Cruz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cruz grega, con tódolos brazos do mesmo tamaño
Cruz latina, co pé maior có resto dos brazos
Cruz de Lorena, con duplo travesaño máis curto sobre o maior
Sauvástica, cruz gamada cos brazos no sentido contrario ó das agullas do reloxo
Cruz visigótica de San Millán

Unha cruz (do latín crux) é unha figura xeométrica consistente en dúas liñas ou barras que se cruzan nun ángulo recto, de tal forma que unha delas (ou as dúas) queda dividida pola metade. É un dos símbolos humanos máis antigos, e é un símbolo de moitas relixións.

Marcas e caracteres en forma de cruz[editar | editar a fonte]

Tipoloxías[editar | editar a fonte]

  • A cruz gammada ten os brazos torcidos. É un símbolo moi antigo, de representación esquemática do sol. Se os brazos xiran á esquerda trátase dunha esvástica, e se o fan cara á dereita (como as agullas do reloxo) trátase dunha esvástica, símbolo adoptado polo Partido Nazi.
  • O ankh exipcio.
  • A cruz visigótica, de brazos abertos, como a Cruz de San Millán.
  • A cruz grega, con catro brazos da mesma lonxitude. Unha variante é a cruz de Malta, con catro brazos con forma de frecha unidos polas puntas. Outra variante é a cruz de San Xurxo.
  • A cruz de Santo André, como a grega pero rotada 45º.
  • A cruz latina, co pé máis longo cós brazos. Unha variante é a cruz patriarcal, cruz da Lorena, ou Vera Crucis, con dous traveseiros horizontais, sendo o superior un pouco máis curto có inferior.
  • A cruz de Caravaca é unha variante da anterior. Estritamente é un relicario do Lignum Crucis en forma de cruz de dupla traversa, na súa orixe de inspiración bizantina. Reprodúcese frecuentemente acompañada de dous anxos ós lados da cruz, e nos modelos máis populares incorpora unha variada iconografía na que se inclúen unha imaxe da Inmaculada Concepción, un Crucificado, etc.
  • A cruz da orde de Calatrava e da orde de Alcántara son vermellas, cos catro brazos iguais terminados en puntas de lis.
  • A cruz de Santiago é vermella, e recorda vagamente a forma dunha espada.
  • A cruz cristiá converteuse nun símbolo do cristianismo moderno, especialmente da rama católica.
  • A Cruz Vermella é mundialmente coñecida.

A cruz nas bandeiras[editar | editar a fonte]

Moitas bandeiras e escudos teñen cruces, como as dos países escandinavos (Dinamarca, Islandia, Finlandia, Noruega e Suecia), o Reino Unido e os estados, provincias, dependencias e territorios da Union Jack, e estados como Burundi, Dominica, Eslovaquia, Xeorxia, Grecia, Xamaica, Malta, República Dominicana, Suíza ou Tonga.

Tamén aparece nas bandeiras de Alabama, Florida, Ulster, Inglaterra, Escocia, Madeira, Illas Feroe, Illas Åland, Martinica, Sardeña, Aragón, País Vasco, Asturias, Occitania, Savoia, Quebec, Amsterdam, Barcelona, Londres, Montreal, Saint-Malo ou Vitoria.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outrso artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cruz