Portomarín
| Portomarín | |
|---|---|
| Casa do Concello de Portomarín. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | portomarinense |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Lugo |
| Comarca | Comarca de Lugo |
| Poboación | 1763 hab. (2010) |
| Área | 115,1 km² |
| Densidade | 15,32 hab./km² |
| Entidades de poboación | 20 parroquias |
| Capital do concello | Portomarín |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Juan Carlos Serrano López (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 3 Outros: - |
| Eleccións municipais en Portomarín | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 99,54% |
| Páxina web oficial | |
| www.concellodeportomarin.es | |
Portomarín (do latín "portumarini", 'porto ou paso fluvial de pouca profundidade') é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, en 2010 tiña 1.763 habitantes de habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é portomarinense.
Índice |
Poboación[editar]
| Censo Total (Habitantes) | 1.690 |
| Menores de 15 anos | 119 (7.04 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 941 (55.68 %) |
| Maiores de 65 anos | 630 (37.28 %) |
Historia[editar]
Prehistoria[editar]
Hai restos de poboados no concello de Portomarín, como medorras e castros, como o castro de Catromaior, o castro da Vires, o castro de Bedro, Castrolobrixe, castro de Vila ou o castro de Soengas.
Época romana[editar]
A primeira ponte sobre o río Miño nesta zona foi construída polos romanos no século II. A vila xa aparece citada como Portumarini no ano 792. A orixe da vila parece estar ligada ó conde Don Gutierre e á condesa Dona Ilduara (Aldara de Celanova), pais de San Rosendo, bispo de Mondoñedo e fundador do mosteiro de Celanova no século X. No Códice Calixtino aparece Portomarín denominado coma Pons Minea (ponte do Miño).
Idade Media[editar]
Na idade media foi camiño de paso dos peregrinos cara Santiago de Compostela, sendo unha das maiores vilas tralo paso do Cebreiro. Posiblemente tivo grande importancia neste período, ó contar con tres ordes de cabalería. Na marxe esquerda estaban os Cabaleiros da Orde de Santiago, nada no mosteiro de Loio, e a Orde do Templo. Na marxe dereita estaba a Orde dos monxes-cabaleiros da Orde de San Xoán de Xerusalén. O carácter guerreiro destes monxes explica o aspecto de fortaleza da Igrexa de San Xoán, coñecida como San Nicolás, ao estar situada no barrio de San Nicolás do Portomarín antigo.
En 1112 a ponte foi destruída por Dona Urraca, raíña de Castela, para frear o paso das tropas do seu marido, Afonso o Batallador. Porén, 8 anos máis tarde a propia raíña ordenou reconstruír a ponte a un tal Pedro o Peregrino.
Posteriormente o arcebispo Pedro Arias entregou o burgo de Portomarín á recentemente creada Orde de Santiago. Baixo o reinado de Afonso IX a vila pasou a depender da orde de San Xoán de Xerusalén.
En 1126 Pedro o Peregrino construíu un hospital, que contiña na súa fachada a inscrición Domus Dei. O Hospital, adicado á atención dos peregrinos, foi confiado á Orde de Santiago e logo á Encomenda de San Xoán, á que tamén correspondía o burgo de Portomarín e o coidado da ponte e do Camiño de Santiago. O Hospital foi derrubado en 1944.
A antiga vila estaba constituída por dous barrios, divididos polo río Miño. Na marxe esquerda o de San Pedro, e o de San Xoán na marxe dereita.
Idade Contemporánea[editar]
O 8 de febreiro de 1946 a vila de Portomarín foi declarada Conxunto Histórico-Artístico. Ó construírse en 1962 o encoro de Belesar, a vila trasladouse ó veciño Monte do Cristo. Alí se reconstruíron algúns dos edificios máis importantes tanto civís como relixiosos.
O patrimonio monumental foi trasladado pedra a pedra ata ou seu actual emprazamento. Trasladáronse as igrexas de San Nicolás (as súas pedras foron numeradas e ensambladas de novo no seu actual emprazamento), San Pedro e algúns pazos, como o do Conde da Maza do século XVI e o Pazo dos Pimentales ou de Berbeteros, do século XVII. Nas tempadas en que baixa o nivel do encoro aínda son visibles os restos das antigas edificacións, o malecón e a primitiva ponte.
A igrexa de San Xoán, hoxe denominada de San Nicolás, construída nos séculos XII e XIII, é un dos monumentos románicos máis senlleiros do Camiño de Santiago. A igrexa de San Pedro data do século X e forma parte dun conxunto integrado polo Pazo de Berbetoros e o Pazo do Marqués de Paredes.
Galería de imaxes[editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Portomarín.
Lugares de Portomarín[editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Portomarín vexa: Lugares de Portomarín.
Parroquias[editar]
Notas[editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
Véxase tamén[editar]
|
|||||
| Concellos da Comarca de Lugo | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Castroverde |
O Corgo |
Friol |
Guntín |
Lugo |
Outeiro de Rei |
Portomarín |
Rábade |
||||
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |