Friol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Friol
Escudo de Friol
Fortaleza de San Paio de Narla.jpg
Fortaleza de San Paio de Narla
Situación
Situacion Friol.PNG
Xentilicio[1]: Friolés
Xeografía
Provincia: Provincia de Lugo
Comarca: Lugo
Poboación: 4.246 hab. (2010)
Área: 292,3 km²
Densidade: 15,16 hab./km²
Entidades de poboación: 32 parroquias
Capital do concello: Friol
Política (2011)
Alcalde: Antonio Evaristo Muíña Pena (PPdeG)
Concelleiros: BNG: 1
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 3
Outros: -
Eleccións municipais en Friol
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 99,78 %
Sitio web oficial
http://www.concellodefriol.es/

Friol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o IGE a súa poboación no 2010 era de 4.246 habitantes (4.490 no 2006, 4.533 no 2005, 4.580 no 2004, 4.646 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Friolés.

Evolución da poboación de Friol - desde 1900 ata 2010 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2010
 8.865  10.176  10.037  5.878  4.580  4.246
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Índice

[editar] Historia

No rexistro de mámoas feito por Pedro Vázquez de Ornas en 1609 menciónase como a de maior importancia do concello a dos Castelos, na xurisdición da Torre de Narla, propiedade de Alonso Ordóñez das Seixas. Tamén se menciona, entre outras, a de Anafreita, a de Porto Anguieiro (Anxeriz) e a de Reigosa.

Na Rocha de Narla, onde estivo a casa e castelo dos Ulloas, posiblemente houbera con anterioridade un poboado castrexo.

Durante a romanización esta zona estivo baixo o convento xurídico de Lucus Augusti.

Na época visigótica creouse o condado de Narailiensis (de Narla), definido no concilio lucense en 569. Extendíase entre as provincias da Coruña e Lugo, e descoñécese a súa capitalidade, aínda que o topónimo de San Martiño de Condes permitir supor que era alí.

Daquela época quedan topónimos como Argerei, Ascariz, Gimondriz, Guldriz, Nobigilde, Recarei, Remesil ou Guimarei.

A raíz dese condado xurdiron outras ramas, como os de Mera, Parga ou Presares. Este último, se ben non acadou tanta sona como o da Casa de Parga, tiña unha gran extensión territorial, desde o monte da Cova de Serpe pasando por Aranga, Melide e as terras de Montaos e Bergantiños.

A finais do século X Dona Tareixa, monxa do mosteiro de Sobrado dos Monxes e sobriña de San Rosendo, deu liberdade aos habitantes de Anafreita, sobre os que exercía señorío.

O rei Afonso IX hospedouse en San Martiño de Condes, desde inde enviou unha carta a Lugo ordeando que non recoñecesen a outro señor máis que ao bispo.

En abril de 1362 Vasco Pérez, fillo de Pedro López de Rodeiro, deu ao bispo de Lugo as súas posesións do couto de San Martiño dos Condes e no lugar da Mota "en correge mento e enmenda de moytos maes e dannos e queyxumes de paes, e de casas e roubos de gaados e de outras cousas mobles... e mortes de homes que eu fize e cometi por miña autoridade en o seu couto de Lugo contra a dita iglesia e os vasallos dela sen sua culpa...>".

Na Idade Media as familias Ulloa, Parga e Seixas repartíronse o poder neste termo. Daquela época queda a torre de Friol, a fortaleza de San Paio de Narla, a torre de Miraz, o pazo de Remesil e o pazo de Trasmonte. Estas terras foron obxecto de loitas e pleitos, como quedou reflexado nas chancelerías e nos escritos de Vasco da Ponte. O xenealoxista menciona que nas revoltas do século XV entre os nobres galegos Gonzalo Ozores de Ulloa gañou Narla, sendo sucedido por Lope Sánchez de Ulloa, da casa de Monterrei, quen o cedeu ao bispo de Lugo, xunto cos coutos de San Martiño dos Condes e Ferreira de Negral. Esta cesión foi confirmada por Sancho de Ulloa, fillo de Lope.

Durante o século XV as terras estaban repartidas entre a casa de Parga (da que foi sucesora a casa de Miraz), a de San Paio de Narla (propiedade dos Vázquez de Seixas), a casa de Ulloa (sucedida pola dos condes de Monterrei) e o bispo de Lugo, cos mosteiro de Sobrado dos Monxes e San Antolín de Toques, e a orde militar de Santiago (pasando despois as súas propiedades á coroa).

A fortaleza de San Paio de Narla foi reconstruída no século XVI por Vasco de Seixas, señor da Casa Solar e Castro de Seixas e do Pazo de San Paio de Narla; era fillo de Vasco de Seixas "o vello" e de María Álvarez de Soutomaior, e neto de Vasco de Seixas, quen no século XIV fora señor de San Paio, Osera, Chantada, Ferreira, Samos, Sobrado e Eiré. Participou na loita dinástica dos Trastámara en favor de Don Henrique. O espazo señorial lucense estaba daquela repartido entre cinco familias: os Vázquez de Seixas, Ulloa, Lemos, Saavedra e Pardo.

As terras constituíronse como concello a comezos do século XIX. O 9 de agosto de 1834, durante as guerras carlistas, un destacamento da provincia de Pontevedra foi atacado por un grupo de carlistas dirixido polo canónigo Martínez Villaverde. Os carlistas incendiaron a casa de Bañales, onde se resguardara a guarnición. O 19 de xullo de 1839 a columna liberal de Friol matou o faccioso Manuel Perdiz, vengando nel aquel desastre. En 1874 houbo un motín popular co gallo do sorteo da quinta de 125.000 homes, que provocou a queima dos documentos do arquivo municipal.

[editar] Gastronomía

En marzo celébrase a feira do queixo de Friol e pan de Ousá.

[editar] Deportes

O deporte con máis popularidade no concello é o fútbol sala, con equipos nas ligas autonómicas masculna e feminina.

[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Friol.

[editar] Lugares de Friol

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Friol vexa: Lugares de Friol.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Friol

Anafreita (San Pedro) | Anxeriz (Santa María) | Bra (San Martiño) | Carballo (San Xiao) | Carlín (Santa María) | Cotá (San Martiño) | Friol (San Xiao) | Guimarei (Santa María) | Guldriz (Santiago) | Lamas (Santa María) | Lea (San Xurxo) | Madelos (Santalla) | Miraz (Santiago) | Narla (San Pedro) | Nodar (San Mamede) | Ousá (San Xiao) | O Pacio (Santa María) | Prado (San Martiño) | Ramelle (Santa María) | Rocha (San Cosmede) | Roimil (San Xiao) | San Cibrao da Pregación (San Cibrao) | San Martiño de Condes (San Martiño) | Santalla de Devesa (Santalla) | Seixón (San Paio) | Seoane da Pregación (San Xoán) | Serén (Santa Cruz) | Silvela (Santa María) | Trasmonte (Santiago) | Vilafiz (Santa María) | Vilalvite (San Pedro) | Xiá (Santa María)

[editar] Véxase tamén


Concellos da Comarca de Lugo Comarca de Lugo
Castroverde
Castroverde
O Corgo
O Corgo
Friol
Friol
Guntín
Guntín
Lugo
Lugo
Outeiro de Rei
Outeiro de Rei
Portomarín
Portomarín
Rábade
Rábade

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas