Facultade de Veterinaria de Lugo
Coordenadas: 42°59′40″N 7°32′49″O / 42.994571191932, -7.5468330839906
Facultade de Veterinaria de Lugo | |
---|---|
[[Ficheiro:|200px]] | |
Universidade: | Universidade de Santiago de Compostela |
Localización: | Lugo |
Campus: | |
Enderezo: | |
Ano de fundación: | |
Decano: | |
Docentes: | |
Estudantes: | |
Teléfono: | |
Correo electrónico: | |
Páxina web: | Web oficial |
A Facultade de Veterinaria, é un centro pertencente a Universidade de Santiago de Compostela sito no Campus Universitario de Lugo, no que actualmente se imparte tanto a diplomatura coma o grao de Veterinaria, así como diferentes masters.
Historia[editar | editar a fonte]
Este centro estableceuse na USC pola Lei de Presupostos de 1881 e creada en 1882. Nun principio tiña como nome Escola Especial de Veterinaria e as súas instalacións tíñaas no antigo Seminario de San Clemente, onde se mantivo durante 33 anos, ata 1915. EN 1913 trasladouse a unhas instalacións rematadas pouco tempo antes, onde na actualidade se atopa o Parlamento Galego, onde permaneceu ata a súa desaparición en 1924, debido á falta de alumnos e ás accións das denominadas Juntas de Reforma que propuxeron diversos proxectos acerca das ensinanzas veterinarias en todo o Estado, un dos cales era a redución do número de Escolas. Este campo de estudo fundamental para o agro galego quedaría deserto durante 59 anos.
En 1973 creouse o actual centro, continuador da vella Escola Especial de Veterinaria pero cun espírito e compromiso totalmente diferentes. Nun principio tiña unha gran dependencia da Universidade de León, onde o alumnado tiña que completar os estudos de primeiro ciclo realizados en Lugo, pero a facultade creceu rapidamente chegando a ser un dos principais centros de estudos veterinarios do Estado, e con recoñecemento europeo.