Entroido

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O Entroido ou Antroido é unha festa de carácter tradicional que, ao longo e largo do planeta, se celebra entre os meses de febreiro e marzo (inverno no hemisferio norte e verán no sur). Coincide co período inmediatamente anterior á Coresma (tempo de xaxún de 40 días anteriores á Pascua, conforme o calendario cristián).

O Entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os antroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa, e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de acontecemento turístico nacional polo Ministerio de Turismo.

Índice

[editar] Entroido ou carnaval

A palabra entroido ou antroido deriva do latín introitus, que significa "entrada" ou "comezo" da primavera e do rexurdimento da vexetación. Na zona norte de Galiza emprégase antroido, como no antroido ribadense, mentres que no sur é máis frecuente entroido. A palabra aparece citada desde o século XIII[1]. O antroido coñécese tamén como carnaval (vid. infra), que tamén é un termo galego, ou co francés de mardi gras, "martes graxo" ou da graxa (touciño). Nalgúns países onde o entroido desapareceu por presión eclesiástica ou policial, cando foi recuperado utilizouse o termo "carnaval" (así no Brasil[2]). Tamén é carnaval o termo correcto para festas similares celebradas fóra dos días anteriores á Coresma, como os carnavais de verán.

[editar] Orixe da palabra carnaval

A palabra vén do italiano carnevale, que ten como orixe segundo a maioría dos etimoloxistas modernos[3] o latín vulgar carne-levare, que significaba "abandonar a carne" (o cal xustamente era a prescrición obrigatoria para todo o pobo durante todos os venres da Coresma). Noutras zonas, como en Cataluña ou España as denominacións populares de carnestoltes ou carnestolendas, respectivamente, parecen indicar que esta é a opción etimolóxica máis sensata (do latín tolere, retirar).

Posteriormente xurdiu outra etimoloxía manexada no ámbito popular: a palabra italiana carnevale significaría que durante a época do carnaval a "carne vale", ou sexa que se pode comer. Tamén se propón outra etimoloxía sen fundamento [4]que provén da expresión latina carrus navalis, ou sexa unha carroza decorada que posiblemente saíse en desfile durante estas datas.

Pero a fins do século XX varios autores comezaron a sospeitar a orixe pagá do nome. Carna é a deusa celta das fabas e o touciño. Tamén estaría conectada con festas indoeuropeas, dedicadas ao deus Karna (que no Mahabhárata aparece como un ser humano, irmán maior dos Pándavas, fillo do deus do Sol e a raíña Kuntí).

[editar] Calendario

O Antroido, ao variar conforme a Pascua e a Coresma, non ten datas fixas. O martes de antroido adoita coincidir en febreiro ou nos primeiros días de marzo, pero as celebracións relacionadas poden comezar xa en xaneiro.

É o que se coñece como ciclo do entroido e que ten nas diferentes vilas de Galiza distintas extensións. Tense tomado como referencia o entroido de Xinzo como o máis longo, se ben a súa distribución en cinco semanas é común a boa parte das comarcas centrais ourensás, como Maceda.

As súas datas fundamentais, por orde, son:

  • Domingo fareleiro
  • Domingo oleiro
  • Xoves de compadres
  • Domingo corredoiro
  • Xoves de comadres
  • Domingo de antroido
  • Luns de antroido
  • Martes de antroido
  • Mércores de cinza
  • Domingo de piñata

Non en todas as vilas se conservan ou existiron nunca todas estas festividades. Ademais, aínda que os días grandes adoitan ser o domingo e o martes de antroido, noutras localidades, como Laza, a data referencial é o luns de antroido.

[editar] As máscaras

Boteiro, Vilariño de Conso
Boteiro, Vilariño de Conso

As máscaras do antroido galego presentan, segundo as zonas e comarcas, trazos diferentes. Podemos distinguir dous grandes grupos:

  • As máscaras da zona atlántica, nunha zona non continua que vai dende Cangas e Vilaboa ao sur ata as comarcas do Deza e o val do Ulla. Son traxes tamén coloristas, pero que frecuentemente deixan o rostro descuberto. Neles o traballo individual de elaboración do vestido é importante, pero máis o é a performance, que adoita ser colectiva. É o caso dos xenerais de Deza e de Ulla, as damas e galáns de Cangas e Vilaboa e as madamitas e madamitos do antroido de Cotobade.

Tamén existen outros costumes:

[editar] Galería de imaxes

[editar] Notas

  1. Dicionário Houaiss:entrudo
  2. Dicionário Houaiss:entrudo
  3. Segundo o Dicionario da RAE, del it. carnevale, haploloxía do ant. 'carnelevare', de 'carne', carne, e 'levare', quitar, e este calco do gr. ἀπόκρεως, e no Houaiss: latín medieval 'carneleváre' ou 'carnileária' (sXI-XII) 'véspera do Xoves de Cinza, día en que se inicia a abstinencia de carne esixida na Coresma', do latín clásico 'carnem leváre'(...); ocorre en varios dialectos de Italia, provén do milanés 'carnelevale' (1130), fíxase no it. 'carnevale' (séc. XIV) e de aí no fr. 'carneval' (1552) 'carnaval' (1680), pasando ás demais linguas europeas aínda no séc. XVII.
  4. Houaiss: "Parecen sen fundamento histórico hipóteses que derivan a palabra da locución latina carrus navalis ('carro naval'), por asociación coa carreta en forma de barco usada em festas populares romanas, ou que lle atribúen ao 2º elemento do vocábulo orixinal no latín vale (adeus) ou no francés aval (abaixo)

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


[editar] Bibliografia

[editar] Na Galipedia

Páxina dedicada ó antroido en Ribadeo

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais