Panthera leo
Atención: Este artigo precisa dun traballo de revisión.
|
- Para "león americano", véxase: puma.
| León | ||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||||
|
||||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||||
|
||||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||||
| Panthera leo (Linneo, 1758)) |
||||||||||||||
O león (Panthera leo) xunto co tigre, leopardo, e xaguar, é un dos catro felinos pertencentes ao xénero Panthera, e é un mamífero carnívoro da familia dos félidos.
Índice |
[editar] Características físicas
O macho adulto é facilmente recoñecíbel pola súa melena (aínda que en Angola existe unha subespecie case extinta cuxos individuos carecen de melena. Namentres que son cachorros, os machos e as femias teñen a mesma aparencia, conforme van medrando os machos adquiren a melena. Chegando á idade de madurez sexual os machos novos optan por vivir sós ou disputar o liderado da manada. O seu peso pode oscilar entre os 160 e os 230 kg.[1] O peso do león é moi variábel, dependendo da subespecie. Un exemplo disto son os leóns machos surafricanos, que poden pesar até 251 kg, namentres o león asiático é menos corpulento e de melena menos poboada nos exemplares salvaxes. As subespecies africanas rara vez superan os 190 kg, mesmo existe una poboación de leóns do Masai na que os machos non adoitan sobrepasar os 170 kg de peso. As femias acostuman a seren máis pequenas, cun peso de entre 130 e 180 kg. Tamén existen diferencias nas femias, as leoas de Masai adoitan ter un peso medio de 140 kg, as leoas surafricanas (e algunhas poucas no Delta do Okavango) chegan polo xeral aos 160 kg, namentres que as leoas asiáticas non pesan máis de 120 kg. O león africano en cativerio máis grande pesou 366 kg, mentres que en liberdade o exemplar máis grande que se cazou pesou 313 kg. Con todo, estes exemplares padecían de xigantismo.
Os machos teñen unha lonxitude entre 225 a 260 cm, e sobre os 200 cm no caso das femias; os machos poden medir até 1.23 m, a altura da crus, e as femias até 1.07 m. En distancias pequenas poden correr a unha velocidade de 60Km/h. É o segundo felino máis grande do mundo, despois do tigre. A esperanza de vida nos exemplares en estado salvaxe é de 12 anos para os machos e 16 para as femias, entrementres que en cativerio decote existen exemplares con máis de 20 anos. Estes felinos prefiren habitar en lugares cálidos. Polo xeral, os machos acostuman ter un ton de pelaxe unha miga máis claro ca o das femias.
[editar] Melenas
Anteriormente, os científicos pensaban que a forma e espesura da melena tiña que ver coa subespecie de león que se trate. Estas características foron usadas para identificalos, como por exemplo o león do Atlas e o león del Cabo, que xeralmente posuían melenas copiosas e escuras. Porén, na actualidade sábese que existen varios factores extrínsecos que inflúen na cor e tamaño da melena, como a temperatura do ambiente. A temperatura fresca en zoolóxicos norteamericanos e europeos poden dar lugar a unha melena espesa. Polo tanto, a melena é algo inadecuado para identificar a unha subespecie. Coñecéronse casos de leóns carentes de melena en lugares como Senegal e o Parque Nacional Tsavo. A presenza, ausencia ou a cantidade de melena está asociada coa testosterona; un exemplo de isto son los leóns castrados, que acostuman ter melenas moi escasas. Unha melena espesa tamén pode ser un indicador dunha saúde xenética e física do león, as femias acostuman demostrar preferencia polos machos cunha melena grande e escura; a melena tamén pode proporcionarlle certa protección nas batallas. A cola acostuma medir entre 75 cm e un metro. Todos os leóns posúen un penacho de pelo na punta da cola, este penacho é máis grande no león asiático que nas subespecies africanas. A función de este penacho aínda se descoñece, aínda que se cre que é para escorrentar as moscas.
[editar] Reprodución
O león pode criar todo o ano. En certos lugares notase un incremento na reprodución durante certos meses, sendo menos frecuente durante o resto do ano. É probable que esta variación dependa das estacións do ano, ou das tempadas de choiva e seca. Pero pode ser alterada de acordo as dinámicas internas da manada.
Normalmente as femias adultas crían cada dous anos, aínda que si os cachorros non sobreviven é posible que críen antes. Teñen de un a catro cachorros en cada parto, algunhas veces cinco e ata seis, dos cales poucos chegan a os dous anos de idade. Os cachorros de toda a manada críanse xuntos. As nais permítenlle mamar a outros cachorros da manada aínda que non sexan os dela. O período de xestación é de 105 a 119 días. Empezan a comer carne a os tres meses. Na natureza son adultos dende os tres ou catro anos; en cativerio dende os dous ou tres anos
[editar] Bioloxía
[editar] Dieta e caza
As femias son as que xeralmente realizan a caza, e normalmente fano durante a noite, que é cando se encontran máis activas. A súa dieta consiste principalmente en mamíferos grandes, como ñus, cebras, búfalos, impalas e gacelas. Sen embargo non desprezan unha lebre ou algunhas aves. Nalgúns lugares, os leóns especializáronse en cazar animais grandes, como hipopótamos (Rio Cuando), xirafas, e elefantes xoves (Río de Savuti). Os leóns xoves intentan practicar a caza aproximadamente a os 3 meses, pero non desenrolan plenamente as súas habilidades ata ter uns 2 años. Poden alcanzar velocidades de ata 56 km/h, pero carecen da enerxía para manter esas velocidades por moito tempo, polo que axexan as súas presas moi preto delas, e cando están a unha distancia curta (uns 30 mtrs ou menos) é cando entran en carreira. O león persegue a súa presa e atácalle os cuartos traseiros, tratando de facela caer; tamén acostuma saltar sobre o animal e derribalo, se o consegue, mátao cunha mordida na gorxa, que é perforada polos seus cairos que acostuman ter unhas medidas duns 7.6 cm. Os leóns habitan en lugares abertos, polo que poden ser vistos facilmente polas súas presas, e o traballo en equipo fai que a probabilidade de éxito sexa maior. O traballo en equipo tamén lles permite defender a súa presa doutros grandes depredadores, como as hienas. Os machos xeralmente non participan na caza, a menos que se trate dun animal grande, como un búfalo africano. Unha femia adulta require cerca de 5 quilos de carne o día, mentres que os machos uns 7 quilos.
[editar] Ataques contra o home
Entanto un león famento probablemente irá atacar un humano que estivera próximo, normalmente os leóns prefiren ficar lonxe da presa humana. Algúns casos de leóns famosos, devoradores de homes, inclúen os leóns de Tsavo (inmortalizados no filme A sombra e a escuridade) e os leóns de Mfuwe. En ambos os casos, os cazadores que encararan os leóns escribiran libros detallando a "traxectoria" dos leóns como devoradores de homes. No folclore africano, os leóns devoradores de homes son considerados demos.
Os casos dos devoradores de homes de Mfuwe e Tsavo presentan algunhas semellanzas. Os leóns de ambos os incidentes eran todos maiores que o normal, non tiñan melena e aparentaban sufrir caida de dentes. Algúns especulan que eles podían ser de un tipo de león aínda non clasificado, ou entanto que se encontraban doentes e desa forma non conseguían abater presas.
Ainda forón reportados outros casos de ataques de leóns contra humanos en cativeiro.
[editar] Comportamento social
Os leóns son los únicos félidos que viven en mandas, as cales poden estas compostas dende catro a doce femias adultas, (aínda que se viron manadas compostas por vinte femias), en cada un destes grupos hai de un a sete machos ademais están as crías de ambos sexos e de diferentes idades (nunca máis de 3 anos) e de un a catro machos adultos dominantes. As femias, máis pequenas e áxiles, ocúpanse de cazar e criar os cachorros, mentres que os machos dedícanse principalmente a patrullar e defender os límites do territorio (especialmente de outros machos adultos solitarios), sen embargo, tanto as femias como os machos adultos acostuman defender a súa manada contra intrusos. Os machos novos son expulsados do grupo ou abandónano pola súa propia conta pouco antes de alcanzar a fase adulta (para así evitar a endogamia). Volvéndose nómades por un par de anos, ata desenvolverse o suficiente como para intentar establecer a súa propia manada. En esta etapa é cando se forman as coalicións de machos. Normalmente, os machos dominantes dunha manada non toleran a presenza doutros leóns (machos) nómades, e as femias propias dunha manada non toleran as femias nómades.
Á hora para comer, é moi común que haxa rifas e pelexas; os machos dominantes son os primeiros en comer, seguido polas femias adultas e os mozos, e para o final quedan os cachorros.
Os leóns adoitan estar inactivos a maior parte do día, descansando aproximadamente 20 horas por día. Non todos os adultos viven nestes grupos familiares, moitos machos e femias viven solitarioss
[editar] Distribución xeográfica e poboación
En épocas relativamente recentes o hábitat dos leóns estendíase dende a Península Ibérica ata o oeste da India, e a maior parte de África. Na actualidade o hábitat dos leóns encontrase restrinxido (cada vez máis pola invasión do ser humano) case por completo a África subsahariana,as poboacións máis significativas están en parques nacionais de Tanzania e África do Sur, sendo o bioma preferido destes superpredadores, o das sabanas, así como o do Sáhel e o Velt. A subespecie asiática conten hoxe cerca de 300 leóns que viven nun territorio de 1412 km² na selva de Gir, noroeste da India, no estado de Gujarat,onde parece que a súa poboación mantense estable . O león do Atlas só sobrevive hoxe en día en algúns parques zoolóxicos. Actualmente, estimase que a poboación total do león en África é de entre 16.000 e 30.000 exemplares salvaxes, un número moito máis baixo que o que se estimaba a principios dos anos 90, cando se calculaba que podían existir ata 100.000 leóns.
[editar] Historia
Na antigüidade, o león non era exclusivo de África, pois na Prehistoria tamén habitaron Europa e Siberia, chegando a colonizar o oeste de Norteamérica (dende Alasca ata México) durante a última glaciación. Posiblemente os máis famosos destas subespecies prehistóricas eran o león das cavernas (Panthera leo spelaea) e o león americano (Panthera leo atrox) (que non debe confundirse co puma pois a este tamén se lle coñece como león americano). En Europa, os leonés extinguíronse en tempos históricos. No Cáucaso, a poboación de leóns asiáticos desapareceu no século X. Entre o final do século XIX e principios do século XX, o león extinguiuse no Norte de África e Oriente Medio. Das subespecies africanas de león existentes en tempos históricos, a de Cidade do Cabo desaparecio no ano 1865 e a do Atlas extinguiuse en estado salvaxe no 1922, debido a caza exercida polo ser humano. En tempos da Grecia clásica, tiña poboacións nos Balcáns e no Cáucaso. Ata o medievo os leóns eran bastante frecuentes no Próximo e Medio Oriente, así como no subcontinente indio. Testemuño disto son os abundantes baixorrelevos asirios e persas que mostran como a caza dos leóns era un deporte da realeza. Incluso o emblema actual da India, tomado dos antigos Maurya, posúe tres leóns. Tamén na Biblia faise varias veces mención de leóns que habitaban no Próximo Oriente. Foi exterminado en Palestina en tempos da idade media, e no resto de Asia despois da chegada da arma de fogo aproximadamente no século XVIII. En Irán, o último exemplar foi tiroteado en 1942.
[editar] Taxonomía e evolución
Os expedientes máis antigos do Panthera leo en África datan de 1,5 millóns de anos atrás.
Fai 700.000 anos, o león apareceu en Europa por primeira vez co Panthera leo fossilis, en Isernia, Italia. Deste león, orixinouse o león das cavernas (Panthera leo spelaea), fai aproximadamente 300.000 anos. Posiblemente a finais do plistoceno o león cavernario emigrou a Norteamérica, dando lugar o león americano (Panthera leo atrox).[2]
O león adoitaba ser común na Eurasia setentrional e na América a finais do plistoceno, pero extinguiuse o final da última glaciación, fai aproximadamente 10.000 anos.
[editar] Subespecies
O león presenta innumerables subespecies, algunha delas extintas.
A principal diferencia entre as subespecies do león é a súa localización xeográfica. A evidencia xenética indica que os leóns actuais posiblemente orixináronse dun mesmo antepasado en común fai só 55.000 años. As diferencias entre os leóns africanos son modestas, o que podería suxerir que os leóns da África subsahariana podían ser considerados como unha soa subespecie.
As seguintes son as subespecies máis recoñecidas por algúns científicos.
- Panthera leo atrox - León americano, extinto no Plistocénico, orixinouse hai aproximadamente 35.000 anos, e extinguiuse hai uns 10.000 anos, morou na América do Norte.
- Panthera leo bleyenberghi - León de Katanga. Habita en Angola, Botswana, República Democrática del Congo, Namibia, Zambia e Cimbabue.
- Panthera leo europea - León europeo, non se comprobou a autenticidade desta subespecie (probablemente tratouse en realidade de leóns asiáticos), pero crese que habitou na península dos Balcáns, foi moi cazado por romanos, gregos e macedonios. Encontrase extinto dende hai pouco máis de 2.000 anos.
- Panthera leo fossilis - León primitivo (extinto).
- Panthera leo krugeri - León de Transvaal ou surafricano, habita en cinco países do Sur de África.
- Panthera leo hollisteri León congolés, habita no Congo.
- Panthera leo nubica León nubio, habita no leste africano.
- Panthera leo roosevelti León etíope, habita en Abisinia.
- Panthera leo somaliensis León somaliano, habita en Somalia.
- Panthera leo verneyi León do sudoeste de África, habita no Kalahari.
- Panthera leo leo - León de Berberia ou do Atlas, extinto en estado salvaxe dende 1922. Este león era o terceiro en tamaño, despois do león das cavernas e o americano.
- Panthera leo massaicus - León do Masai, habita no leste do continente africano.
- Panthera leo melanochaitus - León do Cabo, encontrase extinto dende 1865.
- Panthera leo persica - León asiático, antigamente espallados dende Turquía ata aÍndia central, e dende o Cáucaso ata o Iemen, estando hoxe restrinxidos a o Bosque de Gir no noroeste da India, onde quedan non máis de 300 exemplares.
- Panthera leo senegalensis - León do oeste de África, habita dende Senegal ata a República Centroafricana.
- Panthera leo spelaea - León das cavernas, extinto no Plistocénico, morou en Eurasia. Apareceu hai aproximadamente 300.000 anos, e desapareceu despois da última glaciación, fai uns 10.000 anos.
- Panthera leo vereshchagini - León do leste de Siberia.
- Panthera leo youngi - León do Nordeste de China, apareceu hai 350.000 años.
1. O Marozi, un león manchado, crese en ocasións que pode ser unha subespecie distinta do león; pero puido ser un león adulto que conserve o seu patrón de manchas característico das crías. Atópase extinto desde 1931. Outra hipótese menos probable é que sexa un híbrido entre un leopardo e un león, coñecido comunmente como leopon.
[editar] Variacións
A maioría destas variacións danse con animais en cativerio, con todo, en estado salvaxe tamén se deron algunhas destas particularidades
- León branco - Están practicamente extintos en estado salvaxe, son exclusivos da reserva de Timbavati, Sudáfrica. A súa cor tan inusitada é debido a un xene recesivo. Os leóns brancos teñen a desvantaxe de que pola súa cor, son vistos facilmente polas súas presas durante o día o que lles presenta serias dificultades para poder cazar.
- Ligre - É o cruzamento entre un león masculino e unha tigresa. Posúen características físicas e do comportamento de ambos os pais. Con todo, adoitan crecer moito máis que calquera dos dous pais. Os ligres machos son estériles, pero os ligres femininos xeralmente son fértiles.
- Tigrón - O tigrón é menos coñecido, e é o resultado do cruzamento entre un tigre macho e unha leoa. Os tigróns adoitan ser relativamente pequenos, pois os machos pesan ao redor de 150 kg, aproximadamente un 20% máis pequenos que un león masculino de tamaño medio. Ao igual os ligres, os tigróns teñen características físicas e do comportamento de ambas as especies, ademais, os machos son estériles.
[editar] León na cultura popular
[editar] Simboloxía na arte románico
Suponse ao león como depositario sagrado do coñecemento e outras veces como gran inimigo ao que hai que esmagar, por iso a súa representación no arte románico ten case sempre unha dobre lectura.
O león representa a Cristo; unhas veces perdoa e outras esmaga.
No Camiño de Santiago, polo tramo de Castela e León, é habitual ver nos capiteis a presenza case constante do simbolismo do león, que representa sobre todo ao Sol. O león é como o Sol, que destrúe coa súa gran potencia; pero o ser humano que sexa capaz de vencerlle apoderarase desa potencia. A simboloxía do león que está atacando a un ser humano, conta como lle pon en contacto coas entrañas para que así poida coñecer a súa sabedoría e os segredos máis profundos.
[editar] Notas
- ↑ Nowak, Ronald M., Walker's Mammals of the World., Baltimore: Johns Hopkins University Press.. ISBN 0-8018-5789-9..
- ↑ Turner, Allen (1997), Columbia University Press The big cats and their fossil relatives : an illustrated guide to their evolution and natural history. ISBN 0-231-10229-1.
[editar] Ligazóns externas