As Nogais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°48′33″N 07°06′33″W / 42.80917°N 7.10917°W / 42.80917; -7.10917


As Nogais
Escudo de As Nogais
Casa do concello das Nogais.jpg
Casa do Concello
Situación
Situacion As Nogais.PNG
Xentilicio[1] nogaleño
Xeografía
Provincia Provincia de Lugo
Comarca Ancares
Poboación 1.381 hab. (2009)
Área 110,3 km²
Densidade 12,77 hab./km²
Entidades de poboación 9 parroquias
Capital do concello
Política (2011)
Alcalde Jesús Núñez Díaz (PPdeG)
Concelleiros BNG: 0
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 4
Outros:
Eleccións municipais nas Nogais
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 99,14 %
Sitio web oficial
http://www.concelloasnogais.es]

As Nogais é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2009 tiña 1.381 habitantes (1.441 no 2006, 1.477 no 2005, 1.501 no 2004, 1.520 no 2003).

Índice

[editar] Xeografía

O concello esténdese pola vertente meridional da serra dos Ancares e o val que forma o curso alto do río Navia. Limita ao noroeste con Becerreá, ao noreste con Cervantes, ao sur con Pedrafita do Cebreiro e ao oeste con Triacastela. É un territorio extenso (112,4 km²), cunha densidade de poboación moi reducida, inferior aos 15 hab./km². Atravésao a N-VI e a A-6 (km 444).

Autovía A-6 ao seu paso por Noceda.

As alturas máximas atópanse na serra dos Ancares, en serras pequenas como Travesa, Pintinidoira e Chan de Pereira (entre os 1.000 e os 2.000 m) e nas estribacións das Serras do Piornal e Rañadoiro, para o sur e o suroeste, que superan os 1.300, chegando aos 1.387 m. no Pico do Corvo. O fondo do val do Navia transcorre entre os 500 e os 800 m.

O Navia, que nace en Pedrafita do Cebreiro, atravesa As Nogais de surleste a noroeste e recolle a auga de, entre outros, o río de Valdeparada e o regato de Boullón.

Os invernos son fríos e os veráns frescos, cunha temperatura media anual é de 9 °C e unha oscilación térmica de 13 °C.

[editar] Historia

Houbo asentamentos castrexos como os do castro de Vilabol, Vilaesteva e Quintá. Sitúase aquí, posibelmente, a mansión romana de Ponte Naviae, da calzada de Braga a Astorga. No camiño real que levaba a Castela, a parte máis dura da subida a Pedrafita comezaba aquí. Esta entrada a Galiza era defendida pola torre de Doncos e os castelos de Doiras e Valcarce. No século XIV, Doncos era propiedade do adiantado maior de Galicia, García Rodríguez de Valcarce; no XV pertenceu ao conde de Ayala e a condesa de Monterrei, pero en 1603, cando era propiedade de Fernando de Toledo, figura xa como torre abandonada.

O beneficio eclesiástico correspondía á casa e señorío de Torés, tenencia do marquesado de Camarasa. Parece que no lugar de Santo André houbo un eremitorio, convertido en mosteiro e pronto desaparecido.

Durante a Guerra da Independencia Española, as tropas francesas incendiaron Doncos e outros lugares. En 1835, a veciñanza formou unha partida de voluntarios para perseguir aos carlistas.

[editar] Economía

A poboación decae rapidamente. O hábitat é concentrado, arredor dos cursos de auga e da estrada e con algúns núcleos dispersos. Máis da metade dedícase ao sector primario en explotacións familiares reducidas. Destaca a gandaría (vacas). Os cultivos máis importantes son os cereais (centeo, trigo e millo), patacas e hortalizas. Nos últimos anos tamén se repoboou moito o monte.

Non hai industria e o sector terciario dedícase á atención dos viaxeiros.

[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes das Nogais.

[editar] Lugares das Nogais

Para unha lista completa de todos os lugares do concello das Nogais vexa: Lugares das Nogais.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias das Nogais

A Alence (Santa Lucía) | Doncos (Santiago) | Noceda (San Xoán) | As Nogais (Santa María Madanela) | Nullán (San Cosmede) | Quintá (San Pedro) | Santo André (Santo André) | Torés (San Xoán) | Vilaicente (San Xoán)


[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

[editar] Outros artigos


Concellos da Comarca dos Ancares Comarca dos Ancares
Becerreá
Becerreá
As Nogais
As Nogais
Baralla
Baralla
Cervantes
Cervantes
Navia de Suarna
Navia de Suarna
Pedrafita do Cebreiro
Pedrafita do Cebreiro
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas