. Pallares y Gayoso (1700). Argos Divina. La fuente de sus arrabaldes, que hoy llaman del Castiñeiro, muestra bien ser artificio romano, por los secretos arcaduces con que entraron el agua a diversas partes de ella, y de su origen se conservaron dos fuentes en el distrito, donde están situados los conventos de Santo Domingo y San Francisco, de que hay vestigios y memorias en los libros de archivo de la ciudad, y de sus conductos y diligencias para traerla dentro de la ciudad, y información que se ha hecho cuan necesaria era, y sisa que por su Real Cédula permitió su Majestad, para los gastos de traerla: en su nacimiento se manifiesta un conducto de menudos guijarros, y fuerte argamasa, artificio de romanos. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]