Castro de Rei
| Castro de Rei | |
|---|---|
| Vista xeral da croa do Castro de Viladonga. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | castrexo |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Lugo |
| Comarca | Comarca da Terra Chá |
| Poboación | 5685 hab. (2009) |
| Área | 177,0 km² |
| Densidade | 32,12 hab./km² |
| Entidades de poboación | 25 parroquias |
| Capital do concello | Castro de Rei |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Francisco Balado Teijeiro (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 8 PSdeG-PSOE: 4 Outros: |
| Eleccións municipais en Castro de Rei | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 98,78% |
| Páxina web oficial | |
| http://www.castroderei.com | |
Castro de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2009 tiña 5.685 habitantes (5.785 no 2006, 5.779 no 2005, 5.856 no 2004, 5.902 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «castrexo».
| Evolución da poboación de Castro de Rei (desde 1900 ata 2012) | |||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 |
| 7.211 | 7.123 | 7.513 | 6.290 | 5.856 | {{{6}}} | {{{7}}} | {{{8}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||||
Índice |
Xeografía [editar]
Castro de Rei está situado na comarca da Terra Chá. A organización funcional do territorio obedece a unha estrutura monocéntrica, con tres focos comarcais: Vilalba, Guitiriz e Castro de Rei. Este factor condiciona a maior parte dos seus trazos socioeconómicos.
A súa altitude media sitúase entre os 400 e os 500 metros, aínda que na zona oriental o relevo volvese máis accidentado debido á súa proximidade ás serras do leste, con elevacións coma os Montes dos Millares (con 620 metros) e Pedras Albas (con 619 metros). Os montes da zona son Os Arroxos (493 m), O Condado (457 m), Aguceira (449 m), Abroiti (478 m) e Pedras Albas (616 m).
Regan as súas terras o Miño e varios dos seus afluentes. O Miño atravesa o concello e ata el derivan o resto dos colectores secundarios como son o Azúmara, o Lea e o Anllo.
Demografía [editar]
Dende o punto de vista demográfico, toda a comarca sufriu as consecuencias da emigración e do envellecemento demográfico, que tamén deixaron pegadas imborrables nas parroquias montañosas. Non obstante, Castro de Rei non experimentou as oscilacións doutros municipios lucenses no que se refire ás súas flutuacións demográficas. Ao longo de todo o século mantivo a súa poboación en torno aos seis ou sete millares, co cal a súa perda de poboación non foi tan alarmante como ocorreu nos municipios da montaña lucense.
Climatoloxía [editar]
Castro de Rei presenta un clima temperado, con abundantes precipitacións nos meses do inverno. Dende o punto de vista paisaxístico, se algo caracteriza a toda a comarca son as súas planicies e os seus extensos humedais, morada de aves acuáticas e de grandes comunidades de anfibios. Asociada a estes humedais aparece unha paisaxe en mosaico, de gran riqueza ecolóxica, con amplitude de cores e variedade de hábitats: pradeiras, cultivos, bosques, uceiras e xunqueiras.
Patrimonio histórico e artístico [editar]
Na parroquia de Ansemar hai megálitos e unha posible villa de época romana coñecida como Vila de Arcas.
Na parroquia da Azúmara está o Castro da Azúmara.
Na parroquia de Castro de Rei están o castro de Castro de Rei, no lugar que hoxe ocupa a a capital do concello, e máis o castelo de Castro de Rei, se ben do antigo castelo só se conserva a torre da homenaxe, obra da segunda metade do século XIV.
Na parroquia de Duancos hai conxuntos de túmulos megalíticos.
Na parroquia de Duarría está o castro de Duarría.
Na parroquia de Loentia hai conxuntos de túmulos megalíticos e o castro de Loentia.
Na parroquia de Ribeiras de Lea hai varios megálitos.
Na parroquia de Santa Locaia hai unha necrópole megalítica e o castro da Escrita de Santa Locaia.
Na parroquia de Viladonga están o Castrelo de Viladonga e mais o castro de Viladonga, exemplo de castro de ocupación tardía, e que conta cun Museo monográfico no que se expoñen pezas da cultura castrexa atopadas no sitio arqueolóxico.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Castro de Rei.
Lugares de Castro de Rei [editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castro de Rei vexa: Lugares de Castro de Rei.
Parroquias [editar]
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
Véxase tamén [editar]
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |