Escudo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Escudo (homónimos).
Escudo do concello de Santiago de Compostela
Un escudo de armas é a representación simbólica dunha persoa, familia, territorio ou, en xeral, agrupación humana. Realizada a través dunha serie de motivos, figuras ou símbolos.
Os compoñentes de calquera escudo de armas: figuras, cores, asignación de espazos, símbolos están regulados por unha serie de normas que son froito da convención social e da evolución histórica e que son comunmente aceptadas.