Trabada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°12′4″N 6°56′22″W / 43.20111°N 6.93944°W / 43.20111; -6.93944

Trabada
Escudo de Trabada
Casa do concello de Trabada.jpg

Casa do concello.
Situacion Trabada.PNG
Situación
Xentilicio[1] trabadés
Xeografía
Provincia Provincia de Lugo
Comarca Comarca da Mariña Oriental
Poboación 1.268 hab. (2012)
Área 82,7 km²
Densidade 15,33 hab./km²
Entidades de poboación 8 parroquias
Política (2011)
Alcalde José Manuel Yanes Ginzo
Concelleiros BNG: 1
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 2
Outros: -
Eleccións municipais en Trabada
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 99,10%
Na rede
www.trabada.es

Trabada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE en 2012 tiña 1.368 habitantes (1.398 no 2009, 1.479 no 2006, 1.504 no 2005, 1.552 no 2004, 1.579 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «trabadés».

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello, de 82,7 km², sitúase no noroeste da provincia de Lugo, na comarca da Mariña Oriental. Ao norte limita cos concellos de Barreiros e Ribadeo, ao sur coa Pontenova, ao surleste con Santiso de Abres (Asturias) e ao oeste con Lourenzá e Riotorto. Dista a 75 km da capital provincial, Lugo.

O seu relevo é accidentado. A súa superficie alterna os altos cumios de serras como A Cadeira (alto de Cerrochán, 776 m), e vales profundos e fértiles vales até a ría de Ribadeo. Está regado polo río Eo e mais os seus afluentes, o Trabada e Vilapena. Ten un clima oceánico suave con leve oscilación térmica provocada pola proximidade ao mar Cantábrico. Está comunicada con Lugo e Ribadeo a través da N-640. Amais, a estrada LU-132 cruza o concello de oeste a leste.

O concello de Trabada está incluído na Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón.

Historia[editar | editar a fonte]

O topónimo Trabada ten orixe no latín Tabulata. Así aparece mencionada nun documento do século VIII (o máis antigo conservado na península Ibérica, datado o 23 de agosto do 775 e conservado no arquivo da Catedral de León), no que o rei Silo doa terreos de dominio real situados entre os ríos Eo e Masma para que se constrúa neles un lugar de oración ou mosteiro, a través do abade Sperautano. Así, fundouse o mosteiro de San Martiño de Esperautano, do cal non quedan vestixios.

Na idade moderna construíron casas grandes e pazos familias como os Rocha, Pardo, Montenegro, Aguiar, Aenlle, Barreras, Miranda, Oia ou Rego, como se pode observar nas labras heráldicas conservadas. As máis antigas das que se conservan son do século XVI, de estilo renacentista. A casa de Rigoio (parroquia de Sante) ten as armas dos Díaz da Rocha. O pazo e torre de Terrafeita (Santa María de Trabada), ten na adarga os emblemas dos Rocha, Aguiar e Pardo, rodeada por unha coroa laureada. A ermida de San Martiño (en Ría de Abres) foi construída en 1585 por Pedro de Miranda e Villar e mais a súa dona, María Osorio. Leva as armas dos Villar asturianos, Osorio, Miranda e Aguiar. Xa do século XVII son a casa do Mosteiro (en Sante), con blasóns dos Rocha, Baamonde, Luaces e Moscoso, e a casa de Boca de Canle (Ría de Abres), con armas dos Rocha, Baamonde e Miranda. Outras casas grandes destacadas son as de Vinxoi (en Vilafernando) Valboa, e a de Saavedra (en Vilapena).

Durante a guerra da independencia española, o alcalde de Sante ofreceu resistencia ante as tropas francesas, dirixidas polo xeneral François M. Fournier. En 1808 constituíuse a Xunta de Defensa de Ribadeo cunha guarnición de vinte e cinco soldados, pero as tropas napoleónicas entraron na vila sen resistencia o 25 de xaneiro de 1809, con 150 homes enviados desde Mondoñedo, que xa estaba conquistada. Logo de que as tropas esixisen comida ás aldeas da periferia, Melchor Díaz de la Rocha convocou a veciñanza de Sante, Vidal, Vilaosende, Cedofeita, Valboa e Couxela para se armaren en defensa. O 29 dese mesmo mes 300 veciños con escopetas, chuzos e fouces presentaron batalla ante os franceses no camiño da Nosa Señora da Ponte, entre Mondoñedo e Ribadeo, provocando a retirada do exército francés cara a Mondoñedo, logo de provocar a baixa de 60 soldados e 25 cabalos. Porén, despois de recibir reforzos de Lugo e Ferrol, finalmente os franceses lograron asaltar Ribadeo. Na actualidade, o luns de Pentecostés conmemórase a batalla no lugar da Nosa Señora da Ponte, na parroquia de Arante. Alí asisten representantes das sete parroquias de Ribadeo e Trabada que participaran naquela batalla, portando os pendóns e emblemas das mesmas.

Membro de ilustres linaxes da nobreza galega, casou con Isabel Bermúdez y Santiso de Sante, e fundou no ano 1720 a Capelanía do Rosario, na parroquia de San Xiao de Sante. Díaz de la Rocha, home culto, de carácter enérxico, forte e dominante, morreu á idade de 83 anos no seu pobo natal, tras vivir na Coruña, totalmente ignorado, durante varios anos. Trala fin do antigo réxime, e coa división territorial de España en 1833, parroquias de varias xurisdicións constituíron os concellos de Sante, Trabada e Vilaformán. En 1840 fusionáronse no de Sante, e a partir de 1841 pasou a denominarse Trabada.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Paisaxe de Trabada.

Da época do megalitismo consérvanse diversas mámoas, aínda sen escavar. Da cultura castrexa permanecen os castros de Trabada, Sante e Vidal. O menhir do Marco da Pena Verde aparece citado xa no diploma do rei Silo como confluencia de camiños.

A igrexa de Sante construíuse no século XVI e foi reformada no XVIII. A de Vilapena conta na capela maior cun retablo barroco restaurado recentemente, e na nave esquerda outro do século XVI. A igrexa de Valboa, reformada en 1923, conserva duos retablos laterais do século XVII, e a de Vilaformán ten un de 1735. Na capela de Vilafernando hai unha escultura en pedra de San Antón, destacando tamén o retablo maior. Na igrexa de Trabada hai unha imaxe da Inmaculada.

Amais están as igrexas parroquiais de Fórnea e Vidal, e mais as capelas de San Xosé, San Antón e San Bricio (Sante); San Román, San Antón, San Marcos, Santo Estevo e San Miguel (Trabada); San Ramón (Ría de Abres); San Fernando (Valboa) e San Antón (Bargo-Vilapena).

Economía[editar | editar a fonte]

A actividade económica xira arredor da agricultura, a gandería (produción de leite de gando vacún) e o sector forestal.

Lugares de Trabada[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Trabada vexa: Lugares de Trabada.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Trabada

A Fórnea (Santo Estevo) | A Ría de Abres (Santiago) | Sante (San Xiao) | Trabada (Santa María) | A Valboa (Santa María Madanela) | Vidal (San Mateo) | Vilaformán (San Xoán) | Vilapena (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Trabada Modificar a ligazón no Wikidata


Concellos da Comarca da Mariña Oriental Comarca da Mariña Oriental
Barreiros
Barreiros
A Pontenova
A Pontenova
Ribadeo
Ribadeo
Trabada
Trabada