Ábsida
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ábsidas románicas, da Igrexa de Santa María de Cambre
A ábsida é a parte rectangular, semicircular ou poligonal detrás do altar e que sobresae da fachada exterior dunha igrexa. Orixinalmente era un nicho no que se colocaba a estatua dunha deidade nos templos romanos. Os templos paleocristiáns construíronse baseados nas basílicas romanas, e a ábsida integrouse o presbiterio e o altar. Na Idade Media xeralizouse o emprego da ábsida, converténdose nun dos elementos máis característicos da arquitectura románica, bizantina e gótica.
As ábsidas pequenas nas que remata unha nave lateral denomínanse absidiolas.
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de ábsidas románicas de Galicia
|
Mosteiro de San Xoán de Caaveiro, A Capela |
Igrexa de San Xulián do Camiño, Palas de Rei |
Igrexa de San Martiño de Cameixa, Boborás |
Igrexa de San Pedro de Dozón, Dozón |