Guitiriz
| Guitiriz | |
|---|---|
| Balneario de Guitiriz. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | guitiricense |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Lugo |
| Comarca: | Terra Chá |
| Poboación: | 5.896 hab. (2009) |
| Área: | 293,7 km² |
| Densidade: | 20,11 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 18 parroquias |
| Capital do concello: | |
| Política (2011) | |
| Alcalde: | Xosé María Teixido Núñez (PPdeG) |
| Concelleiros: | BNG: 1 PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 5 Outros: CG - 1 |
| Eleccións municipais en Guitiriz | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 98,45 % |
| Sitio web oficial | |
| http://www.concellodeguitiriz.com | |
Guitiriz é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE a súa poboación no 2009 era de 5.896 habitantes (5.972 no 2006, 6.041 no 2005, 6.086 no 2004, 6.131 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é guitiricense.
| Evolución da poboación de Guitiriz - desde 1900 ata 2009 - | |||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 |
| 10.028 | 10.275 | 11.476 | 7.633 | 6.086 | {{{6}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||
Índice |
[editar] Xeografía
[editar] Historia
O resto de poboamentos humanos máis antigos é o xacemento de Pena Xiboi, (8000-5000 a. C.), situado na aldea de Tolda, na parroquia de Parga, preto do muíño da Ruxida. Foi declarado Ben de Interese Cultural, e a carón do xacemento hai un cruceiro colocado polos veciños xunto cunha placa conmemorativa en memoria dos seus antepasados.
Da cultura megalítica abundan monumentos fúnebres, como as mámoas, medorras ou modias, destacando as modias do Castro no Buriz, a modorra da Agra Branca en Santa Locaia de Parga, e a medorra do Cotarro nas As Negradas.
Da cultura castrexa destacan dous poboados. O castro de Belote, en Lagostelle, ten planta circular, e é dos castros de Guitiriz que conserva maior número de murallas. Ten un foxo duns 5 metros de ancho. O castro das Quenllas do Forno, situado no lugar do Forno, no Buriz, ten planta completamente circular. Presenta grandes e profundos foxos e consérvanse tres murallas que bordean o castro, agás polo norte.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Guitiriz.
-
Igrexa parroquial de San Mamede de Pedrafita.
-
Fonte de Portaribeira en San Mamede de Pedrafita.
-
Campanario da igrexa parroquial de San Mamede de Pedrafita.
[editar] Lugares de Guitiriz
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Guitiriz vexa: Lugares de Guitiriz.
[editar] Parroquias
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
Outros artigos
|
|||||
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |